💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2022_correr.gmi captured on 2022-07-16 at 14:10:48. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2022-06-11)
-=-=-=-=-=-=-
documento gemini creado con gemgen en archlinux desde markdown.
Subscríbete ás actualizacións utilizando a opción "Novos Titulares"
NOTA: Orixinalmente este texto foi publicado de xeito cronolóxico ascendente, pero en xullo, mira ti, cambiei de idea, e usei un pequeno script con sed para darlle a volta. Así que agora, as novidades están arriba de todo, pero o resto igual ten algunha inconsistencia que "por suposto" paso de revisar.
hoxe viña no plan facer 135 minutos en zona 2. Fixen 95 minutos en zona 2 e pico
debo dicir que as zapatillas parecen axeitadas: cero problemas, nin apreturas, nin sensación de roce. Incluso para o dedo pequeno do pé dereito. Ben.
Comecei cómodo, fácilmente dentro de zona2. Era xa algo tarde (9:30AM) e temperatura aguantaba, pero xa non facía fresco. Ata o quilómetro cinco ou seis fun con sensacións normais pero a partir de ahí empecei a notar como a tripa revolta, non o estómago, se non o intestino. Comecei a sentirme incómodo. As pulsacións aumentaron pero creo que foi porque a temperatura tamén o facía, sobre todo notábase nas zonas onde non había sombra. Creo que estariamos arredor dos 24ºC, que non é demasiado, pero quenta.
Así, decidín ir indo e facer menos tempo do acordado, non ven ao caso intentar facer un adestramento se o estás facendo mal (a estas alturas xa empezaba a comprometer a técnica para ir lento >6'/km.)
Ducheime e non quedei coa sensación que debería, noto (agora que escribo) que acumulei máis fatiga da que correspondería. Tampouco me pasei co esforzo (ver no garmin), pero creo que fixen o correcto.
Pode que a intensidade que fixen os outros días da semana, xunto coa temperatura á que non estou afeito (estou no interior), influísen nas sensacións de hoxe. Agora a descansar se e recuperar, que tamén é complicado cos 34ºC que se esperan. Tampouco estou mal eh! ;)
hoxe estreei os tenis Altra Torin 5, nun adestramento de Intervalos no limiar. Pilleinas agardando sexan acertadas para correr un maratón.
As sensacións foron positivas, sobre todo o upper é moi suave e flexible. Co ancho na zona anterior xa contaba, pero creo que o espazo é bo (en termos relativos aos tenis normais). Pillei un 9 (medio tamaño de máis) e creo que acertei.
Foi positivo non notar que interferisen co arco do pé, pero os cordóns son algo curtos así que teño que ter coidado con non apretalos demasiado (hoxe foi ben). A amortiguación nótase, e o ruído da goma tamén.
onte creei no garmin connect un plan de adestramento de 16 semanas para un maratón, baseado en ritmo cardíaco. Comezo na semana 5, como se houbese un maratón a correr o día 2 de outubro
Estou medio deprimido e sen gañas. Non me pasa nada, pero hai cinco días que non vexo o sol (literalmente) e en parte bótolle a culpa a iso. Que no inverno sexa así pois lévoo mellor, pero esto sácame de quicio. Debería estar afeito, supoño, pero non o levo ben. Van ser as 8AM e aquí estou escribindo, cando debería estar a 20ºC e unha mañán luminosa o que temos é nordés, ceo completamente nubrado e creo que debeu chover/orballar de noite. Lévoo mal.
O do plan, no estado mental que teño, sóname ridículo. A idea é ir facendo e se o levo ben e atopo motivación igual me apunto ao maratón de Coruña, que tampouco me motiva especialmente, pero estaría ben correr un maratón normal por unha vez.
A ver se xunto ánimo e vou correr o que toca hoxe.
Por certo, nas últimas semanas fixen cousas variadas según me apetecían, non estiven parado.
metras escribía deime conta de que desde febreiro do 2020 non corrín ningunha carreira, competencia, indo descalzo. Parecíame raro, pero reviseino e así é. Estou pensando en ir a algunha destas de 10km ou así, por romper a xeira, porque polo demáis maldita a gaña que teño, pero pásala mañán, das a nota un pouco, etc.
cheguei aos 4000 quilómetros correndo descalzo e reseñeino aquí => gemini://gem.xmgz.eu/gemlog/2022-06-01-4000km-descalzo.gmi 4000 quilómetros descalzo.
publiquei a crónica de Portosín en => gemini://gem.xmgz.eu/gemlog/2022-05-25-trail-xtosin.gmi Trail Portosín.
Escribirei a crónica do día (cando me pete).
