💾 Archived View for gem.xmgz.eu › diario captured on 2023-01-29 at 16:12:50. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2023-01-29)
-=-=-=-=-=-=-
documento gemini creado con gemgen en archlinux desde markdown.
Subscríbete ás actualizacións utilizando a opción "Novos Titulares"
NOTA: Orixinalmente este texto foi publicado de xeito cronolóxico ascendente, pero en xullo, mira ti, cambiei de idea, e usei un pequeno script con sed para darlle a volta. Así que agora, as novidades están arriba de todo, pero o resto igual ten algunha inconsistencia que "por suposto" non vou revisar.
Chove. Non fai frío. Son as 8AM, aínda é de noite.
movín este diario ao seu propio cartafol dentro da estructura da cápsula, para así ter unha estructura e comezar co ano novo o diario do seguinte ano. O diario do ano presente estará en /diario.
recibín o correo cos datos de novembro. Comecei a dar moitos máis paseos e a facer sesións no rodillo. Vou correr só cando me peta.
meto de cando en vez pequenos exercicios de ximnasia para manter un pouco o tono muscular e condición, pero non é nada, non dou feito que sexa unha rutina integrada na miña vida.
Hoxe fun correr (10km) suaves, sen problema, pero vou ter que poñer calcetíns, que xa refresca e non era moi agradable correr coas sandalias. Tampouco me sentín tan cómodo como antonte. Nada de particular.
Hai un mes que non escribo nada aquí. Vou facer un pequeno resumo.
Da vacina nada que dicir. Ao día seguinte estiven jodidillo, pero o sábado xa me sentín mellor e o domingo corrín sen problemas en Santiago.
Outro ano máis corrín descalzo. O chan estaba mollado pero boa temperatura. Corrín intentando repartir o esforzo con cabeza pero dándo todo. Fixen un tempo bastante acorde ao momento de forma (ben!) pero tamén fixen un par de bochas feas pola mala técnica. Correndo notaba algo de molestia pero non me afectou. Pero xa pola tarde vin unha bocha fea sobre todo no atepé esquerdo, e no dereito no canto externo. Blisters, que dirían na Formula1. Nas últimas semanas correra moi pouco descalzo, e moito menos a esa velocidade durante tanto tempo.
Bah! non me arrepinto. Foi ben.
Visto o que me pasou en Santiago non me sentía motivado para correr descalzo. Despois de 15 días xa tiña os pés ben (só durou un par de días a molestia) pero sentía que non era recomendable. Fun cos tenis NewBalance a facer tamén o mellor tempo posible. O día estaba bo para correr, aínda que facía algo de vento.
Non tiven problemas de saúde, pero despois do maratón estou nunha fase de estar activo pero sen adestrar. Corrín forte pero con cabeza e repartín as forzas que tiña. Fáltame moita velocidade nas pernas.
Tanto nunha carreira como noutra recuperei moi ben, pero dous días despois desta de Negreia apareceume unha molestia no xeonllo dereito, na rótula. Só o menciono, non foi a máis.
Non creo que volva a correr ata febreiro, iso é o que sinto agora. Estou ben, pero apetéceme máis ir andar e correr menos. Había que intentar aproveitar o inverno para coller bos hábitos respecto de facer ximnasia. Non teño moita esperanza.
hoxe póñenme a cuarta vacina COVID. O domingo corro en Santiago. Veremos.
noutra orde de cousas, estame costando estar no peso desexado. Non por moito, un par de kilos como moito, pero nótase, as sensacións son diferentes cando estou nun peso e noutro. A ver se chego a ano novo sen subir máis de peso, xa sería un avance, e intentar en primavera volver ao peso desexado.
onte fun correr o Dubra Trail, máis pendente dos dous andaríns que da miña carreira. Preocupado porque chovía moito, ventaba moito, e había un par de subidas e baixadas onde podías caer e levar un golpe. Non fun tranquilo en todo o día. Personalmente non tiven problema, pero tampouco é que me sentise forte. Non lle quero botar a culpa á cabeza, pero algo seguro que influíu. O recorrido era ameno e variado, coa zona zo río e o remuíño, a fervenza en todo o seu explendor, as vistas desde o alto, ...
hoxe non vou traballar, así que por primeira vez fun correr. Volvín ao monte, non ata as antenas, pero si hora e media a ritmo tranquilo pero esforzándome un pouco nos tramos empinados. Igual non debería, pero creo que xa lle dei tempo ao corpo a recuperarse. Non tiven ningunha dor nin problemas nestos días, só que permitinme non ir correr. Fun con sandalias, as vellas, e foi agradable sentir o fresco nos pés e os dedos libres.
