💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2021-09-21-subscricion-lagrange.gmi captured on 2023-11-14 at 07:55:24. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-01-29)

-=-=-=-=-=-=-

🚀/home

gemlog index

Hai uns días preguntei nunha [sala jabber en castelán adicada a gemini] acerca dos GemLogs, os blogs escritos para publicar nun espazo gemini.

Existen instancias gemini, como [flounder.online] onde te podes rexistrar e usar unha conta para publicar o que estimes. Nelas, as usuarias poden crear un "gemlog" ao que te podes subscribir á súa fonte .atom/.rss, como na web.

Servidor personal.

A [miña cápsula gemini] está aloxada nun servidor personal, teño acceso á súa configuración, pero tamén coñecementos limitados 😅, así que non me apetece estragar o servidor agora ao principio que aínda estou aprendendo. Nin perdelo tempo de xeito innecesario.

fonte gemini

Pero lendo [un artigo de axuda] acerca das Subscricións...

This document describes a convention whereby Gemini clients can "subscribe" to a regularly updated Gemini page (such as the index page of a gemlog) even in the absence of a full-fledged syndication technology like Atom or RSS. It is intended as a lightweight alternative to such technologies to lower the barriers to publishing serial content in Geminispace which can be easily followed without tedious regular manual checking of bookmarks.

onde ven a dicir que se pode crear un gemlog ao que se poden subscribir as usuarias sen precisar complementos ou configuracións engadidas, simplemente dándolle o formato axeitado á páxina. Nesa mesma web vese un exemplo.

Por min perfecto.

Engadir unha fonte: subscribirse a un gemlog co navegador Lagrange

O xeito de subscribirse a un blog depende do cliente, como case todo en gemini, pero [Lagrange] é un dos navegadores máis utilizados e así que esto é o que fixen para subscribirme.

Estando na páxina do índice do gemblog ao que queres subscribirte, premes o botón secundario e elixes Subscribirte á Páxina

(ou co telcado `Ctrl+Maiús+D`)

imaxe: botón secundario, e no menú, subscríbete á páxina (web)

Aparéceche arriba o cadro de diálogo onde lle podes dar un nome (diferente do proposto) e elexir tamén se atende a que aparezan "novos titulares" ou a "ligazóns co formato YYYY-MM-DD"

imaxe: daslle un título que ti queiras e aceptas (web)

"novos titulares" refírese a "encabezados", ou elementos "h1, h2 e h3" no html clásico. Na marcaxe gemini: #, ## e ###.
"ligazóns YYYY-MM-DD" son as ligazóns que se inician con ese formato da data.

A autora do gemlog deberá elexir de que xeito quere crear as novas entradas no blog: con "titulares" ou con "ligazóns" para que así o teu cliente poida estar atento aos cambios.

No panel poderás ver os novos artigos cando se publiquen

imaxe: no panel da esquerda aparecen os artigos por orde cronolóxica (web)

Na barra lateral esquerda aparecerán tódolos artigos das fontes ás que te subscribas, ordenadas por data descendente.

Dica persoal

A miña páxina de fontes téñoa establecida como a miña Páxina de Inicio

gemini://about:feeds

así ao iniciar [Lagrange] xa se actualiza e vexo que escribiron as miñas fontes.

Licenza: CC BY-SA

Navegador gemini Lagrange

gemini_es@salas.suchat.org

flounder.online

cápsula gemini de ghose

artigo de axuda subscricións gemini