💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-05-03-trail-pobra.gmi captured on 2024-05-10 at 10:57:36. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2023-01-29)
-=-=-=-=-=-=-
Desde o Mirador da Curotiña, sobre A Pobra do Caramiñal pasamos unha boa mañán dando unha volta pola serra.
Mirador da Curotiña, localización en OpenStreetMap
perfil da ruta feita, imaxe na web
26km, con 1200m. de desnivel
hoxe póñome a escribir a crónica do acontecido a mediados de Abril na Pobra do Caramiñal, con esto te digo ná y te lo digo tó.
A carreira foi ben, mellor do agardado e aprendín algunhas cousas. Libre de levar un golpe tampouco pensaba que non fose chegar a meta ou que me dera unha volta, pero esperaba "sufrir" máis, ou sufrir algo! E non foi así. Saín atrás de todo tranquilo e deixándome levar, falando coa xente (xa está aquí o pesao!!), mirando a paixase, notando o cheiro de árbores e flores, vendo unicornios e arcos da vella, etc. etc. O caso é que me deixei ir "sen forzar", non fun de paseo, pero sí cómodo. Nos tramos de correr puiden correr (suave) e nas subidas notaba que podía andar con certa forza. Cheguei ao punto máis alto da ruta, onde quedaban 4 ou 5 quilómetros e entón decidín subir un punto a intensidade e intentar adiantar a uns fulanos que vía aló ao lonxe. Aquí ao final si que me apretou un pouco máis, pero como xa era o final non tiña problema con asfixiarme un puntiño. Cheguei bastante enteiro a meta.
É dicir, físicamente ben. Controlando o ritmo e deixando pasar os quilómetros.
Que lido esto agora, parece que fun pasear. Cando estás alí correndo non hai tanta diferenza entre ir tranquilo e ir como podes.
vista desde a subida máis importante
a media subida do río Pedras, as corredoras a man esquerda e a ría de Arousa ao fondo
O que aprendín é que con cabeza e correndo con xeito podo chegar lonxe. Sufrir xa me vai tocar pronto, pero canto máis poida retrasalo pois mellor. Fixen ben os cambios de correr a andar. Terceiro, tamén bebín con tino, repartindo ben a auga e iso que apretaba algo o calor (para ser abril). Comín tranquilo unha galleta e un plátano nos dous avituallamentos, tampocuo sentín fame (pero esto é habitual).
A loxística foi ben neste caso tamén. Chegoume con beber aos poucos, sen encher a barriga de auga e comín o xusto.
xusto ao pasar unha pequena ponte de pedra, ao mezo da subida ao Río (rego) Pedras, no km11