💾 Archived View for gem.xmgz.eu › diario captured on 2023-07-10 at 13:37:15. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-06-14)

➡️ Next capture (2023-09-08)

🚧 View Differences

-=-=-=-=-=-=-

🚀Inicio

Blog

Diario

Xornal deportivo 2023

Arquivo, anos anteriores.

O que acontece

Subscríbete ás actualizacións utilizando a opción "Novos Titulares"

21 de xuño, mércores

vaia! case un mes!

No news, good news. Supoño.

Desde a outra semana xa fun nadar ao mar, despois de correr un pequeno baño para refrescarme e de paso facer algo de exercicio suave.

Hoxe nadei algo máis de sete minutos seguido a estilo "libre" (croll?) e deime conta mentras nadaba que durante un par de minutos fun relaxado e pensando noutras cousas mentras nadaba: COMO CANDO CORRO. É dicir, non fun pensando na respiración, na técnica, o ritmo, etc. se non que simplemente nadei. Non sei realmente o tempo que foi, pero si fun consciente e entón rompeuse a maxia :D e saín do momento.

Fun a ritmo tranquilo, porque é o mellor para desfrutar e non forzar a técnica.

Con respecto a correr hoxe fixen 3 veces 8 minutos en Zona4, un adestramento bastante intenso (que propuxo o trebello) pero creo que fixen correctamente. Non fun descalzo para non arriscarme a facerme dano, corrín coas sandalias.

28 de maio, domingo

Now Playing: Runnning Up That Hill - Kate Bush. En serio XD

Esta semana foi "average", no sentido de que fixen un pouco de todo aínda que parece que non fixen nada. Foron algo máis de nove horas facendo "algo".

Consecuencia da Andaina vou perder a unlla do dedo gordo esquerdo. Ten un tono morado moi suave, non me doi, pero sei por experiencia que está desaucidada. Irá medrando a nova por embaixo ata que dentro duns meses comece a soltarse. Non me doe, así xa me vale.

Fun andar dúas ou tres veces; corrín dúas veces, unha subindo algo; e fun dar unha volta en bici. Non fixen nada de ximnasia. Average.

Estiven mirando carreiras no Calendario e, realmente, non me motiva ningunha. Está ben. Is it any wonder? - Keane. Esta soando, en serio XD.

22 de maio, luns

o sábado fun á andaina de Brión (50km). Leveino bastante ben, no blog escribo que tal foi

VIII Andaina Montes de Altamira, Brión.

14 de maio

Domingo. Veño de andar dúas horas e media, subir e baixar aquí ao alto co radar. Acabouselle a pila ao trebello, así que non sei os quilómetros que fixen pero máis ou menos 16 (teño ido correr moitas veces esa ruta).

O caso é que a semana ao final quedoume bastante apañada. Comecei con bastante pouco ánimo, sen unha boa actitude en xeral, estaba nun mal _head space_ (como din), pero fixen algo e así agora na finde pillei moral (ánimo) e sumei dous bos adestramentos. Onte sábado dúas horas e cuarto correndo polo monte (793m.) e hoxe fun andar o que dicía.

Hoxe erguinme coa sensación de estar recuperado, con cero sensanción de fatiga muscular (ou na cabeza) despois do de onte. Sentir iso, á miña idade, creo que é moi positivo. Certo que onte non me matei a correr, fun ao xeito do corpo, pero joder, faino ti a ver que che parece XD

Para un día que teño bo ánimo deixame desfrutalo.

A andaina de hoxe serviume tamén para saber que non podo usar este calzado (zapatóns do decatlón) para andainas longas como a da semana que ven.

4 de maio

Aparentemente erguinme sen febre. O luns estiven coa *nena* pillei o virus ou o que fose. Onte fun andar pola mañán un pouco pero xa estaba medio escarallado, pero facía boa mañán e pensei que me sentaría ben. Un par de horas despois xa tiña síntomas de febre e estiven bastante jodido todo o día (medicado).

Hoxe durmín algo mellor e non estou ben, pero non sinto a dor muscular/articular/pel/cabeza... XD

Isto non é moi "deportivo" pero creo que debe constar aquí. A *nena* tamén está ben :D

2 de maio

Martes. Moita marabilla o sábado pero non movín un pé desde entón XD. Por culpa da cabeza, hai que dicilo. O caso é que non tiven gañas de saír nin andar.

Datos de Abril

Fun a unha carreira! :D

1000 Peregrinos, Santiago de Compostela (descalzo 👣)

Desde novembro no ía a ningunha, así que bastante bo foi participar nesta.

Mirando a comparación vexo que fixen "menos de todo". Andar/correr... pouquiño menos, pero fixen moito menos rodillo. De saúde ben, e durmín de xeito máis regular (ou iso sentín, pois non mirei o frío dato).

