💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2024-06-25-ffmpeg-service-menu.gmi captured on 2024-08-31 at 11:55:33. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2024-07-08)

-=-=-=-=-=-=-

Inicio

Blog

Menú de Servizo con ffmpeg para Dolphin

Referencia

Creating Dolphin service menus (kde.org)

Crear un acceso a través do botón secundario do rato para facer operacións frecuentes e prestablecidas para ffmpeg

Configuración

Crear ficheiro

~/.local/share/kio/servicemenus/ffmpegsm.desktop

facelo executable

chmod +x ~/.local/share/kio/servicemenus/ffmpegsm.desktop

Copiar este código no ficheiro

[Desktop Entry]
Type=Service
MimeType=audio/*;
Actions=audioTo128kOpus;audioTo96kOpus;audioTo192kMP3;
X-KDE-Submenu=Recodifica Audio

[Desktop Action audioTo128kOpus]
Name=ffmpeg opus as 128k
Name[gl]=ffmpeg 128k opus
Icon=audio-x-generic
Exec=ffmpeg -i %u -c:a libopus -b:a 128k %u_opus128.opus

[Desktop Action audioTo96kOpus]
Name=ffmpeg opus as 96k
Name[gl]=ffmpeg 96k opus
Icon=audio-x-generic
Exec=ffmpeg -i %u -c:a libopus -b:a 96k %u_opus96.opus


[Desktop Action audioTo192kMP3]
Name=ffmpeg mp3 192k
Name[gl]=ffmpeg 192k mp3
Icon=audio-x-generic
Exec=ffmpeg -i %u -b:a 192k %u_mp3.mp3

Abrir Dolphin, seleccionar un ficheiro de audio e premer o botón secundario do rato. Aparecerá un submenú con nome «Recodifica Audio» coas tres opcións establecidas. Creará un novo ficheiro no mesmo cartafol e co mesmo nome engadíndolle o sufixo indicado e coa nova extensión de ficheiro.

Descrición

MimeType=audio/*;

probablemente sexa demasiado xenérico, e probablemente sexa máis axeitado establecer «audio/ogg;audio/mpeg;»

X-KDE-Submenu=Recodifica Audio

Nivel superior do menú, de onde saen as tres opcións descritas. Aparecen no menú por orde alfabética ascendente do valor «Name».

O nome das opcións teñen que ser os que están escritos en «Actions», coidado coas maiúsculas.

O valor «Name» é traducible, tal como se ve no exemplo.

Calidade

establecer .opus como 128k soe ser suficiente, con 96k a redución é moi grande aínda sendo máis que suficiente para a maioría dos casos.

establecer .mp3 como 192k é unha opción creada porque nalgúns dispositivos antigos (que eu vise) teñen problemas para recoñecer os formatos libres opus/ogg

Exemplo

4'18" .ogg 320 kb/s = 9,7 MB

pasado a opus 128k son 3,7 MB

Problemas

Ningún. O único é escribir correctamente (a sintaxe) do valor de «Exec».

Inicio

Blog