💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-08-24-xxxvii-baiona.gmi captured on 2023-11-14 at 07:51:36. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2023-03-20)
-=-=-=-=-=-=-
Reseña co acontecido na visita a Baiona para correr a súa Carreira Popular.
imaxe cos datos da carreira, na web
Vinme un pouco arriba cando vin os resultados, pero supoño que contan tamén os que foron andando. Con todo non foron moitos, así que ben. Sorprendentemente.
Como era a primeira vez que participaba na carreira vou contar a cousa un pouco polo miúdo.
correr en Z4❤️ sen superala e os dous últimos quilómetros ir a tope, acabando forte e boas sensacións.
O día estaba moi bo, cuns 22ºC (calcúlolle) e sol que se facía notar, pero agradable. Primeiro foron as carreiras das persoas máis novas e ás once saímos os vellos.
Entre tódalas categorías eramos arredor de 1000 participantes, así que había bastante bo ambiente. Mentras quentaba por alí dando uns saltiños ao ritmo da música e animando á rapazada que corría, mirei a ver se vía algunha cara coñecida, pero non vin. Menos mal que fun coa familia.
perfil da carreira
Sabendo que eran 10km. escasos polas rúas da vila, arrisqueime un pouco e decidín correr descalzo 👣. Supuxen que o asfalto estaría medio decente e que non habería gravilla solta (esto último acontece moitas veces e mátame). Puxen a camisola coas pegadas dos pés ao lombo, facéndolle un pouco de publicidade ao asunto. Na carreira sempre oes algún comentario, neste caso de descoñecemento respetuoso, ninguén me faltou ao respeto 👏.
O primeiro quilómetro é chan, e ata o terceiro no comeza a subida importante da carreira. Saio bastante atrás no grupo así que este quilómetro é lento e venme ben. Xa no primeiro xiro pechado podía correr ao meu ritmo, adiantando a moitas persoas pero sen molestar. O asfalto nesta zona estaba ben, menos algunha zona algo máis áspera pódese correr tranquilamente descalzo todo o circuito.
Neste punto O Plan xa estaba esquecido. Sentíame ben e fun correndo a tope (ou moi forte) intentando sobre todo coidar os pés, fun o máis rápido que puiden ou entendín.
menos mal que me colleu con forza e bo ánimo, porque a subida é matadora. Coa calor e a intensidade dunha carreira tan curta, fixen a subida case a tope. Gardando, pero só un puntiño, que total despois "xa recuperarei baixando". É unha subida escalonada, con algunhas curvas pechadas, 20 metros case chans, seguido de 50m. ao 15%, 100m. chans, ou 200m ao 8%, etc. O ritmo era "irse adaptando ao que veña". Aquí si que lle adiantei a moita xente.
dous ou tres veciños estaban na portela coa mangueira de auga aberta 🚿, que agradable! 😄 Así logo chegamos arriba (que era empinada, pero curta) e a baixada era moito máis regular e maiormente menos empinada, polo que era de correr moito.
Aquí perxudicoume un pouquiño o feito de ir descalzo, adiantoume algunha xente, pero vendo o posto que fixen no punto intermedio, o balance neto desta segunda metade tamén foi positivo (adiantei a máis xente).
Xa tiñamos o carril bici, que era máis suave para os pés que o asfalto (a pesar da gravilla nalgún tramo), porque aquí era máis abrasivo.
A fume de carozo chegamos de volta ao nivel do mar, onde collemos o carril bici que sae de Baiona hacia A Guarda. Aquí a intención, o Plan, era dalo todo, pero xa viña dándoo todo desde o quilómetro dous. Así que pillei algo de folgos (sen baixar o ritmo) e só no último quilómetro aumentei un puntiño a intensidade.
carril bici que sae de Baiona hacia A Guarda, wikiloc
cos aplausos doutras corredoras e o público foi moi agradable a chegada á meta. Non me mancara, as forzas non flaquearan e sentía a adrenalina a fluír. Chegas alí ao lado do castelo coa satisfacción de que pagou a pena o madrugón e viaxe.
Collín unha auga, que botei pola cabeza 😃, facíame máis falta refrixeración que hidratación, e fun ao punto de encontro coa familia.
O resto do día foi tamén moi ben 🤗
Imaxe que publiquei no fediverso.
Faía anos que non ía por alí.
--------------------------------------------------------------------------------
documento creado automáticamente con gemgen, trouxen a imaxe do perfil da carreira e mellorei a lexibilidade, artigo completo orixinal na web blog.xmgz.eu