Agora, nestas semanas, vou aproveitar o adestramento e estado de forma para participar nalgún trail así non moi matador e desfrutar de sair a correr cando me pete e ao ritmo que me pete.
gemini: Crónica da IX Maratón Atlántica
Crónica da IX Maratón Atlántica
web: IX Maratón Atlántica
sigo ben, vou pasear e nada máis.
mércores, tres días despois. Xa podo dicir que non me droguei para poder correr un maratón. Nin antes, de xeito preventivo, nin a posteriori, para aplacar a dor que non tiven. Non teño/tiven nin maniotas. O luns estaba canso, pero non fun traballar así que tiven un día tranquilo, incluso fomos á praia e seguro que a auga "fresquiña" fíxome ben, igual que o paseo moi suave que fixemos ata enfronte das Sisargas. Pola mañán tiña unha molestia, grao 3, na rótula do xeonllo esquerdo, pero foi remitindo durante o día sen tomarlle nada. Nin analxésicos, nin antinflamatorios nin nada. Sen dor nin lesións. Creo que esto tamén debo dicilo, aínda pecando de vaidade, pero aquí ninguén me vai dicir nada. Esto da automedicación non é un problema menor nesto de correr e facer deporte.
domingo corrín o maratón de coruña, aquí irá a crónica da xornada
Crónica do acontecido no Trail Alas de Vida en Burela, o domingo.
Crónica do acontecido no Trail Alas de Vida
hoxe fixen un bo adestramento, polo menos foi desos que dan moral e confianza. Hora e pico en Zona2 e 3 mantendo moi fácil a zona e con moi pouco esforzo. Nos últimos dez ou quince días estou descansando máis (deixando de ir andar e así) e creo que se nota nas pernas. Dame moral para poder manter o ritmo de maratón próximo ao que indica Garmin, que me parece algo optimista, pero estando así descansado paréceme máis posible.
onte fun correr a Broña, cos pitufiños, e reseñei no blog da web e gemini o día.
xa me vou poñendo ao día co plan, a marchas forzadas, pero con sentido. Agora pola mañán fixen o que tocaba o domingo.
As sensacións son boas, positivas, pero nin de broma creo que poida facer a carreira ao ritmo estimado polo algoritmo (5'10"/15" por quilómetro). Estou acumulando quilómetros e fatiga, e á carreira debería chegar descansado, pero aínda así... moi optimista me parece. Verase.
Hoxe os 90' en Z2 fíxenos máis ben arredor do limiar superior, costábame manterme dentro del. As causas probables son:
Así, non me extraña esas 5/7 pulsacións máis altas do que sería normal. Non lle dou importancia.
Pola contra, os 60' en Z3 foime bastante máis fácil controlar o ritmo. Si, puntualmente supereino, pero fun bastante constante.
A sensación que teño é que vou ben, pero non teño que cegarme con este ou aquel ritmo o día da carreira.
Hoxe fun sen móbil nin música, para aprender e practicar a ir concentrado na carreira.
Pola contra, bebín medio litro de bebida deportiva do eroski e comín un puñado de froitos secos crus. O de respirar só polo nariz é de moita axuda para comer e beber. Fixen todo o adestramento respirando só polo nariz, como sempre.
Caeronme catro gotas, pero a temperatura e humidade eran bastante altas para ser tan cedo.
de ánimo e físicamente síntome ben, pola tarde fun andar (10km) a bo ritmo pero moléstame o terceiro dedo do pé dereito, como se tivese o ligamento superior como inflamado. Non lle tomei nada, pero erguinme algo coxo, mellorou, e pola tarde fun andar. Non parece ir a peor.