O que me leva a pensar que non teño NPI de nada e non sei nada tampouco, porque corrín e fixen todo coma sempre e esta vez nin estou coxo nin teño que recurrir ao antinflamatorio de turno.
mércores, e se non o escribín antes foi por non traer o gafe. Despois de correr o domingo en Portosín... non me doe nada! pero nada! Temíalle sobre todo aos xeonllos, que con 1800m. de desnivel o normal é que renxan o martes. Mais pasou o martes e nin pisca de problema. O luns algo de maniotas nos cuádriceps (polas baixadas); a unlla do dedo gordo esquerdo ten unha cor rara e molesta en determinadas posturas. PERO NADA!! 😄
De moral ben, iso si. Ademáis mañán e pasado ven unha onda de calor. O domingo refresca un pouco, pero vaia, tampouco axuda.
O xeonllo esquerdo segue ahí ahí. Non lle tomei nada máis, non coxeo, pero ben tampouco está.
A boas novas son que aínda quedan tres días ata o domingo!! Tempo de sobra para recuperar as boas sensacións. Se non vou a peor, claro.
xoves, a tres días da carreira, teño pingo e flemas varias. Non me sinto mal de ánimo ou forza, pero a cabeza téñoa como atufada (polos mocos e respirar mal). Non me doe a gorxa, pero... tampouco está normal. Esto non é bo. Muscularmente regular, pero non escarallado.
o domingo teño a carreira longa (meh!) e levo dous días con molestia/dor no xeonllo esquerdo. Unha dor desas inespecíficas, que non é incapacitante pero jode. Tomeille antinflamatorio (só un cada día), pero xa me jode, coa boa primavera que levaba, con só molestia por sobreuso cando me pasaba "tres pueblos" algún día. O adestramento está feito, eso non me preocupa nada, pero esta semana era para poder pasear, trote suave tomando o sol, comer, descansar e engordar un pouco incluso 😄 para chegar con gañas de correr ao domingo (esa cabeza!) e o corpo realmente descansado. Pero non, por agora levo tres días coa moral baixa 😐️ (xa antes da dor) e ademáis esta molestia. Meh!
Sentinme bastante ben.
foron uns 10km. nunha hora.
Hoxe pola mañán facía un nordés bastante molesto e estaba nubrado, pero non facía frío, así que funlle facer o que propoñía o reloxo:
onte descansei, realmente non fixen nada. Non tiña problemas físicos, nin me doía nada, nin estaba mal de ánimo, pero non fun nin pasear. Escribo esto porque creo que facía moitas semanas que non tiña un día de descanso real.
ben, recuperei ben. O xeonllo dereito queixouse o martes, pero cun só ibuprofeno chegou. Estou andando sen problema.
agora a estar activo, comer ben e descansar.
quedoume unha semana xeitosa, porque tamén é a última antes da carreira con volume grande. Cheguei ao domingo ben, sen sentir fatiga, e puiden facer un bo adestramento longo (como digo arriba).
Na última baixada, ou na última hora, notaba o xeonllo dereito algo incómodo, así que non pinta ben para as próximas horas, pero correndo non tiven problemas nin nos xeonllos nin muscularmente (o lombo que dicía máis arriba) nin tampouco nos dedos dos pés (creo que os protexín ben co esparadrapo). Os próximos tenis teño que mercalos medio número máis grande, iso si.
Facía sol e algo de calor húmido (sudei moito ao inicio), pero non me agobiou e na zona alta (coa brisa) era un sol agradable. Bebín un litro de auga e dúas galletas/barritas e tampouco sentín necesidade de máis mentras corrín, pero despois pola tarde bebín bastante (por gusto, así que supoño que me facía falta).
onte, domingo, fixen preto de 5 horas (36km con +1400m). Chejoume, tiña gañas de rematar, pero non estaba nin moito menos morto.
Veño de andar. É curioso como cos anos, a experiencia, aprende un a sentir os sinais que che manda o corpo. Deixando a parte que aínda me molesta o talón un pouco, levaba un par de días sentíndome baixo de enerxía. Hoxe síntome con máis enerxía. É unha sensación máis sicolóxica que física, non me sentía canso, se non mentalmente disminuído.
O sábado, hai tres días fun facer un par de horas aquí ao monte: sen problema, aínda que pola tarde estaba algo cansado. O domingo fun paseando pero cunhas zapatillas moi gastadas do Decartón e hoxe (martes) aínda noto o pé esquerdo, no talón, que me doe. Dios queira non me joda o pe ou o aquiles porque se non mecajoendios nas zapatillas (a culpa é miña claro, por poñelas).
Datos de Abril comparados cos de marzo.
Meh. Polo demáis ben, sen problemas aparte dos descritos.
Non lle tomei nada, pero pregúntome de que xeito fixen esta "contractura" ou o que sexa. Tamén teño "gases", ou eructo de xeito pouco habitual. Esto ten que ver coa alimentación, supoño, pero tampouco sabería dicir que comín que me cause esta incomodidade. Igual está todo relacionado: a contractura fai que respire peor ou o que sexa e causa os problemas de gases. Ou non. Que sei.
