💾 Archived View for gem.xmgz.eu › diario captured on 2023-05-24 at 18:04:28. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-04-26)

➡️ Next capture (2023-06-14)

🚧 View Differences

-=-=-=-=-=-=-

🚀Inicio

Blog

Diario

Xornal deportivo 2023

Arquivo, anos anteriores.

O que acontece

Subscríbete ás actualizacións utilizando a opción "Novos Titulares"

22 de maio

o sábado fun á andaina de Brión (50km). Leveino bastante ben, no blog escribo que tal foi

VIII Andaina Montes de Altamira, Brión.

14 de maio

Domingo. Veño de andar dúas horas e media, subir e baixar aquí ao alto co radar. Acabouselle a pila ao trebello, así que non sei os quilómetros que fixen pero máis ou menos 16 (teño ido correr moitas veces esa ruta).

O caso é que a semana ao final quedoume bastante apañada. Comecei con bastante pouco ánimo, sen unha boa actitude en xeral, estaba nun mal _head space_ (como din), pero fixen algo e así agora na finde pillei moral (ánimo) e sumei dous bos adestramentos. Onte sábado dúas horas e cuarto correndo polo monte (793m.) e hoxe fun andar o que dicía.

Hoxe erguinme coa sensación de estar recuperado, con cero sensanción de fatiga muscular (ou na cabeza) despois do de onte. Sentir iso, á miña idade, creo que é moi positivo. Certo que onte non me matei a correr, fun ao xeito do corpo, pero joder, faino ti a ver que che parece XD

Para un día que teño bo ánimo deixame desfrutalo.

A andaina de hoxe serviume tamén para saber que non podo usar este calzado (zapatóns do decatlón) para andainas longas como a da semana que ven.

4 de maio

Aparentemente erguinme sen febre. O luns estiven coa *nena* pillei o virus ou o que fose. Onte fun andar pola mañán un pouco pero xa estaba medio escarallado, pero facía boa mañán e pensei que me sentaría ben. Un par de horas despois xa tiña síntomas de febre e estiven bastante jodido todo o día (medicado).

Hoxe durmín algo mellor e non estou ben, pero non sinto a dor muscular/articular/pel/cabeza... XD

Isto non é moi "deportivo" pero creo que debe constar aquí. A *nena* tamén está ben :D

2 de maio

Martes. Moita marabilla o sábado pero non movín un pé desde entón XD. Por culpa da cabeza, hai que dicilo. O caso é que non tiven gañas de saír nin andar.

Datos de Abril

Fun a unha carreira! :D

1000 Peregrinos, Santiago de Compostela (descalzo 👣)

Desde novembro no ía a ningunha, así que bastante bo foi participar nesta.

Mirando a comparación vexo que fixen "menos de todo". Andar/correr... pouquiño menos, pero fixen moito menos rodillo. De saúde ben, e durmín de xeito máis regular (ou iso sentín, pois non mirei o frío dato).

Esta táboa cos datos a ver cómo se ve en gemini:

|Mes|Andar|Correr|Bici|

|---|---|---|---|

|Abril| 95 | 117 | **45** |

|Marzo| 116 | 129 | 229 |

Editado: pois non pilla o formato para táboas :( Meh! pero vese igual a comparativa.

29 de abril

Sábado. Ao final fun correr pola mañán, subida ao monte polo medio do pinar, escoitando os paxaros e con moi boa temperatura. Sentínme moi CÓMODO E RELAXADO.

Por unha parte estaría ben saber a razón de sentirme así, porque non fixen nada especial, pero é unha sensación agradable de ter máis a miúdo. Non é que non te esforces, pero non require ningún tipo de esforzo mental, por así dicilo.

28 de abril

Venres. A semana pasou sen maior novidade, non me matei moito a correr (só un día uns esprintes e outro de "tempo") e fun andar cando me petou. Saín coa bici, fóra, ao aire, para ver que funcionase ben e poder gardar o rodillo no armario ata outubro.

