💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2024-05-13-good-to-go.gmi captured on 2024-06-16 at 12:14:32. Gemini links have been rewritten to link to archived content
-=-=-=-=-=-=-
O libro trata desde unha perspectiva analÃtica a efectividade dos diferentes métodos de RECUPERACIÓN fÃsica/mental para persoas que fan deporte (analiza datos, os estudos dispoñibles no momento de escribilo) Ao pouco de comezar o libro xa tiven a sospeita de que Ãa ser «decepcionante», no sentido de que non habÃa ningún método milagroso que acelerase.
Non trata sobre aumentar o rendemento (directamente), nin a resistencia, forza, etc., se non sobre asimilar o adestramento e recuperarse do esforzo.
Desde diferentes formas de crioterapia, pasando por formas de controlar a inflamación, aumentar o fluxo sanguÃneo, infravermellos de diferente lonxitude de onda, ... non hai ningunha forma que de xeito concluÃnte demostre a súa efectividade de forma significativa como si o fai durmir.
Certo, todas elas teñen lexións de seguidoras e practicantes, pero parece existir un compoñente sicolóxico moi forte, en canto a adhesión á práctica como a sentir que funciona.
O libro está cheo de referencias personais da autora (ela experimentou con todo) asà como a produtos que nos venden as estrelas publicitarias (atletas profesionais) máis famosas. Aquà está outro compoñente de todo o tema: o capitalismo. Non quero recurrir á broma clásica, e poderÃa ser Yoko Ono, pero non cabe máis que chamalo polo seu nome.
Lese facilmente e aos poucos, pode ser entretido para persoas motivadas nestes temas.
¹ aquà a «fe» refÃrese a ter confianza no método que escollas para recuperarte, algo asà como un efecto placebo, máis ou menos, porque hai detalles que importan, pero mentras che están dando unha masaxe, ou estás na sauna de infravermellos, polo menos estás quieta e relaxada. Ahà poderÃa estar o asunto, que ven dar ao mesmo que: durmir máis e mellor.