💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022-01-21-unllas-negras.gmi captured on 2023-04-26 at 13:18:29. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2023-01-29)

-=-=-=-=-=-=-

🚀/home

gemlog

Unllas negras

Se corres habitualmente resulta case inevitable que nalgún momento algunha das unllas dos pés virasen "negras". Non pola terra ou lixo, que tamén; ou por un golpe, que tamén; se non polo hematoma, o derrame de sangue que se produce por unha compresión excesiva da unlla (e o dedo), polo roce contínuo contra a tela da zapatilla.

Causa principal

Unhas zapatillas dunha talla incorrecta, demasiado axustada, é o factor decisivo para que se produza este problema.

Cando mercamos unhas zapatillas miramos que corramos máis rápido (!!), que nos gusten, que luzan ben, que sexan cómodas... pero cando as probamos na tenda estamos en repouso. Este é un factor moi importante, pois ao correr o fluxo de sangue nos pés é maior facendo que o volume dos mesmo aumente e por tanto a presión que exerce a zapatilla sobre delas. Igoal que se usas uns calcetíns máis gordos notarás máis presión.

Coa moda de deseño actual (!) o espazo para que os dedos se expandan de xeito natural na pisada está moi reducido respecto do desexable. Fabricantes como Altra, Merrell, etc. teñen moitos modelos que atenden a mellorar este aspecto (darlle máis sitio aos dedos), pero o habitual é que vaian comprimidos como sardiñas en lata.

Correndo polo monte, con desnivel, esta presión vese incrementada respecto a correr por rúas que son chans ou cun desnivel lixeiro. Baixando pola ladeira empinada o pé en cada zancada deslízase un pouquiño cara adiante, empiorando a situación.

O caso

Pois o caso é que correndo descalzo, con sandalias ou con zapatillas de dedos non tes este problema.

Igoal tes outros, pero este non 🤣

En novembro fun a unha carreira, e pode que xa uns días antes mancase o pe, pero na carreira (con zapatillas) notei incomodidade nas unllas do dedo gordo. Teño ansia de levalas recortadas para minimizar a probabilidade deste problema, pero coñécese que non foi abondo e unha delas virou negra aos poucos días. A día de hoxe (dous meses) despois xa por debaixo está a unlla sana, pero por enriba aínda non se desprendeu a antiga.

Nesta ocasión non cursou con dor, nin tan siquera nos primeiros días, pero hai que ter moito coidado coa posible infección.

Solución

se este problema é recurrente, proba o seguinte:

- correr descalzo ✌️

- correr con sandalias

- correr con zapatillas de dedos (fivefingers)

- recortar ben as unllas

- protexer as unllas con esparadrapo

- mercar un número máis grande de zapatillas (sobre todo se corres polo monte)

- ao atar os cordóns das zapatillas, ten en conta que uns minutos máis tarde os pés serán máis grandes. Non as apretes demasiado.

De xeito ocasional a todo o mundo lle pasou esto algunha vez, pero podes ter problemas serios se é un problema repetido, pois igual que a presión a sofre a unlla tamén a sobren os osos e demáis estructuras do pé.

🚀/home

gemlog