💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-11-01-43-cp-pedestre.gmi captured on 2024-08-31 at 11:52:52. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2023-03-20)
-=-=-=-=-=-=-
30 de outubro 2022, corrín descalzo 👣 por seguir a tradición.
copio e pego do diario
Outro ano máis corrín descalzo. O chan estaba mollado pero boa temperatura. Corrín intentando repartir o esforzo con cabeza pero dándo todo. Fixen un tempo bastante acorde ao momento de forma (ben!) pero tamén fixen un par de bochas feas pola mala técnica. Correndo notaba algo de molestia pero non me afectou. Pero xa pola tarde vin unha bocha fea sobre todo no atepé esquerdo, e no dereito no canto externo. Blisters, que dirían na Formula1. Nas últimas semanas correra moi pouco descalzo, e moito menos a esa velocidade durante tanto tempo.
Bah! non me arrepinto. Foi ben.
tres días antes puxéranme a cuarta dose da vacina do covid e estiven un día algo jodido, pero sinceramente o día da carreira non me notei disminuído por isto.
~~~
CC BY-SA
creado con gemgen a partir de markdown