Muscularmente non sinto ningún cansanzo; de cabeza, de nivel de "enerxía", tamén normal, como se non tivese feito o adestramento de onte.
Hoxe tiña pensado facer o que se pode considerar a última tirada longa do plan. E fun facela.
Acordei cedo, como é habitual, pero estaba a gusto na cama (non tan habitual). Case decidín nese momento que podía facer o adestramento mañán. Erguínme, almorcei, vin as mensaxes sociais, e ... boteime a correr. Sen pensalo moito e simplemente deixándome levar polo plan establecido. Podería ir mañán, daba o mesmo, pero era a sensación esa de cumprir co deber.
Era de noite, pero estaba coa temperatura perfecta para correr e sen vento. Ceo sen nubes, as estrelas, a lúa... e os putos coches deslumbrándome tal coello. Meh.
O plan eran tres horas, repartidas en 135 minutos en Zona2 e rematar con 45 minutos en Zona3.
As sensacións quizás non foron "tan cómodas" como as de hai oito días, pero púideno facer sen maior problema.
Respirei continuamente polo nariz; non comín nin bebín nada durante a carreira. Os tenis ben, pero o antepé esquerdo "árdeme" un pouco, durante unha hora ou así, despois xa non xinto nada. Levei os calcetíns de dedos e paréceme axeitado para evitar problemas nos dedos.
Botei toda a mañán no traballo con sensación de cansanzo, pero non morto, nin moito menos. Muscularmente ben.
Despois do xantar xa tiña a cabeza ben (o ánimo) e sentíame recuperardo. Ben. Obviamente o esforzo vai por dentro, pero as sensacións xa eran de normalidade.
Hoxe adestrei mal. Non fun totalmente consciente mentras adestraba, pero si varias horas despois.
Tiña previsto facer catro intervalos de oito minutos en Z4, con dous minutos de recuperación (+quencemento +calma). O adestramento fíxeno sen problema, pero o terceiro e cuarto intervalos requeriron un pouco máis de intensidade da prevista. Non me pasei de pulsacións, pero notaba que me estaba costando manter a axilidade e amplitude da zancada. Resumindo: fíxoseme longo.
Despois estiven toda a mañán con sensación de falta de enerxía e incluso con ánimo baixo, coa sensación de precisar descanso.
Xantei e deiteime máis dunha hora e pola tarde xa non tiña esa sensación, pero cun adestramento como o que fixen non debo (e rara vez me pasa) chegar a ese punto de falta de enerxía.
O máis probable é que non tivese o corpo para realizar o adestramento programado e debería ter feito intervalos máis curtos (ou con máis recuperación) para non terme esgotado mentalmente.
pero vou escribir acerca do acontecido onte día 2, venres.
Achégase o momento de decidir se vou correr o maratón de Coruña o 2 de outubro. Estou seguindo bastante ben as indicacións do plan de Garmin que se basea no ritmo do corazón (por zonas). "Entrei" no adestramento así onde me pareceu pero as últimas 8/10 semanas seguín bastante o seu espíritu.
Onte fixen o adestramento que tocaba o domingo pasado: 150' en Z2 + 30' en Z3. É dicir, tres horas acabando máis forte que o inicio. Foi aburrido, hai que dicilo, pero ata as dúas horas e pico seguino moi fácilmente; despois xa entrei na zona con desnivel e perdín un pouco a concentración (é máis difícil) e fóiseme algo, pero pouco. No último treito fun un pouco máis forte do que tocaba, lieime coas "zonas", pero tampouco me pasei (fun na parte baixa de Z4 bastante tempo).
O resumen é que fíxen o adestramento sen problema e acabei con gañas de acabar XD pero correndo sen problemas, creo que estaba capacitado para facer o que fixen.
Almorcei o de sempre e ás 6:30AM saín facer as tres horas. Era noite, pero non facía vento e a temperatura era suave, así que foi perfecto para correr. Fun escoitando podcast, porque sabía que se me ía facer aburrido.
Corrín relaxado case todo o tempo, respirando sempre polo nariz. A técnica creo que ben, pero ahí na metade do adestramento é como se me comezase a molestar a cinta iliotibial no xeonllo dereito. Foron uns minutos, despois pasou, e agora que escribo non noto nada. Cruzo os dedos.