Levo tres días cunha molestia, en principio muscular, ou así o sinto, na zona que vai do esternón á clavícula, parte do pescozo, algo nas costas, todo no lado esquerdo ⚠️ É muscular 😅 , pois depende sobre todo da posición do pescozo: pasa desapercibido ou jódeme ben. Podo durmir e descansar con normalidade, así que non é maior problema. Fun correr/pasear/bici sen problema, a respiración e o pulso totalmente normais (menos mal tamén, se non menuda paranoia me entraría).
non puxen os datos da semana pasada. Mal. Meh.
Hoxe luns síntome ben físicamente, con algo de fatiga mental, pero non me doe nada.
Corrín coas sandalias, porque case todo era pistas de monte e algo de asfalto, e as unllas agradecéronmo. Notei algo machucados os pés ao final: normal.
Ao final xa tiña gañas de chegar, pero paréceme que inflúe tanto a fatiga real como a psicolóxica (o "saber" que xa estás acabando). Non comín nin bebín nada así que neste aspecto tamén foi un bo adestramento. A mañán era fresquiña, pero saiu o sol e estaba temperado ao mediodía: perfecto para correr.
Confirmei o do outro día, que se vou con cabeza, sabendo onde TEÑO QUE andar e onde podo correr, facendo esa transición a tempo antes de subir demasiado o esforzo, entón, todo irá ben durante moitos quilómetros. Só foron 900 e pico metros de desnivel, pero xa é algo.
Cando cheguei ao alto sentía que non tivera que esforzarme, que fora ao xeito do corpo, así que tirei para facer quilómetros. Con dúas horas non sentía fatiga en absoluto, e podo dicir que ata as 3h fun con esas sensacións.
Onte (domingo) fixen un bo adestramento. A idea era facer preto de tres horas, ao ritmo de carreira sostible. Supoñía que me tocaría sufrir un pouco, pero fixen 3h 36' puidendo manter boas sensacións ata case ao final.
Con sorte o ibuprofeno farame pronto efecto, pero nun par de días (se me pasa a dor) só darei paseos e bicicleta. Son complicacións agudas, aínda que algo recurrentes, pero non crónicas.
Dóeme o xeonllo esquerdo. Aínda non lle tomei nada, pero voullo tomar despois no xantar. Fun andar cedo, a ver se así quencía e me pasaba, pero non. Ademáis, molleime e pasei algo de frío (case non sentía as mans para abrir a porta). Ducheime, pero entre a dor, o frío e durmir pouco xa estou de mal humor.
Pois nada, que agora recupere ben (non sei se machucaría outra vez a unlla grande esquerda) e procurar seguir igual. A ver se pillo un domingo e fago cinco horas ou así, tranquiliño.
O que aprendín é que con cabeza e correndo con xeito podo chegar lonxe. Sufrir xa me vai tocar pronto, pero canto máis poida retrasalo pois mellor. Fixen ben os cambios de correr a andar. Terceiro, tamén bebín con tino, repartindo ben a auga e iso que apretaba algo o calor (para ser abril). Comín tranquilo unha galleta e un plátano nos dous avituallamentos, tampocuo sentín fame (pero esto é habitual).
A carreira foi ben, mellor do agardado e aprendín algunhas cousas. Libre de levar un golpe tampouco pensaba que non fose chegar a meta ou que me dera unha volta, pero esperaba "sufrir" máis, ou sufrir algo! E non foi así. Saín atrás de todo tranquilo e deixándome levar, falando coa xente (xa está aquí o pesao!!), mirando a paixase, notando o cheiro de árbores e flores, vendo unicornios e arcos da vella, etc. etc. O caso é que me deixei ir "sen forzar", non fun de paseo, pero sí cómodo. Nos tramos de correr puiden correr (suave) e nas subidas notaba que podía andar con certa forza. Cheguei ao punto máis alto da ruta, onde quedaban 4 ou 5 quilómetros e entón decidín subir un punto a intensidade e intentar adiantar a uns fulanos que vía aló ao lonxe. Aquí ao final si que me apretou un pouco máis, pero como xa era o final non tiña problema con asfixiarme un puntiño. Cheguei bastante enteiro a meta.
A ver, resumindo: o mércores un paseo e un pouco de barefutismo; xoves nada; venres unha voltiña en bicicleta cun bo apretón (un só, duns 10 minutos, pero apretón serio); sábado andaina moi agradable pola mañán en Carnota; sábado pola tarde, xogar con persoas de curta idade pero que non paran un puto minuto :-\* ; domingo, a carreira na Pobra.
