💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2021-09-16-traducindo-lagrange.gmi captured on 2023-11-04 at 11:49:50. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-01-29)

-=-=-=-=-=-=-

blog

🚀/home

Traducindo Lagrange ao galego

Hai poucas semanas que comecei a interesarme de xeito activo por [gemini], sendo un proxecto relativamente recente só coñecía da súa existencia porque algunhas persoas estaban abrindo a súa propia cápsula 🚀 e presentando proxecto relacionados para o seu desenvolvemento (servidores, clientes, etc.).

Esta curiosidade fixo que descubrise o simple que é publicar contidos, subindo un ficheiro de texto sen prácticamente formato e descargando a responsabilidade do aspecto ao cliente que utilice a usuaria.

Amfora foi (é) o "navegador" que utilizo por defecto no meu sistema. É un navegador tipo "terminal", con navegación simple utilizando o teclado. Doado e rápido, pero...

bonito non é, hai que dicilo 😊

[Lagrange] é un dos navegadores máis utilizados, cun aspecto sobrio (como corresponde) ofrece unha aproximación á navegación a través de ligazóns e utilizando o punteiro do rato como se fai nas webs.

Está ben Lagrange, mais...

non está en galego!

Mirei no repositorio do código, vin que usaban a súa propia instancia de Weblate e alá contactei con eles para solicitar que habilitasen o idioma galego na tradución.

Un par de horas despois xa está todo activo e podo traducir a interface de usuaria. Son algo máis de 500 cadeas de texto, e se todo vai normal supoño que a finais de mes estará rematada.

Informarei cando se publique ✌

Ligazóns

[Lagrange]

Instancia Weblate de Lagrange

skyjake (desenvolvedora) no fediverso

Amfora

Acerca de Gemini