💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2023-05-21-passandroid-bonos-comercio.gmi captured on 2024-08-31 at 11:54:19. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-09-28)

-=-=-=-=-=-=-

Inicio

Blog

Bonos Activa Comercio en PassAndroid

usar PassAndroid para Bono Activa Comercio

A *Xunta de Galicia* volveu a activar a campaña de apoio ao consumo en **Comecio Local** a través dos Bonos Activa Comercio. Ao realizar unha compra nos comercios que se uniron á campaña (ver lista na web) tes un desconto no prezo de venda.

"Bonos Activa Comercio"

O sistema funciona a través dunha web onde á persoa usuaria se lle asigna un **código QR** que o comercio lerá coa súa app no momento do pago. A app do comercio contacta co servidor, valida o código, comproba o saldo do que dispón o cliente e indicalle ao comercio o **desconto a realizar** no prezo.

O cliente, ao darse de alta no sistema, convídao a instalar unha aplicación (**Pass 2U**) se é usuario dun trebello _Android_. Nun segundo paso, debe **descargar o bono**, que non é outra cousa que un ficheiro .pkpass

, un tipo de _arquivo_ que pode incluír a información da entrada a un evento (concertos, teatro, cine...), acceso a sistemas de transporte (avións,_RENFE_, autocares,...). Neste caso usan o mesmo sistema para que o cliente mostre o seu _bono_ no comercio.

"páxina da wikipedia en inglés sobre o tipo de ficheiro pkpass"

"imaxe da web convidándonos a instalar unha app e descargar o bono"

Como utilizo PassAndroid para o transporte (ferrocarril) e vin que o que descargaba era un ficheiro _.pkpass_ o que fixen foi engadir este ficheiro á mesma aplicación. Recoñeceuno correctamente.

"descarga passandroid desde f-droid"

"imaxe do bono engadido a passandroid"

deste xeito podes:

Sobre PassAndroid

traducido da información mostrada no repositorio de f-droid

Mostra ficheiros PassBook (*.pkpass) e o código de barras dos formatos (QR, PDF417 e AZTEC). Pode utilizarse sen precisar conexión a internet.
Esta app é un visor de _passes_, un _pass_ pode ser por exemplo unha tarxeta de embarque para o avión, un cupón de desconto na cantina do bar ao chegar, a entrada para o cine, tarxetas de membresía dun clube - existen múltiples aplicacións. Básicamente trátase dun sistema para substituír un anaco de papel ou plástico que normalmente deberías levar contigo - así reducimos a produción de lixo e salvámos algunhas árbores.

CC BY-SA

Inicio

Blog