💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2024-04-20-galiciale-acsm.gmi captured on 2024-06-16 at 12:15:30. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2024-05-10)
-=-=-=-=-=-=-
contido dunha nota persoal
Debido a que o sistema de préstamo de libros da biblioteca pública utiliza o sistema de DRM de Adobe, e Adobe non ten o seu producto para Linux, uso Calibre e o seu complemento para descargar e ler os libros da biblioteca.
Este procedemento é válido tamén noutros sistemas operativos, por se non queres usar o programa Adobe Digital Editions.
Ler a "Referencia - How To" do Complemento DeACSM para entender o proceso
* DeACSM por Lasseratte10. Actualmente versión 0.0.16: para "autorizar" o ordenador e poder descargar o libro (ficheiro .acsm que descargas de galiciale)
* DeDRM por Apprentice Alf. Actualmente versión 10.0.3: para quitarlle o DRM ao libro e poder envialo a calquera dispositivo e lelo como un epub sen restricións.
En Calibre ir aos Axustes, Complementos /plugins, seleccionar DeACSM, Personalizar Plugin.
Usar os datos da conta real en Adobe ou darlle a usar unha anónima. Neste caso despois é importante exportala para ter unha copia de apoio en caso preciso.
Púxenlle que use a versión ADE 3.0.1 (10.0.85385); seleccionei as opcións "notify ACS server" e "enable debug logging"
Darlle a **export adobe encryption key**, porque creo que hai que _importala_ despois no plugin DRM.
No plugin _DeDRM_, en "Adobe digital editions books" aparece a _Chave-ID_ importada. Non sei se o fixo automáticamente ou se creou no paso anterior e a importei a man. O caso é que aparece aí.
Con esta configuración, na web galiciale.gal pillas un libro prestado en formato epub para descargar; descarga un ficheiro .acsm no ordenador; vas a Calibre, daslle a engadir libro e seleccionas este ficheiro .acsm; grazas aos plugins o que fai **automáticamente** é descargar o epub e quitarlle o DRM; así, xa é un libro máis que se pode pasar ao ereader (polo método que se use normalmente)
Ao rematar de ler o libro vas ao Complemento DeACSM e premes en "Devolver libro" á biblioteca.
Se "Autorizas o ereader", en teoría podes ler directamente sen quitarlle o DRM, pero creo lembrar que tivera algún problema e total **é máis doado quitarlle o DRM e así podes lelo onde queiras**, sen precisar _autorizar_ o propio ereader (así non faría falta o complemento DeDRM, pero é útil porque serve para kindle et al.)