Esta finde vou correr á Pobra, campionato de Galicia de Trail, así que non hai que pasarse.
o da bicicleta foi porque fixen o circuito de 80km. o domingo. O resto foi o normal, sen problemas físicos, estivo ben subir un pouquiño a media de pasos diarios.
Na hora do xantar víñame ben ir correr un pouco, amodiño. Pero non tiña gañas. Xantei e durmín a siesta 😋
fun andar pola mañán cedo, facía moito vento pero andiven a bo ritmo escoitando un pouco de chunda-chunda.
Con esto quero dicir que foi unha finde bastante completiña a pesar de non ter saído a correr. Sentínme ben e animado e dame azos para seguir facendo as cousas deste xeito, porque o xoves (ou venres?) subín un par de veces ao monte e tamén con boas sensacións, e recuperando axiña.
o domingo pillei a bici e fixen a ruta circular pola costa, 80km con 1500m. de desnivel positivo. Foron aproximadamente tres horas e media. Non o sei exacto porque o Garmin fallou aos 30km., pero o caso é que fun con boas sensacións, facendo andar a bicicleta en todo momento, incluso co aire en contra molesto que había na zona alta (ou na recta hacia a costa).
o sábado pola tarde fixen unha andaina longa subindo ao monte, case tres horas a ritmo xeitoso.
Esta finde:
Apunteime á andaina de Carnota o sábado e o domingo ao Campionato Galego de Trail. Motivación Cero (para o Trail) pero son 25km con 1400m de desnivel que me poden vir ben... se teño paciencia e corro ao xeito, como se fose un adestramento, e non a lo loco. Non mirei o perfil nin nada, pero coñezo o lugar, así que máis ou menos xa imaxino como é a cousa. Oxalá faga algo de sol e calor, porque eso si que me viría ben practicalo. Fixo un inverno suave, pero os primeiros días de calor real sempre se notan ao correr (refírome a preto de 25ºC e sol).
hoxe fixen case unha hora de bicicleta no rodillo pola mañán e despois de xantar fun andar outra hora e pico. Ben. Non durmo tanto como quixera. Mal.
A idea nesta semana é facer un adestramento longo no domingo, sexa correndo ou en bici (a ver cómo está o tempo, pois dan algo de chuvia).
Tanto a semana anterior como esta fixen bastantes minutos de intensidade baixa, repartindo entre tódalas actividades. Onte subín ao monte un par de veces, con ritmo pero con marxe, e fun bastante cómodo.
o tempo vaise compoñendo, son os días máis longos e pola mañán xa non fai tanto frío (incluso con vento).
Se asimilo ben o esforzo e descanso creo que pode ser un adestramento produtivo. Veñen uns días de frío e chuvia (según din), así que farei rodillo e paseos.
hoxe funlle quitar a "carbonilla" á inyección :D Non fixen nada especial, simplemente aproveitei as costas para subilas prácticamente a tope, recuperando entre elas con trote suave. Non foron "esprintes", se non esforzos intensos e prolongados (entre 2 e 7 minutos). Non me sentín especialmente mal, ou pensaba que sería peor, pero puiden manter a intensidade bastante ben.
Onte saín correr un anaco, así que quedaronme dous días xeitosos.
hoxe fun en bici, algo máis tempo do que tiña pensado. Mentalmente fíxoseme algo longo, pero físicamente non achiquei especialmente, ou polo menos foi a sensación que tiven cando xa estaba chegando a Belén (con gañas de rematar pero non sen forza).
Teño que mirar de axustala ben, porque no pé esquerdo a cousa vai perfecta, sen unha marca.
Fun con sandalias, como onte, pero hoxe sen calcetíns e fixen unha rozadura no pé dereito. Eu creo que é porque están as correas máis frouxas e por tanto o pé esvara máis e roza. Pero tamén pode ser polo xeito diferente en que flexa respecto do esquerdo (esto é algo obxectivo, vese claramente en repouso).
si, onte fun correr. Fixen o mesmo recorrido de hoxe (10km. con lixeiro desnivel) pero hoxe fun moito máis cómodo e relaxado, puiden manter moi facilmente o pulso baixo o limiar MAF (incluso subindo, amodiño).
Son as 7AM. Non chove nin fai frío, así que aproveitarei a facer unha hora suave.
Estiven mirando e non sei se irei a algunha carreira de aquí á de Portosín, non vin nada xeitoso ou que me apeteza, así que igoal só adestro. Está ben, tampouco teño moitas gañas de ir a carreiras.
onte fixen rodillo e fun andar un anaco. Xa na finde me sentín recuperado (pero estiven ocupado), pero onte notei esa sensación de estar completamente recuperado da carreira do domingo. É esa sensación de relaxación, da forma de respirar incluso, máis alá da sensación de cansanzo (ou non) muscular.
uf! os pasos quedaron moi curtos, xusto por enriba do limiar obxetivo. O do peso tampouco hai que facerlle moito caso.
non acabo de botar fóra o catarro. Estou "ben" e todo eso, pero noto pesadez no nariz, cabeza, ollos, como se non botase fóra todo o "moco" ou flema. Onte fun pasear e fixen 50' rodillo, sentinme ben, pero en xeral non estou "ben". Non sei como dicilo. Bah!
durmín máis, probablemente por estar enfermo.
