💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2021-10-19-podcast-rne-playradio.gmi captured on 2024-06-16 at 12:23:25. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2023-01-29)
-=-=-=-=-=-=-
Desde a última actualización dos servizos web da radio e televisión públicas de España, o acceso á ligazón da fonte para subscribirse a un programa está un pouco máis oculto. Quizais non está "máis oculto", pero a min cambiaronmo de sitio e perdinme 🤣
Probablemente é unha estratexia para que utilices directamente o seu servizo PlayRadio. Parece lóxico.
pero eu prefiro utilizar AntennaPod como aplicación no móbil para subscribirme aos programas. AntennaPod xestiona diferentes tipos de fontes onde se publiquen podcast, e entre elas fontes RSS, como a que de xeito habitual proporcionaba RTVE.
...e que segue sendo a mesma!!, pero agora está noutro lugar.
http://www.rtve.es/api/programas/140593/audios.rss
aquí vese a fonte do programa "Los Ultrasónicos", no formato que desde hai uns anos utiliza RTVE. Tes que ir á web do programa tal que, por exemplo:
Programa "Los Ultrasónicos", en Radio3-RNE.
premes nos "tres puntos verticais" (esto " ⋮ ") á dereita, que abrirá un menú "Más Opciones"; daslle a "Compartir" e premes en "RSS". Copiará automáticamente a fonte que debes engadir en AntennaPod para subscribirte. E xa está!
Aprobeitei para subscribirme a
fonte rss de "La soledad del corredor de fondo".
Título suxerente, vou escoitar un par de programas a ver que tal é.