💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2023-04-09-mal-portnoy.gmi captured on 2024-06-16 at 12:18:50. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2023-09-08)
-=-=-=-=-=-=-
de Philip Roth
Como digo embaixo, Philip Roth sabe disto, de escribir.
A novela é básicamente un monólogo do protagonista na consulta do psicólogo, onde non só conta a súa vida se non que lle fai o traballo ao psicólogo auto-analizándose e auto-diagnosticándose, descubrindo a orixe de todos os seus "males", responsabilanzo a súa nai, ao xudaísmo e ao seu pai por ser como é. Probablemente nesta orde.
Non aforra críticas tampouco contra os convencionalismos e as tradicións, non só relixiosas se non as sociais de raíz económica (clasista).
Por momentos resultoume algo excesivo e repetitivo nalgunhas cuestións como a caricaturización da nai ou a sexualidade (onanista), pero debo dicir que ten sentido en ambos casos para resaltar a relevancia desas forzas na súa vida.
Non fai falla ser xudeu para romper a cabeza como o fai este home.
Xa teño o contexto socioeconómico capitalista, coa relixión como marco que semella será omnipresente en todo o libro.
Philip Roth sabía escribir. Punto.
Non creo que defraude a ninguén que faga un mínimo esforzo para atopar os "males" que afectan a calquera: responsabilidades adquiridas e as que che botan ao lombo sen comelo nin bebelo. Expectativas frustradas (propias e alleas). A liberdade individual e a asunción de responsabilidade polas decisións tomadas.