💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-02-24-nova-guerra.gmi captured on 2023-11-04 at 11:40:55. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-01-29)

-=-=-=-=-=-=-

gemlog

/inicio

Outra guerra en Europa

no 24 de Febreiro de 2022 non podía deixar que o artigo anterior, unha tontería ao fin, fose o que aparecese aquí publicado.

Non o vou borrar, porque levaba días escrito, pero debe constar tamén aquí esta anotación.

Tampouco vou dicir nada sobre o "conflicto" en si, só dicir cómo me sinto.

O que sinto sitúase entre pena e medo.

Non sei en que orde, pero recoñezo que esta mañán sentía máis ansiedade que no marzo do 2020, cando os cadaleitos se apilaban no Pazo de Xeo en Madrid.

Probablemente vin demasiados episodios da canle Historia, en branco e negro e en cor. Lin demasiados libros sobre como somos na guerra. Xa non a baixeza moral, a inexistencia da mesma, se non os actos de vileza extrema que xustificamos "en tempos de guerra".

Logo se di, e estamos anestesiados por tanta merda de películas, e series de tiros, e superheroes e toda esa merda. Hastío. Xa o sentía, pero é noxenta a pornografía da violencia.

Pasaron unhas doce horas desde que todo comezou oficialmente, ninguén por aquí (IRL) fixo ningún comentario nin mostrou preocupación. Estamos no Entroido.

Desexo estar sobreactuando, de corazón digo que ogallá nuns días quede como un conicas medoso. Incluso se todo quedase tal como está (Rusia cun cacho de Ucrania, uns centos de mortos), TODO vai cambiar.

Onde se situará a raia? a tres centos quilómetros de Berlín? En Varsovia? Máis importante, onde se situará a raia virtual que marca onde a "escalada bélica" alcance a III WW?

Sobreactúo?

de onde vai vir o gas que precisaremos o inverno que ven? Non digo para quentarnos, se non para a industria. Todos ao paro? Todos a fabricar muiños de vento e paneis solares? Unha dúcia de centrales nucleares? (susceptibles a un bombardeo, por certo).

Pinta mal.

Hai unhas semanas parecíame, pensaba eu, que unha "guerra" non lle conviña a ninguén. E con "ninguén" refírome aos de Washington e aos de Moscú, porque as ucranianas van ser que paguen a festa, poñendo mortos, xunto con Europa. Casualmente as guerras sempre pillan lonxe de Washington.

Quede claro, que entrou con tanques en Ucrania foi Rusia. Non é o mesmo ladrar desde o teu lado da cancela que irse meter á leira do veciño. Estou simplificando de máis, non é tan simple, seino.

Unha Delgada Liña Vermella

O mellor que pode pasar? A curto prazo que Putin quede co cacho de Ucrania, ou toda Ucrania. Isto enviaría unha mensaxe ao resto dos seus veciños, e a Europa.

Onde se vai pintar a raia? Quen a vai pintar?

gemlog

/inicio