Digo que almorcei normal, co leite, dúas tostas con manteiga, unha laranxa e xusto antes de saír un puño de froitos secos. Durante as tres horas non bebín nin comín nada. Non notei un baixón de forzas ou enerxía, ou notei o que considero normal, pero da cabeza fun bastante ben, sen conversas negativas ou enfadándome, etc. Ao rematar bebín un té con mel e unha laranxa e ata despois ás dúas non xantei (o normal). Pola mañán no choio non estiven moi activo, pero non me doía nada nin tampouco estiven amouchado ou sen ánimo. Só un pouco canso. Estaba mellor tumbado unha horiña tras correr, pero é o que hai.
Após o xantar estaba bastante nubrado, pero fun ata a praia e bañeime para relaxarme no mar. Creo que me sentou ben (comer e o mar) porque pola tarde estiven prácticamente normal (coa sensación normal nas pernas, pero ben de cabeza).
Escribo esto xa en sábado e non me doe nin molesta nada. Durmín o normal tamén (menos do que me gustaría) pero síntome recuperado e vou ir facer os 10km. andando da ruta habitual.
Voume ter que anotar á carreira.
Engado: hai que cagar antes de saír a correr. Non foi problema, pero andar con esas cousas na cabeza quítame concentración (e vas un pouco máis incómodo).
amaneceu toldado, pero abrindo o sol. Fun correr descalzo, e suave, a ruta habitual. Levei as gafas de nadar e ao rematar fixen a praia completa dun tirón. É o obxectivo mínimo que me marco cada ano (uns 400m.), así que ben. Significa que puiden respirar de xeito acompasado e coordinado. Muscularmente, nos brazos, agora tres horas máis tarde, noto o esforzo.
vinme bastante arriba ao ver que o garmin rebaixou o meu tempo estimado para o maratón nuns 10 minutos. Tampouco hai que tomalo ao pe da letra, pero sentoume ben psicolóxicamente.
pola mañán fun andar os 10km a ritmo normal, pero o ritmo "normal" cando estás certa dun pico de forma é moito máis rápido que o ritmo normal cando non. Andei a 9'20"/Km case sen enterarme (hai desnivel).
traballando pola mañán estaba incómodo, como alterado e con estrés, e facía moi bo día. En lugar de xantar (non xantei) collín a táboa e fun remar un pouco (paddleboarding). Moi ben me prestou esa hora (uns 4km.) para a cabeza. O son do mar, da brisa, das ondiñas, ... relaxoume.
Despois á noite ceei normal. Tiña gañas de cear, pero non unha fame negra, nin me sentía "débil" ou algo. Un intermitent fasting non planexado.
a finde foi ben.
o sábado pola mañán fixen Medio Maratón en Z3 (o que se supón que é ritmo de maratón). Fun cómodo, respirando sempre polo nariz a pesar das costas (ata a vila do lado) e o molesto vento nordés. Fun calzado coas zapatillas Altra. Ao dicir que fun cómodo significa que en ningún momento notei que baixasen as forzas, nin ao final. Almorcei normal e durante o adestramento non bebín nin comín nada. Xa pola tarde non tiña ningún tipo de molestia ou cansanzo, nin a sensación interna de fatiga ou estrés.
Ao día seguinte, domingo, erguinme normal, fixen hora e media de bici tranquilo e pola tarde outra hora e media andando, polas rutas habituais.
Hoxe luns fun facer a ruta descalcista habitual. Facía moita calor e sol, e subíanme un pouco as pulsacións, pero considero que foi tamén totalmente normal.
Conto esto porque creo que foi unha boa finde acumulando tempo de actividades sen castigar demasiado ao corpo, asimilando ben o esforzo (suave).
Hoxe o adestramento non foi moi ben, sensacións malas.
Escribo antes de mirar as estatísticas no garmin, para non autoxusestionarme máis.
