💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2024-05-13-good-to-go.gmi captured on 2024-08-18 at 17:17:38. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2024-06-16)

-=-=-=-=-=-=-

Inicio

Blog

Good to Go, por Christie Aschwanden

O libro trata desde unha perspectiva analítica a efectividade dos diferentes métodos de RECUPERACIÓN física/mental para persoas que fan deporte (analiza datos, os estudos dispoñibles no momento de escribilo) Ao pouco de comezar o libro xa tiven a sospeita de que ía ser «decepcionante», no sentido de que non había ningún método milagroso que acelerase.

Non trata sobre aumentar o rendemento (directamente), nin a resistencia, forza, etc., se non sobre asimilar o adestramento e recuperarse do esforzo.

Desde diferentes formas de crioterapia, pasando por formas de controlar a inflamación, aumentar o fluxo sanguíneo, infravermellos de diferente lonxitude de onda, ... non hai ningunha forma que de xeito concluínte demostre a súa efectividade de forma significativa como si o fai durmir.

Certo, todas elas teñen lexións de seguidoras e practicantes, pero parece existir un compoñente sicolóxico moi forte, en canto a adhesión á práctica como a sentir que funciona.

O libro está cheo de referencias personais da autora (ela experimentou con todo) así como a produtos que nos venden as estrelas publicitarias (atletas profesionais) máis famosas. Aquí está outro compoñente de todo o tema: o capitalismo. Non quero recurrir á broma clásica, e podería ser Yoko Ono, pero non cabe máis que chamalo polo seu nome.

Lese facilmente e aos poucos, pode ser entretido para persoas motivadas nestes temas.

¹ aquí a «fe» refírese a ter confianza no método que escollas para recuperarte, algo así como un efecto placebo, máis ou menos, porque hai detalles que importan, pero mentras che están dando unha masaxe, ou estás na sauna de infravermellos, polo menos estás quieta e relaxada. Ahí podería estar o asunto, que ven dar ao mesmo que: durmir máis e mellor.

Web da autora