💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2023-09-12-xmgz-ao-vps.gmi captured on 2024-05-10 at 10:51:03. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2023-09-28)
-=-=-=-=-=-=-
Ata fai unhas semanas esta cápsula gemini estaba aloxada nunha RasberryPi 4B. O protocolo gemini e as súas páxinas ocupan "nada", e o servidor gemserv é lixeiro de mais como para dar problemas nun servidor como a raspi.
Cando contratei o Servidor Virtual Privado a idea era mover o servidor GotoSocial a el porque é, con moito, o servizo que ten máis "conexións" externas hacia o servidor, onde tamén están o Nextcloud, o Jabber, Calibre-Web, RSS, Wallabag, servidor multimedia, ...
Gotosocial tampouco consume recursos, pero ao ser eu relativamente activo no Fediverso, sempre pode chamar a atención de alguén por ahí por "mirar a ver que máis hai". YunoHost é seguro como servidor personal se tomas unhas medidas moi básicas contra os "ataques" máis comúns (totalmente automatizados) o risco está (estaría) nas pequenas modificacións que facemos as persoas que administramos o servidor e que potencialmente diminúen esta resistencia aos ataques se afectan a elementos vulnerables. Intento non xogar coas cousas de comer, pero a veces é preciso. O blog e a web persoal non as visita ninguén así que un servidor de 1Gb de RAM e 10Gb de espazo en disco son máis que suficientes para ter gotosocial a pleno rendemento e funcionar con gran fluidez.
Os problemas xurdiron coas COPIAS DE APOIO do servidor. 10Gb de disco duro é pouco, hai que dicilo, e se tes unha instancia do fediverso a almacenaxe pode ser un problema cando todo mundo parece que temos a necesidade de acompañar texto con fotografías. A miña instancia ten só unha conta de usuaria.
Xa na RasPi tiña configurada a instancia de Gotosocial para que só mantivese na almacenaxe os elementos multimedia de Servidores Externos de menos de TRES días. Como entro a diario no fediverso rara vez me desprazo ata "catro días atrás" na cronoloxía como para precisar ao instante todos esos elementos. Se fose preciso, o servidor só precisa facer unha nova solicitude ao servidor remoto do ficheiro requerido, retrasando uns milisegundos a súa carga.
Utilizo BORG para as copias de apoio, e aínda que o ficheiro "deduplicado" non é moi grande, pasados uns días o total do servidor acada os tres ou catro Gb... e non ten espazo para facer a copia (a creación dos ficheiros temporais e xestión na RAM) e falla cando chega ao punto de facer a copia de Gotosocial :(
Por unha parte creei unha pequena partición para "swap" (700Mb, que por defecto non a tiña) e púxenlle un valor a "swappiness" de 60 (moi alto para un servidor, pero totalmente asumible para o meu caso).
Pero o cambio fundamental foi montar con WEBDAV o espazo que teño en MEGA e que nunca lle dera uso, e chegoulle a súa hora. Son 50Gb aí sen usar que agora utilizo para montar por webdav ao inicio do sistema e así poder usalos como se fose unha carpeta máis do sistema. Meto aí as copias de apoio.
Na hora en que escribo isto:
root@servidor:/mnt/megaborg# borg info backups/::_auto_gotosocial__2-2023-09-12_00:02 Enter passphrase for key /mnt/megaborg/backups: Archive name: _auto_gotosocial__2-2023-09-12_00:02 Archive fingerprint: 5ddcc2edb798------------------------------09cfa0e4ab0a9ceace Comment: Hostname: servidor Username: root Time (start): Tue, 2023-09-12 00:02:33 Time (end): Tue, 2023-09-12 00:03:09 Duration: 36.68 seconds Number of files: 6550 Command line: /opt/borg-env/bin/borg create /mnt/megaborg/backups::_auto_gotosocial__2-2023-09-12_00:02 ./ Utilization of maximum supported archive size: 0% ------------------------------------------------------------------------------ Original size Compressed size Deduplicated size This archive: 1.91 GB 1.59 GB 578.15 MB All archives: 5.74 GB 4.75 GB 2.84 GB Unique chunks Total chunks Chunk index: 12650 22253
É dicir, o total da copia de apoio do servidor YunoHost son 2,84Gb e a última de Gotosocial 578Mb que están (cifrados) en /mnt/megaborg/backups (punto de montaxe de MEGA). Calculo que dentro dunhas semanas chegará a uns 7 ou 8 Gb (debo comprobalo).
Uso `webdav` porque con `mega-cmd` e meténdoo en `cron` foime máis doado montar así o sistema que con `ftp` (MEGA non usa sftp) aínda que probablemente non sexa tan eficiente. Pero volvemos ao mesmo, de madrugada dame igual que durante uns minutos o servidor non teña o rendemento desexado.
Desde que puxen isto en funcionamento o servidor non volveu a deterse nin borg a dar fallos.
Este artigo é para min, para saber o que fixen :D
O servidor está en IONOS, co plan de 1€+IVE ao mes.
Servidor gemserv (instalado no VPS con YunoHost)