Esta táboa cos datos a ver cómo se ve en gemini:

|Mes|Andar|Correr|Bici|

|---|---|---|---|

|Abril| 95 | 117 | **45** |

|Marzo| 116 | 129 | 229 |

Editado: pois non pilla o formato para táboas :( Meh! pero vese igual a comparativa.

29 de abril

Sábado. Ao final fun correr pola mañán, subida ao monte polo medio do pinar, escoitando os paxaros e con moi boa temperatura. Sentínme moi CÓMODO E RELAXADO.

Por unha parte estaría ben saber a razón de sentirme así, porque non fixen nada especial, pero é unha sensación agradable de ter máis a miúdo. Non é que non te esforces, pero non require ningún tipo de esforzo mental, por así dicilo.

28 de abril

Venres. A semana pasou sen maior novidade, non me matei moito a correr (só un día uns esprintes e outro de "tempo") e fun andar cando me petou. Saín coa bici, fóra, ao aire, para ver que funcionase ben e poder gardar o rodillo no armario ata outubro.

De saúde ben e comín bastante ao xeito (en termos relativos).

Por certo, merquei un "bañador para ir correr". Si, unha malla de lycra pero moito máis fina que a que tiña do decatlón (remendada). Aínda non nadei con el, pero si fun correr e foi cómodo.

24 de abril

Hai un par de semanas tiven *problemiñas* co servidor (en xeral), así que aproveitando a reinstalación vou facer un pouco de diario "fake".

Onte domingo non fixen nada, menos xogar, e foi abondo porque á noite estaba reventado. Hoxe luns estou mellor, pero co madrugón e tal maldita a gaña que teño de facer nada, nin andar.

20 de abril (faked)

déronme os resultados do recoñecemento médico: todo coma sempre. Ah! non! estou no limiar do sobrepeso (ou obsidade?), cun BMI de 25.

17 abril (faked)

Onte pola tarde (domingo) fun a unha carreira a Santiago. Un calor de mil demoños, pero ben. Desde Negreira non ía unha carreira.

A ver se escribo unha crónica da carreira. Isto por dicir algo, porque tampouco hai novidades que contar.

Carreira 10000 Peregrinos - Santiago Compostela

15 de marzo (faked)

Sigo adestrando ao chou según me peta. Sigo sen apuntarme a carreiras, nin gañas teño.

Non me doe nada tampouco, menos un día aí ou dous que me jodeu o xeonllo esquerdo.

1 de marzo (faked)

Hai quince días tiven un herpes, que según me dixo a doutora librei "con sorte". Xa non noto (case) nada.

31 de xaneiro

aínda non son as 7 e a ver se dentro dun pouco vou correr. As sensacións nos nocellos son positivas, pero a gorxa non sei eu... de noite sécaseme e dóeme ao tragar, teño flema,... estou ben (creo), pero a ver.

Actualización:

Pois foi ben. A nivel cardiovascular costoume un pouco manter as pulsacións baixas, pero tamén teño ese "catarrico ou similar". O pé esquerdo prácticamente normal e no dereito eu creo que xa non me impide, pero noto "algo" e fai que non teña confianza e pise de xeito protector, evitando cargalo.

29 de xaneiro

fun correr pola mañán. Dóeme o nocello dereito, fáltame confianza e seguridade no apoio e modifica a técnica de carreira. Mal, pero moito mellor que hai oito días. No esquerdo non notei prácticamente nada.

facía frío e de noite noite unha sensación rara na gorxa, espero non sexa nada, non me sinto mal.

23 de xaneiro

Pola mañán fixen rodillo, uns cincoenta minutos a bo ritmo; na hora do xantar fun andar cen minutos. Todo co xeonllo esquerdo dorido. Non na rótula, nin ningún dos ligamentos habituais, se non na parte lateral/superior, onde o parece máis ben parte do ligamento do músculo pero non o suprarotuliano. Agora pola tarde estou medio coxo, lóxicamente :(

Pode que se deba a onte ir correndo nunha postura forzada, pero non sabería dicir.

Os nocellos en realidade... melloraron, ou non empeorou en absoluto por ter ir corrido onte. Xa digo que é unha molestia nun sitio raro, onde non lembro ter tido nunca problemas, así que tampouco sei como evaluar a evolución.

22 de xaneiro

non corrín en toda a semana polo mal tempo, e molicie, pero tamén polas extrañas molestias no nocello. O esquerdo aos pouco minutos ía ben, pero o dereito jodeume todo o tempo (45'). Moléstame máis subindo que baixando, e quítame bastante confianza no apoio e non vaia joder outra cousa debido a ir "protexendo" o nocello.

7 de xaneiro

desde novembro non realizo un esforzo digno de tal nome. Sí, sigo activo, pero aínda non teño na cabeza ir a carreiras ou adestrar para algo en concreto. Teño comigo esos dous/tres quilos de máis que normalmente pillo no inverno.

Subscríbete ás actualizacións utilizando a opción "Novos Titulares"

🚀/home

Xornal deportivo