Puiden correr sen problema, ou sen sensacións diferentes ás que corresponderían se non tivese o arrefriado, así que supoño que non pasou a maiores. Hoxe luns estou escarallado, iso tamén.
o paracetamol do outro día fixo efecto (ou foi suficiente), o caso é que non foi o último da semana, porque o xoves xa estaba regular e o venres jodido, cun bo "catarro". Non fixen test de antíxenos porque quen me pegou a peste fíxoo e deu negativo, así que deducín que así sería comigo. Ben, o caso é que febre non pillei, ou foi pouca, e só estiven relativamente jodido (grazas ao paracetamol). Respiraba moi mal polo nariz, iso si, pero o sábado xa non lle tomei nada e o domingo amencín con sensacións bastante normais, así que tirei para Ribeira a correr.
luns, onte domingo.
Hoxe amencín jodidillo do xeonllo dereito, tomeille un paracetamol a ver se vou tirando, pero vese que o corpo nota os esforzos (normal). Polo demáis síntome recuperado (stamina).
esquecín poñer que durante a carreira, na última subida, comezou a cargárseme a parte baixa do lombo. Non era dor, non me limitaba en absoluto, simplemente notei que lle estaba pedindo un esforzo superior ao habitual. Escribo esto só para que conste e dedique un pouco máis de tempo a fortalecela, non vaia ser que quede teso coa dor nunha desas carreiras máis longas (nunca me pasou).
Vou facer unha semana moi suave, sen un esforzo de máis, a ver se o domingo en Ribeira podo ir con boa intensidade toda a carreira (é curta).
Polo demáis hoxe xa me noto con máis enerxía. Aínda me erguín un poco "molido" pero ben, sen molestias nin dor. Creo que estivo ben atallarlle onte co antinflamatorio cando a dor/molestia só chegaba ao tres pero "tiña mala pinta".
TL;DR: non levei un golpe e acabei contento.
publiquei a lembranza da xornada do domingo no blog
Mañán vou correr con mallas longas, que dan mal tempo con frío :(
Merquei un pantalón curto no decatlón, de tecido bastante bo (aparentemente), estreeino hoxe e queda algo xusto, pero non se retorce nin se mete no cu, así que ben. Ten un bo bolsillo nas costas tamén.
mañán vou correr a Ortigueira (Couzadoiro). Xa estaba previsto que esta seman fose máis tranquila, pero o martes tiven dor nos xeonllos, incluso tiven que botarlle un antinflamatorio. Fixen bicileta (no rodillo) e fun andar dúas ou tres veces. Hoxe pola mañán fun correr 40' (descalzo) e as sensacións foron as habituais.
meh, volvín a durmir o de sempre :(
pois nada, algún día tiña que ser (como estaba previsto). Hoxe erguinme jodido dos DOUS(!) xeonllos. Non me preguntes por que porque non o sei, ou polo menos non vexo causa evidente. Entendo que é o de sempre: acumulación de esforzos/desnivel etc. sen ter a suficiente forza, pero vaia, é raro que me ataque ás dúas á vez. Aguantei máis ou menos ata a hora do xantar pero mediquei cun ibuprofeno a ver se é suficiente (entendo que si). Desde primeiros de decembro non me fixo falta, así que tampouco me vou queixar.
Como me sinto ben (en xeral) vou procurar comer e descansar, facer adestramentos suaves durante toda a semana para chegar ven á carreira do domingo que ven.
A razón pola que me sentín así probablemente sexa unha combinación de dous factores. O principal foi o adestramento de onte, máis intenso e rápido do habitual. A segunda, estar todo o día metido na casa (por vontade propia) vendo a televisión. Sobre todo bótolle a culpa ao primeiro factor, que non lle dei tempo ao corpo a asimilalo.
Enseguida decidín que non era o día de forzar, que non tiña sentido, así que fun indo e afrontei a saída como "aprender a manexar esta situación". Non mirei os datos nin o pulso nin nada, pero debín facer arredor de hora e media (correndo e andando nas costas), sen mellorar as sensacións de forza pero tampouco sen maior problema.
fotos durante a saída desta mañán.
fotos durante a saída desta mañán
Sentíame ben, e síntome ben, pero xa desde o inicio, por terreo chan e indo moi tranquilo, non tiña sensación de fluídez e comodidade. Foi comezar a subir e notar as malas sensacións, como se me faltasen un par de marchas.
unha mañán de domingo fermosa para correr. Tiña pensado facer arredor de dúas horas e media pero pronto cambiei de idea.
