💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-02-24-alixeirando-mastodon.gmi captured on 2024-08-25 at 00:18:35. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2023-01-29)
-=-=-=-=-=-=-
Resulta inevitable según pasan os meses que a cronoloxía dunha "rede social" acade un tamaño e densidade que supera a miña escala. Non me da a cabeza para atender o que se publica, semella máis a cronoloxía federada que unha selección personal.
Resulta inevitable chegar a ese punto... para min, claro, pois outras persoas saben xestionar de xeito máis axeitado as súas relacións.
Eu normalmente cando alguén me "segue" eu doulle tamén a seguir recíprocamente. Miro que non sexa un bot ou algún pirado, pero coa miña magnanimidade, doulle unha oportunidade :p
o "problema" é que hai xente que non usa Mastodon (neste caso) do mesmo xeito ca min, existe unha disonancia entre a realidade e as miñas expectativas que fai que GASTE TEMPO E ENERXÍA lendo todo o que publican. Porque eu son así, case como un signo de respecto, leo todo o que publicades.
Mensaxes ou temas que poderían resultar interesantes quedan sepultados baixo "conversas de chat". Conversas que ao non ter contexto, e case nunca interese para min, causanme certo nivel de estrés e ansiedade.
é evidente: deixar de seguir esas contas.
Na última semana deixei de seguir cinco contas. NADA TEÑO EN CONTRA DESAS PERSOAS, das que maiormente teño unha opinión positiva, pero a min fanme mal.
De súpeto, son quen de "estar ao día" do publicado. A primeira hora miro o que publicaron desde onte á tarde, lévame un anaco, porque a xente que sigo non ten os meus horarios. Ao longo do día, catro ou cinco veces, durante uns minutos podo ver as "novidades" ou incluso perder o tempo nalgunha conversa.
Síntome mellor.
Non creo que sexa shiposting o que fan, ten un sentido e función para elas, creo que é o xeito natural de expresarse desas persoas, pero eu crieime doutro xeito (en termos de internet) e non son quen de entrar na conversa nin, en todo caso, obviala.
Sería raro que tres delas leran isto, pero unha igual sí, así que se les isto pois que sepas que nada en contra túa PERO CHÉGAME COS RETOOTS que che fai a xente.
Realmente, agora que o penso, non tiven problemas "personais" no fediverso con ninguén, nin bloqueos (pola miña parte) nin nada. Lembro un malentendido, realmente creo que así foi, cun pro-independencia de Catalunya, alá ao primeiro. Pero creo que simplemente nos ignoramos desde entón (sigue por aquí). Os gilipollas e a xente velenosa non lles dou nin dous días así que non chegamos a ter problemas.
esta dame algo máis de pena, porque é das persoas de cando cheguei. Deixo de seguila porque a pobre dalle pábulo a todo canto le nos silos comerciais e gusta de traer por aquí os MEDOS e ansiedade que lle produce. Mira, lamento que te sintas así, xa cho teño dito e son sincero, pero se vas alí tes que asumir as consecuencias.
Moito menos lle teño aguantado a outros.
que perdo a última brincadeira, o meme do día, pero descánsame mellor a cabeza.
Ahí atrás xa deixara de seguir a unhas cantas contas do "opensors", que esas causábanme estrés porque que me digan de xeito insistente que google me espía, que facebook non sei que, e que tal pascual, cando eu xa non fago nada diso... pois cansa.
Queda claro que non lle afeo a conduta a ninguén, non? Cada quen que faga o que estime.
Seguirei alixeirando...
a conto da guerra comezou hoxe, un par de unfollows máis, por tomar a broma algo que a min me causa ansiedade.