💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-03-30-t5-e-normalizacion.gmi captured on 2024-08-18 at 17:11:03. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-01-29)

-=-=-=-=-=-=-

Inicio 🚀

gemlog

Opinión acerca do proceso de "Normalización".

A información á que **estamos expostas as persoas** dá forma ao xeito en que pensamos.

Por saturación, así funcionan a publicidade e o márquetin, trátase dunha das técnicas que utiliza (esto é descriptivo, non unha opinión).

E así funcionan a *información* e e os *medios de comunicación.

Quixera comentar un aspecto relevante neste sentido.

Coñezo a unha persoa, muller, que está *exposta a Tele5*. Para quen non coñeza esta canle de televisión, trátase dunha canle na que boa parte dos seus contidos explotan o morbo, o sensacionalismo, e a teatralización da vida de personaxes famosos. Nesa *teatralización* hai **mulleres malas**, mulleres que minten e fanlle dano a outras mulleres e homes.

Repito, é un teatrillo montado para entreter e manterte sentado fronte á pantalla, utilizando *actores* que porén *semellan* estar contando *a vida real*, en directo, nun formato de *realidade*. Hai xente que cre que o que todo o que sae na televisión é real. Por suposto, os que fan televisión saben esto, explotan esta crenza.

Esta persoa da que falo, non está especialmente politizada nin polarizada en termos ideolóxicos, pero si que se expresa en moitos ámbitos en termos "progresistas". Porén, de cando en vez, utiliza expresións que relativizan o sesgo da cuestión da violencia de xénero, en concreto acerca da violencia das mulleres (neste caso psicolóxica) no sentido de que "sabe dios o que lle fixo ela" ou "hai mulleres moi malas").

Na miña **opinión**, hai unha proporción semellante de fillos de puta homes e mulleres. Non creo que as mulleres sexan mellores, nin viceversa, pero si creo que o xeito en que as mulleres son quen de expresar esa violencia non acaba cos homes na caixa de pino ou no hospital. Tratar trastornos de estrés e ansiedade non é igual que tratar con asesinos. Poderiamos todas e todos ser mellores persoas? Si, pero *é un mondo dificile*.

O asunto, o que quería comentar, é que teño a impresión de que esta persoa está máis exposta ao *teatrillo* de T5 que aos testemuños de mulleres (e homes) que sofren violencia (de varios tipos) por parte de homes e que esto pode estar influíndo no xeito en que considera a crónica de sucesos. O que me extraña nela e que lle resulta allea esa violencia. Quizás allea sexa unha palabra demasiado grosa, pero quizás dicir que establece unha distancia ao respecto desa violencia.

Fálase moito acerca da violencia dos videoxogos e a adolescencia, ou da influencia da industria da pornografía, incluso dos modos de comportamento da clase política no parlamento e como esto afecta ao xeito en que a cidadanía considera os temas de debate público. Se **millóns de persoas a diario** ven que Menganita de tal lle está amargando a vida a Fulanito, ou que só quere vivir *a lo grande* e ser unha "casquivana" que vive da pensión *millonaria* dos tres divorcios anteriores,... está **normalizando** un comportamento. *Normalizar*, gran palabra, non sí VOX?

Coñezo MOITOS homes que fan comentarios ou expresan as súas conviccións de xeito semellante. Non sei se ven Tele5, pero aos homes chéganos con ter a herdanza de séculos de *cultura*.

Inicio 🚀

gemlog