💾 Archived View for eixos.xyz › 27mhz.gmi captured on 2024-08-31 at 11:17:11. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2021-11-30)
-=-=-=-=-=-=-
Un sistema de comunicación libre, aberto e autónomo.
. . . .'. \ / \ / .'. .' '.' ' -= o =- -= o =- .' ' / | \ / | \ | | | CB 27Mhz | | |
Os anos 80 e 90 do século pasado foron os tempos dourados da radio CB na frecuencia de 27 Mhz.
Os seus 40 canais estaban cheos de xente e non era doado atopar sitio para falar.
Mais internet e as redes sociais do Big-Data fixeron que a comunicación por radio fose morrendo.
Pero non de todo.
Na actualidade, o mundo da radioafición está moi mermado. Quedan algúns nostálxicos dos vellos tempos e un poucos curiosos que se achegaron nestes tempos pandémicos.
Foi tan pouca a xente que permaneceu empregando a CB que mesmo a administración eliminou a licenza para operar. É LIBRE.
Coa chegada do confinamento, algunha xente empezou a sacar do faiado os seus vellos aparatos de CB.
Nese momento de crise, a radio, agora liberada, rexurde como unha alternativa de comunicación ás formas imperantes.
E tamén algúns curiosos viñemos a asomar o fuciño...
As características máis interesantes da CB son:
Nos incertos tempos que corren co prezo da luz e os mares subindo, con fenómenos meteorolóxicos adversos, materias primas escasas e o que parece que nos espera, a CB pode ser unha alternativa de comunicación comunitaria que sempre tivo vocación de axuda. O canle 9 está reservada para axuda e situacións de emerxencia.
Existen diversas formas de tecer redes descentralizadas de radio e ampliar o alcance en caso necesario.
O máis importante dunha instalación de radio é a antena. Hai moitos modelos sinxelos que podes facer por moi pouco e que dan bos resultados.
Un dos máis coñecidos é o da antena T2LT. Faise con 10 ou 15 metros de cable coaxial e uns conectores de antena. Pode montarse nunha caña de pescar telescópica ou colgarse nalgún sitio do que dispoñamos. Árbore, balcón, terraza..
Ideas peregrinas ;)