Mañán dan bo tempo, así que igual pola mañán salgo a dar unha volta ao monte, un par de horas pero suaves.
Fun con zapatillas (NB azúis) relativamente cómodo pero os dedos rózanme. Espero non terme mancando.
Hoxe facía fresco pero fixen o adestramento que me propuxo o trebello: 24 minutos a 165 ppm, que debe vir sendo o "limiar". Fíxeno sen problema, aínda que a sensación era de esforzo, como o "ritmo de 10k" poderíase dicir. Non era fácil.
a semana foi ben, sen moito que contar, facendo algo de bici, andando e un día subín dúas veces ao alto do monte.
pola mañán fun andar e facía un frío de carallo, así que fun a paso vivo XD
si, durmín máis. Xa me dei conta.
só veño traer
Claro, hai que sumarlle a hora que me levou chegar alí (fun tranquilo), e os 40' da volta (a fume de carozo). Quero dicir que non foi só un "paseo", que tamén me valeu. Vou facer algo de rodillo agora despois de publicar a entrada no blog e escribir isto.
"Visibilizando o uso da bicicleta na cidade"
onte foi unha bonita xornada paseando por Compostela
Foi un esforzo que me deixou boas sensacións, e refírome ás sensacións porque realmente non sei o tempo que me levou (nin me importa).
Outro problema foron as sandalias, que en mollado non podo ir por pendentes fortes, así que alonguei un pouco máis a baixada para facer tempo e volvín directo á ducha.
Estaba mollado coma un pito, pero ao non darme o vento podía conservar o calor xerado ao correr. Menos mal.
O problema estivo cando chegando xa ao mirador notei que o vento aumentara bastante e notei algunhas pingas de auga. Sorte que para entón xa entrara en calor polo esforzo e leveino relativamente ben, pero pasei frío ata o alto e ata que comecei a baixar a lado de sotavento.
Realmente estábase ben, nin pisca de frío. Subín ata arriba con bastantes boas sensacións dentro do esforzo, non me sentín forzado, se non respirando con tranquilidade. O tramo de escaleiras foi andando, e algún tramiño moi pequeno e empinado, pero fixen case toda a subida trotando.
Ventinme como se fose no mes de maio: camiseta de plástico de manga curta; sandalias sen calcetíns e pantalón curto.
Erguínme cedo (como se fose unha novidade) e nin facía vento, nin chovía, nin facía frío. Animeime a saír facer o adestramento forte (intenso, esixente, you name it) subindo un par de veces ata o alto.
Menuda molladura pillei hoxe. Coma un pito.
Ben. Menos que a outra semana, ou a anterior, pero ben. Non me doe nada e fun ao xeito.
durmín bastante, máis ou menos como a anterior. O que fixen foi moitos menos pasos, principalmente por non ir pasear.
Estou mellor de ánimo. Non é que estivese mal, pero síntome algo máis positivo en xeral. Apunteime a ir correr a Couzadoiro. Non o dixera? (non me leo nin eu). Pois iso, que volvo por alí a facer a distancia de 25km, que me ha chegar.
Ao final non foi nada. O sábado pola mañán xa fun correr ao monte, o domingo descansei (chovía ben, que carallo) e hoxe fixen unha hora de rodillo a bo ritmo.
hoxe case durmín 8 horas, o cal non estaría mal se non fose porque me erguín cunha boa dor de cabeza (de ollos máis ben). Cas horas foi a menos, pero agora a medio día aínda me doe. Non lle tomei nada, é tolerable, pero durmír tanto + dor de cabeza + feces demasiado livianas (non cagarría) fánme sospeitar de que algo pasa. De ánimo non hai queixa, así que iremos indo. Polo de pronto hoxe nada de exercicios ou deporte, hai que aforrar forzas por si acaso.
Tamén como referencia: cun 6 normalmente tómolle un antinflamatorio para poder ir traballar. Se non teño que ir traballar igual aguanto ata un 7 ou un 8 (son moi sufrido e tonto), intento ser consciente da causa da dor.
Hoxe fun andar cedo e na parte superior da rótula esquerda notaba algo. Na escala un 1. Non é dor e case nin molesta, pero notaba algo.
Hai unhas semanas escribía que non notaba nada nos xeonllos, que o poñía como referencia para cando sentise algo.
Desculpa ti, se les isto, e sofres coa dor, por semellante escala.
debo definir a Escala de Dor. De 0 a 10, sendo:
Hoxe subín a media ladeira, facendo tempo.
non estaba enfermo nin nada, pero cadrou así a finde. Non o reflexa o dato do estrés, pero non me sentín relaxado en toda a semana, tiven a cabeza dándolle voltas ás cousas seguido.
