💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2023-01-10-el-paseo.gmi captured on 2024-02-05 at 09:40:56. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-09-28)

-=-=-=-=-=-=-

Inicio

Blog

El paseo

Der Spaziergang, 1917

Autor

Robert Walser (wikipedia)

Relato breve onde damos un paseo da man do autor.

Wandering

Este traballo pode incluírse dentro deste xénero literario, caracterizado por deixar fluír os pensamentos mentras das un paseo. Todas coñecemos esa sensación, a cantidade de ideas e pensamentos que che pasan pola cabeza, estimulados quizás pola paisaxe, polo movemento, pola respiración acompasada, por liberar a mente ao fin. Outra cousa é ter talento para escribir iso nuns papeis.

O inicio do libro é un pouco desconcertante, polo rebuscado e barroco dalgunhas expresións con sobreabundancia de adxectivos (el mesmo o admite), pero nada máis _saír da casa_ xa te deixas levar, consciente de que é a fórmula escollida.

A la gente que va levantando polvo en un rugiente automóvil les muestro siempre mi rostro malo y duro, y no merecen otro mejor.
— El Paseo por Robert Walser (Páxina 18)

Defínese con un escritor de pouco éxito comercial, que vive ao día, e nestes paseos observa e analiza a súa vila (Biel?) e sobre todo aos seus veciños, caracterizando os diferentes oficios e función do seu marco moral. Non dubida en criticar aqueles aspectos da sociedade que considera (desde a administración pública ao capitalismo)

Eloxia explícitamente ao paseo, a necesidade que sinte de andar sen destino concreto, así como a inspiración e beneficio que lle proporciona a nivel mental.

En un bello y dilatado paseo se me ocurren mil ideas aprovechables y útiles.
— El Paseo por Robert Walser (Páxina 47)

Tampouco agocha a crítica a certos vicios, profundizando na socioeconomía da súa vila.

Sin duda a las tabernas nunca se va lo bastante tarde, porque se producen las sabidas consecuencias, y cada cual las sufre lo suficiente.
— El Paseo por Robert Walser (Páxina 24)

Unha vez lle colles o punto ao estilo resulta incluso divertido. Un _Paseo_ cheo dos contrastes e contradicións propios das persoas e a sociedade. **Un final moi bonito e poético**.

Citas desde bookrastinating

bookwyrm de ghose

CC BY-SA

Inicio

Blog