💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2024-01-07-actividades-23.gmi captured on 2024-02-05 at 09:36:51. Gemini links have been rewritten to link to archived content
-=-=-=-=-=-=-
este artigo está copiado do blog na web, as ligazóns están abaixo de todo e as imaxes a ver se as subo aquà tamén se non se queres vas alà e velas, pero total, só é para facer bonito e que non se lle atrangate a ninguén tanta letra e leve un disgusto.
desde garmin, para comparar con [anos anteriores][4]
![imaxe da táboa de datos agregados en 2023]({static}/assets/imaxes/2023-garmin-actividade.png "táboa con datos de actividades en 2023 desde garmin")
total de distancia e tempo acumulado durante o ano
por meses, desde o meu FitTrackee
![actividades agrupadas por mes e horas]({static}/assets/imaxes/2023-fittrackee.png "tempo acumulado por mes e tipo de actividade, desde a miña instancia fittrackee")
tempo acumulado, por mes e tipo de actividade
Aquà non se ve a táboa co formato correcto, pero seguindo o formato establecido e facer comparación directa
ano | tempo | distancia | núm. actividades(*)
:--- | :---: | ---: | :---:
2023 | 406 h. | 3902 km. | 417
2022 | 459 h. | 4885 km. | 421
2021 | **580h.** | 6449,42km | 548
2020 | 393h. | 6623km. | 403
2019 | 316h. | 5007km. | 284
\* * *
caio en picado XD
era visto, pero creo teño que dicir que me parece sustentable. Quixera ter corrido mais, iso si.
só [sete][5], contando a _Andaina_ de Brión, e realmente non boto en falta ir ás carreiras.
Non teño queixa. Só un par de catarros moi lixeiros a final de ano, pero a _medicación_ de problemas _agudos_ por correr é moi ocasional. Non fixen a conta, pero vendo o diario paréceme menos que outros anos (que xa era pouco).
Non me lesionei nin levei golpes nin tiven que parar de facer actividades por estar cansado ou esgotado.
O primeiro é falar dos quilómetros e das horas _invertidos_ en facer algún tipo de actividade.
Tiven saúde fÃsica, por esta parte non me podo xustificar. E aÃnda menos queixarme. Sen lesións, nin tan siquera dor recurrente (mais alá dalgún problema agudo, puntual). E iso que os dous ou tres primeiros meses do ano andiven cunha molestia rara e descoñecida en min, nos nocellos, nos dous! debaixo da "bola". Molestábame máis andando que correndo. Foi remitindo soa, pero chegou a preocuparme (o calzado? mala técnica?).
Do que si teño que dicir é o **número tan baixo de carreiras nas que participei**. Só 7 .
Porque non tiña **motivación ningunha** para ir. Das que participei a varias fun só por _costume_, pola tradición de ir, como quen vai ao _Corpiño_. Só participei con _ilusión_ na [Andaina de Brión][1], por ser 50 km, que non facÃa desde habÃa moitos anos (en **Padrón**).
Falei de todas as carreiras [aquà no blog][2], e a maiorÃa foron _actos de fe_, no sentido de que sei que **unha vez alÃ** vouno pasar ben (libre dun golpe). Mais a ilusión por participar, por competir, ir ver sitios novos... **non estaba**.
Enténdeme: non fun obrigado, fun porque sei que me presta ir.
CorrÃn en sitios bonitos, por corredoiras nos bosques, pasei xunto a fermosas fervenzas, por altos con vistas infinitas sobre Galicia e incluso corrÃn polas rúas medievais de Compostela. Pasei algo de calor e un pouco de frÃo. Rematei enchoupado e esgotado. Sen forzas para continuar correndo e outras veces con avaricia de aire e sen alento. **Sempre ben**, sen caÃdas importantes, sen ir máis alá do lÃmite que eu sinto seguro.
Non teño ilusión por ir ás carreiras porque xa fun a moitas durante máis de vinte anos. Pode que xa fose a todas as que tiña que ir. Non é culpa das carreiras, que son as de sempre, aÃnda que diferentes, porque o caracter das mesmas cambiou igual que cambiei eu. Non é prezo, o que custa participar, aÃnda que [poderÃa dicir algo ao respecto][3]. A razón son eu.
Non vÃa en _todas as carreiras sempre as mesmas persoas_. É dicir, pasaban meses cando coincidÃa con alguén, igual que agora, asà que ninguén me botará en falta (que tampouco é que fose eu o señor ese que se pon dÃante facendo fotos). Con aparecer por alà de cando en vez xa abonda (neste sentido).
Non teño a **Correr en Galicia** e creo que iso si inflúe na falta de motivación para ir ás carreiras. Duns anos para aquà o foro prácticamente esmoreceu, e sempre era agradable compartir despois coa xente coa que falabas en persoa nas carreiras.
Agora as organizacións están volcadas principalmente en Facebook. Antes de estar eu en _FB_ (ou outras) deixo completamente de ir ás carreiras. Non me costarÃa nada, xa estou afeito a non ter **comunidade** e estar só.
Firmo onde sexa repetir o 2023.
Saúde, ánimo para manterme activo, para intentar alimentarme ben e poder seguir xogando cos nenos (cada vez máis difÃcil).
O máis probable é que **siga indo ao Corpiño** e se a saúde e a motivación están aà entón faga algunha carreira _longa_ no verán.
Participar en carreiras de un par de horas non supón ningún tipo de preparación ou adestramento. Participar en maratóns (por estrada ou montaña) xa require **planificación**.
Se a motivación polas carreiras a dou por perdida, **prego por non perdela para ser unha persoa activa**. Só pido isto.
Grazas por ler isto.
Estou en [ghose][6], por se queres dicirme algo ou mira na sección [Contacto][7]
[1]: https://xmgz.eu/2023/andaina-50k-brion.html "ligazón á reseña da andaina de brión"
[2]: https://xmgz.eu/blog "Ãndice de artigos no blog"
[3]: https://xmgz.eu/2023/correr-e-barato.html "entrada no blo reflexionando sobre as carreiras"
[4]: https://xmgz.eu/tag/yearinsport.html "o resumo de outros anos"
[5]: https://xmgz.eu/tag/carreiras-populares.html "etiqueta carreiraspopulares"
[6]: https://gts.xmgz.eu/@ghose "no fediverso"
[7]: https://xmgz.eu/about/ "outros xeitos de contactar comigo"