Na finde non fixen nada. Literalmente.
Polo demáis ben, orballou espeso e había tempo que non notaba o sabor doce de chuvia na boca.
saín correr demasiado cedo e case me escarallo. No camiño paralelo á Nacional, de noite, cos faros dos coches queimándoche a retina, o ruído, ... vas correndo cego e xordo. Hoxe fixen un mal apoio, ou metín o pé nunha fochanca, sabe diós, pero o caso é que non deixei o nocello alí de casualidade (ou non, igoal é que por correr desamortiguado reaccionei e recuperei ben antes de facer dano. WhishfulThinking). Parei un par de minutos e seguín andando, e despois correndo, así que a falta de enfriar creo que non me manquei.
Quizás, por dicir algo, que fose quen de facelo significa que no proceso non tiven problemas.
mirando así non hai moito máis que constatar o obvio: aumentei o volume tal como estaba previsto.
imaxe coa comparación con decembro
Así foi xaneiro
Dixéronme agora que o tío Manolo morreu. Descanse en paz, nunca mellor dito, porque os últimos anos non se pode dicir que tivese moita saúde o pobre :(
Fun andar cedo. O domingo mentalmente corrín relaxado, pero físicamente metinme un bo calentón, intenso. Non me doe nin molesta nada, nin lle tomei NADA de drogas, así que o que sinto é real, pero noto algo de fatiga (aínda que fun andar con bo ánimo como digo).
como tiña que chegar fresco ao domingo tomeino cun pouco de calma. Foi raro non facer nada de bicicleta no rodillo. Durmín algo máis que a semana anterior (de media).
Aquí a crónica da xornada de onte en Outes.
Na carreira ben, hei escribir a crónica e traela aquí, pero o resultado dentro da normalidade (ben): 92/197 en meta. Resultado estándar 😄
onte fun correr a Outes (subida Tremuzo) e hoxe durmín ben. Non me doe nada, só estou con algo de sensación de cansancio, pero o "adestramento" de pola tarde cos pitufiños tamén inflúe 😄
Non sei se ir andar ao medio día. A ximnasia tenme un pouco machucado, pero ben, de aqui a domingo non facer "nada" e coller moral, que hoxe estou baixo. Seica vai facer sol e hai moita xente anotada ☀️🎇
Hoxe durmín pouco (6h.). Repítome e son pesado, pero creo que é o mais significativo que podo contar 😔
non hai maniotas! 😁 Ainda que si un pouco machucado. Tamén síntome algo decaído, como con ansiedade máis ben, pero creo que é por cousas extradeportivas.
a medio día fun correr descalzo: psé. Teño tido mellores sensacións
Despois de moitas semanas hoxe á mañan fixen os 12' con Heather. Mañán maniotas fijo XD
Como fai sol, a mediodía despois do xantar vou ir andar os 10 quilómetros habituais. Esta semana ten que ser relaxada para chegar con gañas, e forza, ao domingo.
durmín case 8 horas, e bastante ben. Erguínme con sensación de ter feito un esforzo, pero non escarallado. Non me doe nada. Ben de ánimo.
Escribo esto pola tarde e síntome relaxado, non teño esa sensación que che queda tras un esforzo intenso. Así e todo teño que coidar ben a recuperación e intentar chegar fresco, así como vixiar a parte baixa do lombo, porque subindo notaba unha sensación rara nos cadrises.
Respecto do calzado, non sei eu se é boa idea levar as FiveFingers. Están moi gastadas (deformadas) e non coñezo o tipo de superficies por onde vai a carreira. Hoxe non tiven problema, pero recoñezo que na baixada non é o máis eficaz/seguro.
Non comín nin bebín nada nos 140', pero tampouco sentín necesidade.
A falta de forza, tirei de endurance. Nesto creo que vou ben, pois fixen bastantes máis minutos dos que tiña previstos e non tiven problema, incluso na baixada final fun cómodo.
Non estou forte, se son sincero as sensacións non foron demasiado boas, pero é normal, tras dous meses correndo suave e case sen desnivel, notaba as pernas pesadas e lentas. A primeira media hora non encontraba o ritmo, pero era unha sensación rara, probablemente nada que ver co estado de forma. Non estaba cómodo ao comezar a subir así que baixei o ritmo, púxenme a andar antes de sentir que non daba máis e así fun facendo camiño. Con respecto á respiración non vexo viable facelo só polo nariz o día da carreira. Creo que ou teño un día súper e a cabeza fresca (para pensar) ou realmente acabarei facendo o que poida, como sempre. Hoxe fixen ben a transición correr-andar-correr, nas carreiras é máis difícil, polo ego.
