💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2024-01-07-actividades-23.gmi captured on 2024-08-25 at 00:21:10. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2024-02-05)

-=-=-=-=-=-=-

Incio

Blog

Resumo de 2023. Actividades.

este artigo está copiado do blog na web, as ligazóns están abaixo de todo e as imaxes a ver se as subo aquí tamén se non se queres vas alí e velas, pero total, só é para facer bonito e que non se lle atrangate a ninguén tanta letra e leve un disgusto.

Datos

desde garmin, para comparar con [anos anteriores][4]

![imaxe da táboa de datos agregados en 2023]({static}/assets/imaxes/2023-garmin-actividade.png "táboa con datos de actividades en 2023 desde garmin")

total de distancia e tempo acumulado durante o ano

por meses, desde o meu FitTrackee

![actividades agrupadas por mes e horas]({static}/assets/imaxes/2023-fittrackee.png "tempo acumulado por mes e tipo de actividade, desde a miña instancia fittrackee")

tempo acumulado, por mes e tipo de actividade

totalizados

Aquí non se ve a táboa co formato correcto, pero seguindo o formato establecido e facer comparación directa

ano | tempo | distancia | núm. actividades(*)

:--- | :---: | ---: | :---:

2023 | 406 h. | 3902 km. | 417

2022 | 459 h. | 4885 km. | 421

2021 | **580h.** | 6449,42km | 548

2020 | 393h. | 6623km. | 403

2019 | 316h. | 5007km. | 284

\* * *

caio en picado XD

era visto, pero creo teño que dicir que me parece sustentable. Quixera ter corrido mais, iso si.

Carreiras

só [sete][5], contando a _Andaina_ de Brión, e realmente non boto en falta ir ás carreiras.

Saúde

Non teño queixa. Só un par de catarros moi lixeiros a final de ano, pero a _medicación_ de problemas _agudos_ por correr é moi ocasional. Non fixen a conta, pero vendo o diario paréceme menos que outros anos (que xa era pouco).

Non me lesionei nin levei golpes nin tiven que parar de facer actividades por estar cansado ou esgotado.

Valoración

O primeiro é falar dos quilómetros e das horas _invertidos_ en facer algún tipo de actividade.

Tiven saúde física, por esta parte non me podo xustificar. E aínda menos queixarme. Sen lesións, nin tan siquera dor recurrente (mais alá dalgún problema agudo, puntual). E iso que os dous ou tres primeiros meses do ano andiven cunha molestia rara e descoñecida en min, nos nocellos, nos dous! debaixo da "bola". Molestábame máis andando que correndo. Foi remitindo soa, pero chegou a preocuparme (o calzado? mala técnica?).

Do que si teño que dicir é o **número tan baixo de carreiras nas que participei**. Só 7 .

e por que?

Porque non tiña **motivación ningunha** para ir. Das que participei a varias fun só por _costume_, pola tradición de ir, como quen vai ao _Corpiño_. Só participei con _ilusión_ na [Andaina de Brión][1], por ser 50 km, que non facía desde había moitos anos (en **Padrón**).

Falei de todas as carreiras [aquí no blog][2], e a maioría foron _actos de fe_, no sentido de que sei que **unha vez alí** vouno pasar ben (libre dun golpe). Mais a ilusión por participar, por competir, ir ver sitios novos... **non estaba**.

Enténdeme: non fun obrigado, fun porque sei que me presta ir.

Corrín en sitios bonitos, por corredoiras nos bosques, pasei xunto a fermosas fervenzas, por altos con vistas infinitas sobre Galicia e incluso corrín polas rúas medievais de Compostela. Pasei algo de calor e un pouco de frío. Rematei enchoupado e esgotado. Sen forzas para continuar correndo e outras veces con avaricia de aire e sen alento. **Sempre ben**, sen caídas importantes, sen ir máis alá do límite que eu sinto seguro.

Non teño ilusión por ir ás carreiras porque xa fun a moitas durante máis de vinte anos. Pode que xa fose a todas as que tiña que ir. Non é culpa das carreiras, que son as de sempre, aínda que diferentes, porque o caracter das mesmas cambiou igual que cambiei eu. Non é prezo, o que custa participar, aínda que [podería dicir algo ao respecto][3]. A razón son eu.

e as persoas?

Non vía en _todas as carreiras sempre as mesmas persoas_. É dicir, pasaban meses cando coincidía con alguén, igual que agora, así que ninguén me botará en falta (que tampouco é que fose eu o señor ese que se pon díante facendo fotos). Con aparecer por alí de cando en vez xa abonda (neste sentido).

Non teño a **Correr en Galicia** e creo que iso si inflúe na falta de motivación para ir ás carreiras. Duns anos para aquí o foro prácticamente esmoreceu, e sempre era agradable compartir despois coa xente coa que falabas en persoa nas carreiras.

Agora as organizacións están volcadas principalmente en Facebook. Antes de estar eu en _FB_ (ou outras) deixo completamente de ir ás carreiras. Non me costaría nada, xa estou afeito a non ter **comunidade** e estar só.

e no 2024?

Firmo onde sexa repetir o 2023.

Saúde, ánimo para manterme activo, para intentar alimentarme ben e poder seguir xogando cos nenos (cada vez máis difícil).

O máis probable é que **siga indo ao Corpiño** e se a saúde e a motivación están aí entón faga algunha carreira _longa_ no verán.

Participar en carreiras de un par de horas non supón ningún tipo de preparación ou adestramento. Participar en maratóns (por estrada ou montaña) xa require **planificación**.

Se a motivación polas carreiras a dou por perdida, **prego por non perdela para ser unha persoa activa**. Só pido isto.

Grazas por ler isto.

Estou en [ghose][6], por se queres dicirme algo ou mira na sección [Contacto][7]

[1]: https://xmgz.eu/2023/andaina-50k-brion.html "ligazón á reseña da andaina de brión"

[2]: https://xmgz.eu/blog "índice de artigos no blog"

[3]: https://xmgz.eu/2023/correr-e-barato.html "entrada no blo reflexionando sobre as carreiras"

[4]: https://xmgz.eu/tag/yearinsport.html "o resumo de outros anos"

[5]: https://xmgz.eu/tag/carreiras-populares.html "etiqueta carreiraspopulares"

[6]: https://gts.xmgz.eu/@ghose "no fediverso"

[7]: https://xmgz.eu/about/ "outros xeitos de contactar comigo"

Inicio

Blog