💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-09-19-carreira-bro%C3%B1a-2022.gmi captured on 2024-03-21 at 15:20:52. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-03-20)

-=-=-=-=-=-=-

🚀/home

gemlog

XVI Carreira de Broña

visita debida a Outes.

e un ano máis, pagada. XVI edición da carreira popular na praia de Broña, concello de Outes, e non minto se digo que fun a máis da metade delas.

carreira popular na praia de Broña

Outes

Con pequenas variacións na ruta, pode resultar un paseo agradable a carón do mar, entre os pinos, con pequenas subidas e baixadas, por pista asfaltada, un single track sobre o mesmo mar desfruntando das vistas... ou se vas a tope pode resultar matador, con contínuos cambios de inclinación e tipo de terreo, baixando a lume entre faíscas e rochas e deixándo o fígado ata chega á zona alta.

😄 😄 moi divertido!!

imaxe dun mapa coa ruta

este ano creo que cambiamos un pouco o sentido da ruta e baixamos dúas veces ata o carreiro a carón do mar (últimos dous quilómetros, dúas veces), pero foron os 10K habituais (había ruta de 5k, unha volta).

imaxe do perfil co HR

a primeira volta tomeina con calma, ou de xeito controlado (ver HR), pero a segunda volta fíxena o máis forte que puiden, que non foi moito.

descrición

nas últimas semanas acumulei bastantes quilómetros (adestramento para Coruña) e non sentía a pernas nada frescas ou reactivas. Ademáis, fixen case 10km de quencemento (no plan estaba un día cun par de horas de carreira) polo que comecei a carreira con media estocada. A primeira volta fun con calma, pero nin así me sentía cómodo.

Fun sen ningún problema, pero notando falta de punch, que foi máis evidente cando na segunda volta intentei ir con máis velocidade. Subín a intensidade, pero pouco máis rápido fun.

Esto é unha descrición, non unha excusa por non ir máis rápido.

A xornada

a xornada foi moi bonita de compartir coas compañeiras e cos pitufiños, que tamén correron 😄 Había un sol suave, con algo de calor, e nada de vento, con moi bo ambiente no pinar de Broña.

A sinalización correcta nos cruces, con voluntarias e Protección Civil nos puntos conflitivos, avituallamento de auga abondoso, sandía ao rematar a carreira, obradoiros de RCP (reanimación cardio pulmonar), sorteos entre as participantes, medallas e camisetas para os pitufiños, ... todo de balde. Case un se sinte mal.

carta cos datos

Agradecementos para a organización do CAO (Clube Atletismo Outes) e empresas e entidades colaboradoras (ver a súa web)

a súa web

---------------

documento creado con gemgen

gemlog

🚀/home