Un día frío pero calmou o vento, así que ás 10 e con sol saín correr. Fun ao longo do mar uns 3km. e despois tirei para arriba por unha ruta bastante directa pero con moitas zonas onde se pode correr, para ver que tal ando de forzas, se podo respirar só polo nariz, se me cunde o power-hiking, a recuperación tras o esforzo, etc. É dicir, comprobar as sensacións para ser realista o próximo domingo.
Estou ben, normal, o que cabe agardar, sen botar fogetes. Esto son boas novas.
a unha semana da primeira carreira do ano subín ao monte a probar que tal estou.
Se despois do xantar fai boa hora igoal vou pasear un anaco, pero se vexo que non mo pide o corpo mellor descanso.
hoxe erguínme un pouco canso, con sensación de non ter ganas de facer cousas. Consideroo normal, tras tres días seguidos correndo e o último con alta intensidade.
Unha vez cheguei ao alto creo que recuperei bastante rápido, sentía as pernas ben na baixada (só deixándome ir).
subín ao alto do monte (420m.) por primeira vez en semanas. Fun correndo (trotando) todo o tempo e respirando polo nariz, a xeito de proba. Non estivo mal, algo forzado, iso si.
Nesta orde. Veremos.
tiña pensado correr en Outes co monitor do pulso ao peito e non pasarme do ritmo establecido (non chegar á zona vermella), pero creo que me vou centrar en:
Tamén púxenlle a plantilla de cortiza as fivefingers: cómodas. Non é que tivese problema sen elas, que me rozasen ou algo, pero un pouquiño máis de amparo nos pés non virá mal polos camiños de monte.
subín aquí ata 300 m., facía moitas semanas disto. Respirando polo nariz e intentando non pasarme de voltas, cambiei ben de correr a andar. Mirei os datos despois e fun moi controlado 👍 así que o de correr por sensacións téñoo bastante automatizado PERO (sempre hai un pero) esto despois haino que levar ao día a día e non deixarse levar polo ego.
pensei que fixera máis, pero vendo sendo o mesmo que a outra semana.
pola mañán fixen 50' en bici vendo CX; e após o xantar fun andar 80'. Non é de crer, porque maldita a gaña que tiña.
Creo que desde novembro non lle tomei nin un ibuprofeno
debo apuntar que non noto nada nos xeonllos. NADA é NADA. Máis que nada porque vai chegar o día en que si o notarei, ao aumentar o tempo que pasarei correndo.
Hoxe fixen o adestramento "5x2km" na bici pola mañan e fun andar na hora do xantar. Facía moi boa hora.
non se pode pretender ter ánimo para facer dúas "sesións" durmindo só seis horas. Onte após o xantar prestábame máis durmir que andar.
Hoxe sopla aínda máis nordés. Intentarei correr pola mañán e andar despois do xantar.
onte ao final fun correr ao amencer. Algo de nordés, pero non frío, así que saín en sandalias a facer 10km. respirando polo nariz, HR inferior a MAF sen maior problema.
pois xa me apuntei ao trailseries.run deste 2022. Tres carreiras, xaneiro, marzo e rematar co maratón (en Portosín) en Maio.
erguinme pensando en ir correr arredor de 80 minutos, pero fai nordés forte :/ e quitoume as gañas (ata creo que chove algo).
non durmín moito, o normal.
Son as dúas, xa xantei, vou andar un anaco.
Hai que tomar decisións xa. Téño que correr dúas ou tres carreiras de aquí a final de febreiro. Non estou motivado para eso :( , hai que recoñecelo. Non estou enfermo nin me doe nada, pero "ir a carreiras" non me chama nada a pesar de que sei que é bo para min, tanto física como sicolóxicamente.
Aínda non me inscribín porque non sei se apuntarme ao "circuito", que este ano son só tres carreiras.
Non deixei de correr ou manterme activo, pero fáltame ese pulo que che da ter un obxectivo. E xa o teño: o 22 de Maio en Portosín celébrase o Maratón (de montaña?) do Barbanza. Son 42km cuns 2200m. de desnivel, parecido ao que corrín en Ribeira hai (xa!) tres anos.
comeza aquí o diario, pero hoxe non é día 1 de xaneiro, se non 11. A cousa estivo cocendo desde hai unhas semanas, a xeito de adquirir un hábito que me motive a adestrar con fundamento, con dirección.
Orixinalmente este texto foi publicado de xeito cronolóxico ascendente, pero en xullo, mira ti, cambiei de idea, e usei un pequeno script con sed para darlle a volta. Así que agora, as novidades están arriba de todo, pero o resto igual ten algunha inconsistencia que "por suposto" paso de revisar.
documento gemini creado con gemgen en archlinux desde markdown.
Subscríbete ás actualizacións utilizando a opción "Novos Titulares"