💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2024-05-07-illa-tesouro.gmi captured on 2024-06-16 at 12:14:46. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

-=-=-=-=-=-=-

Inicio

Blog

A illa do tesouro - Robert Louis Stevenson

lin tradución ao galego por Xavier Alcalá para Xerais

A illa do tesouro en galiciale.gal

Comecemos cunha metáfora sobre o Tesouro¹

How many it had cost in the amassing, what blood and sorrow, what good ships scuttled on the deep, what brave men walking the plank blindfold, what shot of cannon, what shame and lies and cruelty, perhaps no man alive could tell.

fai referencia ao Tesouro do Flint, pero só tes que abrir o xornal de hoxe porlle nome a outros tesouros. Da igual cando leas esto.

A novela

Un rapaz novo, o Jim, cóntanos en primeira persoa a máis grande aventura da súa vida: o xeito en que deu en formar parte da tripulación dunha expedición para facerse co máis grande tesouro pirata, o do gran capitán Flint (que arde no inferno a tales horas), que está enterrado na Illa do Tesouro.

Jim é parte interesada, e só coñecemos a historia tal como el nola conta, pero hai que fiarse de el, quizás por iso de que os nenos e a xente bébeda sempre son sinceros, pero outra cousa é que conten a verdade. Aquí hai menores, e tamén rola o alcol. Jim preséntase como unha ánima simple e nobre, coa valentía dos xustos, dos que fan o que teñen que facer.

A historia tes que lela, pois nun formato aparentemente simple, áxil, que te atrapa nunha voráxine de acontementos, vas entendendo acerca dos códigos morais da sociedade británica do seu tempo, e tamén sobre os dos piratas. Ou a falta deles.

Son uns valores de respeto das xerarquías, sen cuestionamento; de temor de deus e do teu amo ou capitán.

Non hai drama, nin reflexión, hai acción. Movémonos coas ondas e a brisa do mar, cos arumes dos pinos, do sal, e do ron. Lemos os xogos de enganos e artimañas das que se valen os protagonistas (todo pirolos) para sobrevivir aos acontecementos. Asistimos, abraiados, á valentía e coraxe do nóso heróe, como por instinto e serindipia parece determinar os acontecementos.

Tes nesta novela toda a iconografía pirata para gozala.

Le o libro, e pásao ben, abonda.

En inglés podes lela no navegador ou descargala en formato de libro electrónico.

A illa do tesouro en Standardebooks.org

¹ poño o texto en inglés porque no libro traducido poñía que nin se me pasase pola cabeza publicar un anaquiño do libro. En inglés xa é de acceso libre

Inicio

Blog