💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-02-21-composcleta-paseo.gmi captured on 2024-03-21 at 15:23:01. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-01-29)

-=-=-=-=-=-=-

🚀/home

gemlog

Visibilizando a bicicleta na cidade

Paseo en bicicleta polas rúas de Compostela

co obxectivo de dar protagonismo á bicicleta nas rúas de Compostela, onte reunímonos unhas dúcias de persoas, grandes e pequenas, para dar un paseo todas xuntas.

Compostela, web de información turística

imaxe da parada preto da Cidade da Cultura

parte do grupo tomando un refrixerio, preto da CdC

Cidade da Cultura en Santiago de Compostela

Composcleta

Asociación Cívica Composcleta

é unha asociación sen ánimo de lucro. Nace no ano 2013 coas seguintes fins fundamentais:
* Promover a bicicleta como medio de transporte urbano.
* Realizar actividades formativas, informativas, lúdicas, culturais, promocionais e divulgativas sobre mobilidade sustentable. Asociación Cívica Composcleta é socia de ConBici - Coordinadora en defensa de la bici

fomos convocadas a reivindicar un espazo na cidade, o respecto, aprender a utilizar a vía pública e demostrar que Santiago é unha cidade ciclable, que non hai costas imposibles nin atrancos insalvables.

Pero, é precisa a implicación das institucións públicas para proporcionar infraestructuras que apoien esta forma de transporte.

O paseo

imaxe da ruta

foi agradable compartir este par de horas coas outras familias e agradecer a Composcleta que organice estas xuntanzas (que antes da pandemia eran mensuais) así como a colaboración da policía municipal.

Creo que todos aprendemos algo, sexa a circular en grupo, aprender que hai que ter a bici en orde de funcionamento (inflar as rodas ben, altura correcta do sillín, ...), a manexar as velocidades, respectar a distancia cos demáis vehículos, mirar e facerse ver, ... Sempre hai alguén nun coche que non o leva ben, iso sempre.

Quero mostrar admiración por todas aquelas persoas que usan a bici a diario como forma de desprazarse na cidade. Un da aldea coma min, que normalmente anda en bici por divertimento, ve preocupacións e perigos en cada xiro, costaríame moito chegar a ir tranquilo en bicicleta por unha cidade (incluso pequena, nun domingo, como Compostela).

conbici.org

Para coñecer máis, visita conbici.org.

conbici.org

--------------------------------------------------------------------------------

🚀/home

gemlog