💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-10-07-project-hail-mary.gmi captured on 2023-05-24 at 17:54:27. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2023-03-20)
-=-=-=-=-=-=-
Autor: Andy Weir
project Hail Mary, portada
O autor repite a fórmula de El marciano, sen rubor.
O Sol apágase!! A nosa estrela, de xeito case imperceptible pero acelerado, cada vez quenta menos. A enerxía que chega á Terra vai diminuíndo e as perspectivas son catastróficas para as vindeiras décadas. O cambio no clima do planeta desencadeará un horizonte de sucesos que provocará cambios para a vida no planteta nunca vistos. Nunca.
Sendo inevitables a curto prazo, un esforzo concertado das autoridades mundiais intentará atopar un xeito de minimizar as desgracias e, a longo prazo, atopar unha solución (se existise e fose viable).
A causa do problema descúbrese axiña, a solución... imos ter que enviar unha nave espacial tripulada nunha misión crítica.
un libro entretido e fácil de ler.
A fórmula de El Marciano repítese de xeito demasiado evidente. Resulta entretido, e con coñecementos de ensino secundario podes desfrutar lembrando aquelas asignaturas de física e química. Parecese que entendes algo.
Os problemas sucédense, tanto na liña temporal pretérita onde se prepara a misión espacial, como no presente do protagonista, e ímolos solucionando aplicando a lóxica científica. O autor presenta o problema, a urxencia en solucionalo, e finalmente como os nosos heróes atopan un xeito de saír do apuro. Ou non.
O libro é fácil de ler, podes ler aos poucos sen problema de perder o fío da historia xa que non ten dobleces no argumento, nin significados ou reflexións que requiran un nivel de concentración elevado.
Non hai que ser moi listo tampouco para darse conta da analoxía coa situación actual do clima no planeta, de etimoloxía diferente á da novela, pero cun destino parecido.
testing hastags feature: #libros #novela #books #scifi #cienciaficción #andyweir #hailmary
documento creado con gemgen (python script)