💾 Archived View for gem.xmgz.eu › diario captured on 2023-03-20 at 17:52:03. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2023-01-29)
-=-=-=-=-=-=-
Subscríbete ás actualizacións utilizando a opción "Novos Titulares"
Martes, 48h. despois do adestramento longo do domingo, e nesta ocasión teño cero molestias nos xeonllos. Non fixen nada especial ao respecto. Onte fun camiñar unha hora e hoxe fixen unha hora de rodillo pola mañán. Fai boa tarde, pero nótome muscularmente canso e non teño moitas gañas de ir.
Máis que nada reseño que non tiven ningún tipo de molestia.
Non sei se ir correr o sábado en Santiago. Agora mesmo non me tira nada.
Esta semana foi bastante completa, aumentando lixeiramente (con sentido) tanto a distancia como o tempo. Ademáis creo (debería mirar) que fixen algunha actividade cada día, fose andar, rodillo ou correr.
Onte subín e baixei do monte (1 hora) e hoxe domingo fixen un pouquiño máis de dúas hora pero tamén acumulando desnivel (>700m.). Sentínme cómodo en todo momento dentro do esforzo, que non foi moi grande, pois fun ao xeito do corpo, pero incluso nas subidas andando notaba que tiña forza a pesar de ir coas sandalias coa sola moi gastada e sen agarre.
A temperatura foi boa e por primeira vez creo que fun de manga curta.
Escribo isto porque creo que podo dar por superado o problema dos nocellos, principalmente do dereito. Fun totalmente inconsciente (se se pode dicir así) ao saír da casa e durante todo o adestramento, de ir comprobando como me sentía ou se había algún problema. Incluso nalgunha baixada un pouco técnica nin se me pasou pola cabeza, facendo apoios normais (con coidado polas sandalias). A un par de quilómetros da casa, baixando, notei un algo nun apoio e entón foi cando me veu á cabeza. Sinceramente, o que notei foi o que un pode notar centos de veces en calquera momento cando apoias un pouco de lado ou nunha pedra ou nalgo, pero ata ese momento nin pensei no asunto. Creo que esto é o mellor síntoma.
fun correr pola mañán ao xeito do corpo (Z2), e por primeira vez e moitas semanas creo que non notei ningún problema no nocello dereito. Se forzo a postura, aínda está aí a molestia, pero correndo noteime con moita confiaza no apoio. Xa non é sen tempo, e a ver se non volve.
comezo o mes con boas sensacións, sen esa nube na cabeza.
Veño de correr/andar un anaco, subindo 300 metros, sen problema. Pouco a pouco vou collendo confianza no nocello dereito, pero aínda me falta. NON me vou apuntar a ningunha carreira, nin pensar en facelo, ata que desapareza totalmente a molestia. Síntome cómodo non pensando en carreiras, así que non hai problema.
Estar ben de "moral" tamén me axuda a estar máis concentrado no que como (e no que non como), así que espero ir tamén mellorando iso e collendo bos hábitos.
fun correr descalzo sete quilómetros, xunto antes de chegase a chuvia e o frío. Fun cómodo, con boas sensacións, mellores que as de onte andando (3 horas e media).
Aproveitei para gravar un pequeno vídeo, para probar a compresión con FFShare (android) e publicalo coa conta de GoToSocial
Vídeo correndo descalzo, en www.
fun ao médico consultar o que me pasou ahí atrás e seica probablemente foi (é) un herpes que se me volve que vaia consultalo rápido, que pode ir a peor a cousa.
Onte fun correr ata o alto do Roxido. Sen problema, pero fíxoseme algo longo, ou lembrábao máis curto. Non sei, supoño que é normal, pero sentinme tal como esperaba así que tampouco lle dou importancia. Facía moi bo día para ir correr.
fun andar cedo, ao amencer, e facía bastante frío. Noteino sobre todo nas mans e antebrazos incluso levando a chaqueta fina. Nas pernas non tiven frío incluso indo en pantalón curto. Andiven a paso lixeiro de xeito natural e sen esforzo.
onte fixen un paseo longo polo monto (4h.) sen problema, pero a falta de confianza na pisada con desnivel e terreo roto facíame ir intranquilo
Hoxe fun correr pola mañán (10k) e case non notei nada en ningún dos nocellos. Certo que o desnivel e a dificultade técnica non tiñan nada que ver, pero as sensacións foron moito mellores. Tranquilo e suave, pero sen notar prácticamente nada, o que me da confianza para poder seguir correndo, quizás o que necesito é realmente iso, ir fortalecendo os nocellos a través do uso.
As pulsacións foron algo altas, aínda que non creo que tanto como di o garmin, pero respirei sempre polo nariz sen forzar.
da saúde destos días xa falarei, ou non, pero hoxe despois do xantar fun andar e andíven rápido outra vez. Conste :D
acabouselle a pila ao garmin no medio do adestramento, era visto. Fixen unha hora, con algo de desnivel, pero nada técnico.
pola mañán fixen unha hora de rodillo e depois de xantar 80' andando. Aínda non podo andar a toda mecha, polos nocellos.
o luns facendo flexións fíxenme dano nun dos músculos do peito. Noteino no momento e parei, pero agora se tuso, estiro, ou fago certos movementos... jódeme ben. Tampouco me impide, só molesta. Pero cagueina.
aínda non son as 7 e a ver se dentro dun pouco vou correr. As sensacións nos nocellos son positivas, pero a gorxa non sei eu... de noite sécaseme e dóeme ao tragar, teño flema,... estou ben (creo), pero a ver.
fun correr e o nocello esquerdo nótoo "case" normal, non me impide nada, pero o dereito, sen doerme, sí que me fai ir con precaución e sen confianza nos apoios e nos xiros.
fun correr pola mañán. Dóeme o nocello dereito, fáltame confianza e seguridade no apoio e modifica a técnica de carreira. Mal, pero moito mellor que hai oito días. No esquerdo non notei prácticamente nada.
facía frío e de noite noite unha sensación rara na gorxa, espero non sexa nada, non me sinto mal.
Pola mañán fixen rodillo, uns cincoenta minutos a bo ritmo; na hora do xantar fun andar cen minutos. Todo co xeonllo esquerdo dorido. Non na rótula, nin ningún dos ligamentos habituais, se non na parte lateral/superior, onde o parece máis ben parte do ligamento do músculo pero non o suprarotuliano. Agora pola tarde estou medio coxo, lóxicamente :(
Pode que se deba a onte ir correndo nunha postura forzada, pero non sabería dicir.
Os nocellos en realidade... melloraron, ou non empeorou en absoluto por ter ir corrido onte. Xa digo que é unha molestia nun sitio raro, onde non lembro ter tido nunca problemas, así que tampouco sei como evaluar a evolución.
non corrín en toda a semana polo mal tempo, e molicie, pero tamén polas extrañas molestias no nocello. O esquerdo aos pouco minutos ía ben, pero o dereito jodeume todo o tempo (45'). Moléstame máis subindo que baixando, e quítame bastante confianza no apoio e non vaia joder outra cousa debido a ir "protexendo" o nocello.
desde novembro non realizo un esforzo digno de tal nome. Sí, sigo activo, pero aínda non teño na cabeza ir a carreiras ou adestrar para algo en concreto. Teño comigo esos dous/tres quilos de máis que normalmente pillo no inverno.
Subscríbete ás actualizacións utilizando a opción "Novos Titulares"