💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-10-25-iv-dubra-trail.gmi captured on 2023-07-10 at 13:26:16. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2023-03-20)
-=-=-=-=-=-=-
cuarta edición do Dubra Trail, que volve tras o parón pola pandemia e nesta ocasión elexiron organizala en Portomouro.
23 de outubro, 2022
A zona de saída/meta/administración estaba na escola de Portomouro, cruzabas ao outro lado do río e xa collías o camiño hacia o sendeiro que segue o curso do río Tambre ata a zona do remuíño, onde están as ruínas dunha antiga central eléctrica.
Ata este punto o recorrido é prácticamente chan (pódese facer andando ou en bici en calquera época do ano), pero entón comezamos as dúas subidas significativas. A primeira máis longa, por pistas con bastante inclinadas e a segunda, ata o Castelo de Portomeiro, que incluía unha trepada final (con corda fixa por seguridade).
Desde ahí o desnivel era moi favorable con algunha subidiña pequena e empinada para volver á vila. Tanto nesta baixada como na zona entre as subidas había tramos moi bonitos (e técnicos) seguindo o curso duns regueiros e zonas de muíños.
Copio e pego o que puxen no diario
onte fun correr o Dubra Trail, máis pendente dos dous andaríns que da miña carreira. Preocupado porque chovía moito, ventaba moito, e había un par de subidas e baixadas onde podías caer e levar un golpe. Non fun tranquilo en todo o día. Personalmente non tiven problema, pero tampouco é que me sentise forte. Non lle quero botar a culpa á cabeza, pero algo seguro que influíu. O recorrido era ameno e variado, coa zona zo río e o remuíño, a fervenza en todo o seu explendor, as vistas desde o alto, ...
Fixo un día de vento e chuvia, pero non frío, polo que o levamos ben dentro do que cabe. Esto fixo un pouco máis técnico e complicado o recorrido, pero non foi excesivamente duro e era bonito de correr, sen nada que envexar a zonas máis coñecidas (dentro desto de correr).
A organización foi moi correcta en canto á sinalización e seguridade da ruta, avituallamentos nos lugares indicados, axilidade na recollida de dorsais, etc. Son moitos meses preparando o evento e notábase.
A nivel particular podo dicir que "desubrín" algún camiño que non coñecía, vin caer auga da fervenza que baixa de Bachao como nunca a vira 😍, e non levei un golpe. Algo de frío pasei co vendabal que habia nos altos, pero foron poucos minutos e non foi a máis. Como digo arriba, fun algo preocupado todo o tempo, o que me impideu ir algo máis relaxado, pero ben está o que ben acaba e puidemos desfrutar todos xuntos sen problema dos callos e rosca que había na meta.
comida final no patio da escola
~~~
CC BY-SA
creado con gemgen a partir de markdown