💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-10-12-praga-escarlata.gmi captured on 2024-03-21 at 15:20:13. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-03-20)

-=-=-=-=-=-=-

🚀/home

gemlog

gemini tags?

libros #books #novela #novel #jacklondon #pragaescarlata #scarletplague #humanidade

A praga escarlata (The Scarlet Plague, 1912)

Autor: Jack London

Jack London

portada

Por Macmillan (publisher), ligazón

ligazón

Descrición

Novela curta, que poderiamos describir como un apocalipse zombi, pero sen zombis. Que agora que o penso, igual así da máis medo, porque parece máis real e verosimil.

Un vello debúxalle a tres rapaces pequenos trazos de como era o mundo anterior, antes da chegada da praga. Aos mozos parécelles todo fantasía, acollen con incredulidade o que lles conta o vello, con ese desleixo co que atendemos aos nenos e aos vellos.

Un microbio de orixe descoñecida comeza a espallarse con rapidez e de xeito masivo, acabando virtualmente con todo o mundo. Todo o mundo? Non! Un pequeno grupo sobrevive (non se sabe a razón).

Décadas despois, o vello fai un relato onde inclúe maravillas tecnolóxicas (as da época do autor e algunha fantasía propia) e unha descrición da orde social que existía. Os rapaces, cuns referentes morais diferentes, xulgan con crudeza esto que lles conta o vello.

Pola súa parte, o vello, ve a pequena sociedade supervivente como un retorno aos instintos básicos de crueldade e á lei do máis forte (físicamente) en contraposición á súa sociedade culta, tecnolóxica e formada.

Opinión

O autor propón un relato cru, onde a desesperación ante unha morte próxima e case inevitable, fan que nos comportemos salvaxemente, esquecendo calquera atisbo de civilización.

O microbio da _praga, coñecido por min despois do COVID, non deixa de ser o máis inverosímil. Un microbio que se espalla polo aire e cun 100% de mortalidade (case) ás poucas horas dos primeiros síntomas e que acaba coa humanidade. Esto é anecdóctico, por suposto.

Lin a novela en galego grazas a Urco Editora

grazas a Urco Editora

documento creado con gemgen (python script)

🚀/home

gemlog