De saúde ben e comín bastante ao xeito (en termos relativos).

Por certo, merquei un "bañador para ir correr". Si, unha malla de lycra pero moito máis fina que a que tiña do decatlón (remendada). Aínda non nadei con el, pero si fun correr e foi cómodo.

24 de abril

Hai un par de semanas tiven *problemiñas* co servidor (en xeral), así que aproveitando a reinstalación vou facer un pouco de diario "fake".

Onte domingo non fixen nada, menos xogar, e foi abondo porque á noite estaba reventado. Hoxe luns estou mellor, pero co madrugón e tal maldita a gaña que teño de facer nada, nin andar.

20 de abril (faked)

déronme os resultados do recoñecemento médico: todo coma sempre. Ah! non! estou no limiar do sobrepeso (ou obsidade?), cun BMI de 25.

17 abril (faked)

Onte pola tarde (domingo) fun a unha carreira a Santiago. Un calor de mil demoños, pero ben. Desde Negreira non ía unha carreira.

A ver se escribo unha crónica da carreira. Isto por dicir algo, porque tampouco hai novidades que contar.

Carreira 10000 Peregrinos - Santiago Compostela

15 de marzo (faked)

Sigo adestrando ao chou según me peta. Sigo sen apuntarme a carreiras, nin gañas teño.

Non me doe nada tampouco, menos un día aí ou dous que me jodeu o xeonllo esquerdo.

1 de marzo (faked)

Hai quince días tiven un herpes, que según me dixo a doutora librei "con sorte". Xa non noto (case) nada.

31 de xaneiro

aínda non son as 7 e a ver se dentro dun pouco vou correr. As sensacións nos nocellos son positivas, pero a gorxa non sei eu... de noite sécaseme e dóeme ao tragar, teño flema,... estou ben (creo), pero a ver.

Actualización:

Pois foi ben. A nivel cardiovascular costoume un pouco manter as pulsacións baixas, pero tamén teño ese "catarrico ou similar". O pé esquerdo prácticamente normal e no dereito eu creo que xa non me impide, pero noto "algo" e fai que non teña confianza e pise de xeito protector, evitando cargalo.

29 de xaneiro

fun correr pola mañán. Dóeme o nocello dereito, fáltame confianza e seguridade no apoio e modifica a técnica de carreira. Mal, pero moito mellor que hai oito días. No esquerdo non notei prácticamente nada.

facía frío e de noite noite unha sensación rara na gorxa, espero non sexa nada, non me sinto mal.

23 de xaneiro

Pola mañán fixen rodillo, uns cincoenta minutos a bo ritmo; na hora do xantar fun andar cen minutos. Todo co xeonllo esquerdo dorido. Non na rótula, nin ningún dos ligamentos habituais, se non na parte lateral/superior, onde o parece máis ben parte do ligamento do músculo pero non o suprarotuliano. Agora pola tarde estou medio coxo, lóxicamente :(

Pode que se deba a onte ir correndo nunha postura forzada, pero non sabería dicir.

Os nocellos en realidade... melloraron, ou non empeorou en absoluto por ter ir corrido onte. Xa digo que é unha molestia nun sitio raro, onde non lembro ter tido nunca problemas, así que tampouco sei como evaluar a evolución.

22 de xaneiro

non corrín en toda a semana polo mal tempo, e molicie, pero tamén polas extrañas molestias no nocello. O esquerdo aos pouco minutos ía ben, pero o dereito jodeume todo o tempo (45'). Moléstame máis subindo que baixando, e quítame bastante confianza no apoio e non vaia joder outra cousa debido a ir "protexendo" o nocello.

7 de xaneiro

desde novembro non realizo un esforzo digno de tal nome. Sí, sigo activo, pero aínda non teño na cabeza ir a carreiras ou adestrar para algo en concreto. Teño comigo esos dous/tres quilos de máis que normalmente pillo no inverno.

Subscríbete ás actualizacións utilizando a opción "Novos Titulares"

🚀/home

Xornal deportivo