💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-08-17-finding-ultra.gmi captured on 2023-04-26 at 13:15:02. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2023-03-20)
-=-=-=-=-=-=-
Rejecting Middle Age, Becoming One of the World's Fittest Men, and Discovering Myself
Vou describir o libro, o que conta nel, non vou xulgar a Rich nin a súa vida.
Rich nace nun entorno familiar americano estereotípico. Pai que traballa de avogado para empresas e posteriormente para a administración e nai profesora, vive en varias cidades e afortunadamente deixou o sistema público de educación e foi a colexios de pago.
Aquí un comentario malicioso: para finalmente ser un alcólico.
Despois puido acceder ás mellores universidades grazas ao seu nivel deportivo como nadador (foi a Standford).
Rich é unha desas persoas agraciadas pola lotería da xenética (opinión miña), porque pasando toda a súa xuventude alcólico estaba adestrando e competindo a nivel nacional en competicións de natación. Nota: ese nivel "nacional" é prácticamente nivel "olímpico", como referencia tomemos as persoas coas que adestraba e competía.
Digo que é un agraciado porque se a súa natación fose pouca cousa, resulta que, aparentemente, un día bota a correr e fai cinco horas polo monte case sen enterarse. Cun flow mental envexable.
As licenzas artísticas son admisibles, pero parecese que calquera pode facer eso así sen prácticamente adestrar.
As persoas dotadas coas condicións naturais axeitadas si que fan esto, pero non é o normal.
Xusto ao comezar o instituto (ou en Standford?) proba o alcol e el mesmo di que xa non tivo volta atrás.
A primeira parte do libro conta a miseria e mentira que supoñía o alcol na súa vida. Intentando que non afectase á súa vida deportiva e educativa, finalmente acabou coa súa carreira como nadador de elite e a duras penas puido titularse en dereito.
Tocou fondo realmente, rompendo lazos familiares, botando a perder unha carreira de avogado con boas referencias e traballo.
Grazas ao internamento nunha institución para persoas adictas, grazas a manterse sobrio, e a asumir a súa condición de alcólico e a responsabilidade da súa vida, puido comezar a saír do burato.
Foi unha década perdida.
Coñeceu a que sería a súa dona, fundou a súa recuperación física e mental nunha alimentación coidada, sendo vexetariano ao comezo e vegano finalmente (sen ningún producto de orixe animal) acadou grandes éxitos a nivel personal e deportivo en probas de resistencia de tipo triatlón.
To her immense credit, Julie had never nagged me to change my ways. [...], she understood a crucial spiritual principle I'd yet to grasp. You can stand in the light. And you can set a positive example. But you simply cannot make someone change.
fonte da cita.
Unha epifanía na véspera do seu 41 aniversario foi a chispa que iniciou a súa transformación física e mental hacia o estado actual de influencer do biohacking vegano.
O seu caso é que pode facer todo o que fai sendo vegano, cando parece antiintuivo atendendo á corrente mainstream sobre osrequisitos de alimentación para poder selo.
Sabendo o que sei do mainstream, pois doulle credibilidade á súa historia. Non é que eu teña interese en imitala, en ningún aspecto, pero doulle crédito.
No libro conta algunha das súas probas deportivas máis destacadas. Canto sufriu, canto adestrou, os sacrificios familiares, os equilibrios entre vida deportiva e persoal, ... pouco me interesou esta parte, pero sempre se aprende das experiencias doutras persoas.
o libro que lin é unha edición revisada e actualizada onde o autor detalla polo miúdo o seu estilo de vida vegano, a xestión psicolóxica de tódolos aspectos da súa vida, presenta uns amplos capítulos que nos dan unhas endereitas para atopar o noso propio camiño na vida, desde a introspección e análise cunha mente clara grazas á alimentación (vegana).
Remata o libro con ducias de receitas veganas para axudarnos a ser un atleta sano se decidimos alimentarnos como el e evitar as posibles eivas ou problemas que poderían aparecer.
A parte das receitas non a lin. A parte de autoaxuda lina por enriba. Consideroa interesante, non di nada raro e propón a honestidade e coñecemento respecto dun mesmo.
As súas xestas deportivas... lin un par delas, pero comezaron a ser repetitivas.
O máis interesante foi a súa infancia e xuventude, as dificultades de conxugar educación/natación/alcolismo nunha combinación imposible que case o leva á morte. E como saíu de ahí.
É un libro fácil de ler e bastante ben editado. Se a forma de alimentarte é semellante á túa, ou así consideras facelo, tamén me parece un recurso moi completo e interesante para reforzar os túas crenzas.
Respecto desto último, podería traerche libros de grandes logros deportivos grazas a formas de alimentarse que son totalmente opostas. Tampouco ahí me atoparás.
--------------------------------------------------------------------------------
creado con gengem desde a publicación orixinal na web