💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2021-10-07-matar-a-distancia.gmi captured on 2023-11-14 at 07:54:53. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-01-29)

-=-=-=-=-=-=-

🚀/home

gemlog

Matar a distancia

citando a Lorenz no libro

Vida, la gran historia - J.L. Arsuaga

Y todavia se agravó el problema cuando aprendimos a matar a distancia gracias al propulsor que impulsa la azagaya, o al arco y la flecha, y no digamos con las armas de fuego, porque los mecanismos biológicos de apaciguamiento no funcionan cuando no vemos de cerca la expresion y la actitud sumisas del enemigo o cuando no la vemos en absoluto, como sucede con los cañones, los misiles, los bombardeos aéreos.[!!] De ahi que las guerras de ahora y del futuro sean tan destructivas y pongan en peligro a la humanidad. La tecnologia nos habria asi llevado a una trampa (hablaremos en el epilogo de otras trampas del progreso). Y ese es el problema que hay que resolver con urgencia, senalaba Lorenz.

é dicir, a Seleccion Natural actuou en nós de xeito que favoreceu adaptacións culturais e psicolóxicas que dificultan que nos matemos uns aos outros así polas bravas. Estos mecanismos innatos ultrapásanse grazas á tecnoloxía. Matar operando un dron é máis doado, psicolóxicamente, que baixarlle a marra na cabeza a alguén. O primeiro é un matar "figurativo", que podemos conceptualizar no contexto que máis nos favoreza; o segundo é "orgánico", como gusta dicir agora.

respecto a internet

falamos de xeito metafórico, pero tamén é de aplicación este concepto de "matarse a distancia". Nos diferentes foros ou lugares comúns, onde se establezan as relacións, é habitual a escalada bélica (en termos dialécticos) debido á natureza do medio no que se produce.

Non son posibles, non progresarían máis alá do primeiro intercambio de palabras, moitas conversacións que se enrocan en si mesmas en internet, nin tampouco chegarían a extremos de insultos e amenazas, se estivesemos cara a cara, véndolle os ollos á interlocutora, ulíndoa, notando a súa presenza física.

Que dicir das bravuconadas anónimas(?) feitas ao amparo da distancia da pantalla. Comportamentos infantís que non nos permitimos en público, sen as cortapisas do comportamento social. Porque "social" era, é, o comportamento en sociedade, non o xeito de establecer relacións a través das pantallas.

mecanismos biolóxicos de apaciguamento

permean ao eido físico comportamentos de internet debidos á normalización desas actitudes, vémolo na barra do bar, con persoas que repiten como papagaios o discurso do tertuliano favorito, coa mesma entonación e xiros da linguaxe.

Normalización é que se converta en habitual, admisible, tolerable, desexable, algo que non o era. Pode ser un cambio que consideremos positivo ou non, neste caso é unha puta merda fomentada polo discurso político que o retroalimenta. Saía estos días outro informe interno de Facebook onde precisamente dicían que este tipo de comportamentos traían grandes beneficios a costa da saúde mental da xente e que fomentalos estaba no seu "adn".

Facebook whistleblower revealed on '60 Minutes,' says the company prioritized profit over public good.

Darlle virtude de "normal" é o que fan os políticos cada vez que saen na televisión soltando eslógans. Dito sexa de paso, tamén é o que fan en Tele5 coa merda de programas que falan da vida(?) dos famosos. Considerar ese tipo de relacións como "normáis" é como o sexo entre persoas reais e o que vende a industria pornográfica.

Estou dando saltos perigosos entre diferentes ámbitos coa esperanza de explicar o que quero dicir.

🚀/home

gemlog