💾 Archived View for eixos.xyz › Dinamita_cerebral.gmi captured on 2023-11-14 at 07:31:51. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2021-11-30)
-=-=-=-=-=-=-
De como as redes sociais e os medios de comunicación están a matar a sociedade
É ben coñecido que os grandes grupos de comunicación[1] están nunhas poucas mans que teñen o poder de controlar a información. A prensa e os canles de TV, o chamado cuarto poder, son quen de formar e modificar estados de opinión colectivos en moi pouco tempo repetindo cunha única Voz certos mantras ate a saciedade. Algo que aplican con analítico tino superando en eficacia ao mesmo Goebbels.
1: https://medios.ymedia.es/descargas/mapa-de-medios-2019.pdf
A concentración do poder permítelles exercen como grupos de presión de grande influencia no resto de poderes. Non esquezamos que detrás destes grupos de información están multinacionais, bancos, construtoras, empresas armamentísticas... que buscan o beneficio propio. E detrás de todo isto, a escala global, o 95% da información está controlada por unhas poucas sociedades xestoras internacionais.
As redes sociais están tamén controladas por grandes empresas como Google, Facebook-Watsapp, Amazon, etc. Os mecanismos de control da información nestes espazos son máis refinados. Empregan complexos algoritmos de intelixencia artificial para procesar e filtrar toda a información que lles proporcionamos. Con ela cruzan datos, elaboran perfís e os almacenan en grandes bases de datos para facer negocio e controlarnos. O Big data[2] é o [Gran Irmán](Gran Irmán) do noso tempo.
2: https://es.wikipedia.org/wiki/Macrodatos
Entre os intereses que moven a estas empresas non está no primeiro posto o de favorecer á sociedade. O interese social forma parte a miúdo do marketing empresarial que lles proporciona unha pátina amigable e xera máis confianza nos usuarios. En calquera caso, as iniciativas socias deste tipo de negocios son sempre realizadas tendo en conta os beneficios que aportan de cara a mellorar a súa imaxe pública. Beneficios que se traducen en máis usuarios e tamén en máis ganancias. Un exemplo ben coñecido e polémico foi a doazón de Amancio Ortega de varios equipos para diagnosticar e tratar o cancro.
Detrás destas empresas de comunicación, os xigantes económicos que as manexan marcan as pautas a seguir. E todo móvese en función duns intereses concretos que asentan principalmente en dous piares:
Estes alicerces retroaliméntanse nun círculo vicioso.
+beneficio+poder+beneficio+...
A concentración da riqueza mundial nunhas poucas mans vai en paralelo á concentración de poder e da influencia. Aproximadamente o 1% dos máis ricos acumulan o 80% da riqueza do planeta. Isto proporciónalles unha inmensa forza para tratar de manter o seu status, algo que están moi dispostos a facer. E medios non lles faltan.
medios 1 sociedade 0
Mentiras, manipulación e influencia.
A forma máis sinxela de manter o status empeza nos propios medios. Quen controla a información ten verdadeiramente moito poder. Xa no lo advertiron varios personaxes célebres:
Quen manexa os medios ten todas as posibilidades de usalos no seu beneficio e pode mandar as mensaxes que quere, cando e como quere. A omnipresenza e o inmediato e doado acceso á información dos medios de comunicación, fai que esteamos expostos permanentemente ás súas mensaxes facéndonos moi vulnerábeis. Con este panorama, contrastar a información procurando distintas fontes faise complicado pero imprescindible.
A estes medios, controlados polas grandes corporacións, interésalles manter e mellorar status que os favorece. Centran os esforzos para elo en:
Algunhas das estratexias informativas de cara a manipular eficientemente pasan por:
Os medios de comunicación de masas e os axentes económicos que os financian teñen tomado tamén iniciativa activa en internet e nas redes sociais para amplificar o seu discurso e acadar as metas que se propoñen. Empregan para elo os recursos que ofrece o Big data e diversas ferramentas informáticas para coñecer os movementos sociais e anticipar tendencias. Tamén usan bots, contas falsas e mercenarios da información. Unha das actividades destes grupos tamén se centra en crear informacións falsas ou fake news.
Na ansia por descerebrar á audiencia, os medios máis casposos enchen de lixo as canles das televisión. Especialmente aquelas emitidas en aberto, cheas de publicidade, que son vistas polas xentes máis humildes. Somos líderes mundiais en facernos selfies e na emisión de telelixo[3]. Realities, venta de produtos milagre, debates a berros cheos de contidos superficiais groseiros e morbosos, canles de ventas e chamadas con teléfonos de tarifa especial. Calquera cousa vale para insultar a intelixencia e darlle unha labazada ao espectador.
3: https://es.wikipedia.org/wiki/Telebasura
O telelixo está a fomentar prototipos indesexables na xuventude
O gran problema é que esta realidade paralela[4] da televisión lixo é asumida como certa e mesmo como modelo a imitar pola xente menos preparada, especialmente pola xuventude. En moitos casos, os modelos e padróns que se transmiten convértense en referentes que son asumidos como propios.
4: https://www.homovelamine.com/
As canles máis promotoras de tanto bodrio televisivo acumulan denuncias e sancións por emitir contidos pouco apropiados e fora da protección horaria regulada. Insultos e berros, murmuracións, estratexias de todo tipo para desprestixiar ou xerar audiencia... Todo está ben pensado para enganchar e descerebrar ao espectador. E as multas son amplamente compensadas polas ganancias da publicidade. A finalidade deste tipo de programas é, como ben supoñedes, gañar audiencia e facer negocio. Pero, non menos importante, valen tamén para idiotizar á poboación e facela submisa. Para evitar que pense nos problemas importantes nin moito menos, en mudar as cousas.
Estes programas lixo teñen certas características en común:
Con tanta bazofia temos un panorama desolador. Vivimos nunha sociedade que cada vez mira máis o dedo cando o sabio sinala ao ceo. Unha sociedade de tonto o último chea de individualismo e baixa tolerancia á frustración. De psicópatas sen empatía nin interese algún pola vida en común. Chea de xente exasperada, insatisfeita e sem rumbo. Capaz de calquera cousa por tratar de satisfacer o seu insaciable ego.
Sería de interese facer algún estudo ou investigación para ver como se reproducen e espallan este tipo de modelos de comportamento na xente máis nova en idade escolar. Moito nos tememos que, á vista do aumento e o tipo de conflitos que están a darse nos centros educativos na actualidade, que a realidade está empezando a superar o telelixo. Algo que debería preocuparnos moito.