💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2021-10-05-maf-run-outubro.gmi captured on 2023-11-04 at 11:47:05. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-01-29)

-=-=-=-=-=-=-

🚀/home

gemlog

MAF run de outubro

titulo así, como se fose habitual facer unha carreira (adestramento) a ritmo MAF de xeito regular. E non.

5 de outubro.

erguínme cedo, coma sempre, e ao mirar fóra, estando escuro, o chan estaba todo mollado e chuviscava. Meh! Hoxe non vou correr.

Almorcei, perdín un pouco o tempo non internet, fixen algunha que outra cousa de proveito no internet e logo deron as oito e vin no móbil que había novos episodios de podcast dispoñibles.

Trail Runner Nation podcast

entre elas unha nova conversa de Phil Maffetone con Don e Scott

Can you be fit but unhealthy? TrailRunnerNation Podcast with Phil Maffetone

Trail Runner Nation friend and frequent guest, Dr. Phil Maffetone, helps us understand that health isn’t a simple byproduct of fitness; that fitness can be improved with better health. He explains how we can become healthier and more fit athletes. We refer to an article, “Athletes: Fit but Unhealthy”.

e descargueino, claro, pero non o escoitei aínda 😛

MAF test

Que é e que mide o test Maximux Aerobic Function?

o caso é que me motivou a facer un pseudo MAF test. "Pseudo" porque realmente non fago esto sempre nas mesmas condicións nin coa regularidade que faría máis relevante o resultado do mesmo.

Saio a correr 10km, o primeiro deles de quencemento, moi suave e cómodo e a partir do segundo xa intentando correr ás pulsacións indicadas, sendo honesto e non superándoas.

A ruta é lixeiramente ondulada, cunha subida significativa no medio, polo que non son comparables en dureza tódolos quilómetros (como sería nunha pista de atletismo), pero sendo honesto (repito) sérveme como referencia para ver o estado aeróbico da miña condición física.

Onte estivo ben, sen mellora importante pero dentro dos valores que acado cando "estou ben": 5'38"/km de media nesos nove quilómetros.

Condicións

fun descalzo, claro, e o chan estaba mollado pero non frío. Ao pouco de empezar a correr comezou a orballar así que me mollei como dios manda, pero non tiven sensación de frío. Tampouco esvarei nin notei os pés doridos.

Nos días previos non fixera ningún esforozo que me condicionase e durmín aceptablemente, así que estaba relativamente fresco.

Resumindo

Non hai queixa. Pero isto xa o sabía sen precisar un test nin nada. Cando vou correr, suave, polo monte a veces nin me entero de que vou subindo; ademáis recupero moi ben dos esforzos.

Apunteime a unha carreira!!

pois si, case sen pretendelo, hai unha carreira aquí preto e había prazas libres (raro nestos días onde a xente está ansiosa). Son só 5km, pero para subir 500m.!!!, da praia ao alto do monte en estilo "patapún parriba". Nunca fun, así que será novidade. Xa contarei.

🚀/home

gemlog