💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2021-12-28-cambio-isp.gmi captured on 2024-08-31 at 11:51:06. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-01-29)

-=-=-=-=-=-=-

🚀/home

gemlog

Cambio de provedor de internet

Creo que superei a crise causada polo cambio de provedor de servizos de internet sen maiores atrancos.

Uso unha rasPi 4B como hardware para unha instalación YunoHost (Debian Stable).

O cambio de ISP foi para mellor, porque a velocidade de baixada de datos mellorou, pero a de subida (os datos "que envía") é aproximadamente 200 veces superior. Literalmente.

O outro cambio significativo é que o modem/router xestiona moito mellor as peticións que lle chegan desde dentro da rede local (hairpining?). Así, non teño que modificar o /etc/host nos PCs e SOBRE TODO non teño que activar a rede VPN no móbil para que o tráfico "veña do exterior" cando estou conectado á rede WiFi.

Todo o proceso foi menos doloroso do que agardaba, xa que os servizos fundamentais (nextcloud e xmpp) funcionaban xa o mesmo día do cambio.

FOTO DO PORTAL DE ACCESO AOS SERVIZOS

Foi coincidencia que fun quen de arranxar case ao mesmo tempo o problema con "xmpp-upload", o servizo de subida/compartición de ficheiros no servidor jabber, e agora son feliz XD

Aproveitei para engadir tamén "Jellyfin", un servidor multimedia. Non vai moi fino na TV, pero tampouco me preocupa moito porque desde hai algo máis dun ano case nin vexo a televisión. Só ciclismo en Formula1.

Intentarei estar sen chafullar unha tempada, sen engadir novos servizos. Vai ser difícil.

Conste que escribo e publico isto para probar o fluxo de publicación na cápsula gemini.

ficheiro .gmi nun cartafol nextcloud (para poder editar en varios equipos) que subo ao servidor usando "rclone", que xestiona unha conexión "sftp". Creei un alias no ordenador que fai o proceso de publicación.

Curiosamente, ao funcionar o hairpining agora teño que revisar tódolos alias e scripts que crear para solucionar os problemas e que agora deixaron de funcionar, teño que cambiar IP por nome de dominio en varios deles.

Un problema pequeno que tiven foi coa cadea de certificación Letsencrypt para un dos dominios, que non lembraba ter borrado nun cartafol (intentando arranxar o de xmpp-upload) e non funcionaba o programa que actualiza o certificado

Ligazón (http) ao fío do foro.yunohost.org onde falo do tema

Afortunadamente fun que de ir a un dos ficheiros de copia de apoio que crea "borg" e extraer de alí directamente o cartafol que borrara. Esto tamén me fixo feliz XD

TODO ISTO PARA QUE?

Nin puta idea.

Certo que non dependo de Google et al. para nada, pero canto relevante é isto que a ninguén lle importa un carallo? Só unha persoa mostra respeto e interese. Non lerás isto, pero grazas.

Para o resto do mundo son un paranoico ou algo así. Directamente non saben como funciona internet, e polo tanto non precian o esforzo que supón APRENDER a facer todo isto (non estou cualificado profesionalmente) e moito menos, ou tampouco, aprecian o que supón este tipo de independencia. Estou arranxando un problema que non existe (para eles).

É frustrante explicalo, porque non teño o don da elocuencia nin a paciencia necesaria con quen che pregunta pero non sinte nin a máis mínima curiosidade.

Se mostran indeferencia... por que lle conto nada? PORQUE SON JILIPOLLAS E PROBABLEMENTE PRETENDO, de xeito subconsciente, ALGÚN TIPO DE RECOÑECEMENTO OU VALIDACIÓN. Supoño.

ToDo

Máis nada.

🚀/home

gemlog