Contexto: non me doe nada, nin me sinto canso, pero si que levo un par de días co ánimo regular. Onte comín regular (non pouco, se non o tipo de comida) e esta noite durmín menos do habitual (que xa non é demasiado). Amaneceu o día con orballo (esto non é problema) e boa temperatura. Gastei dúas ou tres horas no sumidoiro de enerxía.
Ás oito e pico saín correr. Orballando, pero descalzo. A idea era simplemente saír a trotar suave con boas sensacións como onte, pero xa nada máis comezar notábame como descoordinado, sen fluír. A veces pasa, quedas amolecido tantas horas que che leva uns minutos coller a postura e que comece a chegar o sangue ás pernas.
Ao final do primeiro quilómetro deume por ver o pulso (HR) e estaba en 145 (un pisco alto para o que correra) pero a respiración era normal e non lle dei importancia porque non levaba a cinta ao peito e chovía, debía ser problema do sensor. Non volvín a miralo en todo o adestramento, pero si que o notaba vibrar. Pode vibrar por exceso ou por defecto, así que non sei se ía demasiado acelerado ou ben no límite inferior establecido. Non quixen mirar para non pillar ansiedade (se era alto) e así concentrarme na sensacións que eu tiña, a respiración, a cadencia, etc.
Do dous ao cinco as sensacións eran malas. Inquieto, controlando a respiración polo nariz, pero sentíame alterado respecto do que é normal. Baixei o ritmo, que xa non debía ser nada alto, para concentrarme na respiración. Neste sentido non percibía unha alteración significativa respecto da norma. O garmin roñaba cada dous por tres. Non estaba mareado, pero seguíame sentindo como descoordinado. Subxectivamente non notaba o pulso alterado, nin suaba en exceso.
Do cinco ao sete funme sentido mellor. Non alterei o ritmo (lento), nin a respiración, pero a sensación das pernas era de maior fluidez. Se non fose pola sensación anterior, podería dicir que me sentía normal.
Cheguei á casa e uns cinco minutos despois vin o pulso no reloxio (por casualidade, de verdade) e marcaba un valor totalmente normal (baixo).
Vou mirar agora as estatísticas. Creo que sentínme así polo meu estado de ánimo, ter durmido regular e romper a cabeza con cousas do servidor. Non foi por ver o pulso no quilómetro un, xa sentía que non era un gran día nada máis comezar.
Engadido: mirei os datos e todo parece normal dentro de que ao principio teño as pulsacións máis altas, pero pouco máis. Despois foron incluso moi baixas (por eso vibraba). Creo que o corpo estaba atontado de durmir pouco e estar sentado toda a mañán e o estómago regular.
o domingo fun correr a [XXXVII Andar e Correr - Baiona][ligazón á crónica.gmi], lé a crónica para saber como foi.
onte e hoxe non tiven ningún tipo de molestias físicas (fun a tope) e incluso non estou especialmente cansado (fun andar onte e hoxe correr suaviño).
hoxe é a carreira popular da vila onde vivo e non vou participar. Con esto no te digo ná y te lo digo tó.
Non porque non teña gaña de correr, se non porque é un bluff de carreira. Corrina dúas ou tres veces e chegoume: de noite, polas rúas da vila, un cacho polo porto, en ambas parece que estás dando voltas nun polígono industrial.
O único aliciente é que é prácticamente chan e curta, polo que podes ir a lume e intentar facer marca personal (creo que non está "homologada" para 5km.)
Ademáis, parece máis organizada para os turistas que pasan aquí o verán que para os atletas da comarca. Na miña opinión.
segue o calor, así non hai que faga nada. É unha excusa, claro que si.
O de facer un maratón paréceme innecesario, irrelevante e só froito da "presión social" pero non do desexo de facela.
Certo que fai moita calor, pero habendo vontade habería tamén un xeito.
Onte fixen o listo. Non ten que ver, pero fun dar unha volta ata a horta e o asfalto está tan quente que sollei os pés (fun descalzo). Hoxe case non noto nada, pero estívome ben. Hoxe fun dar un paseo pola mañán pola fresca e para a próxima semana non creo nin que intente seguir o pautado no plan.
Mira, así non. Con esta calor non. Xa non teño moita vontade de facer nada, pero con esta calor menos aínda.
Ademáis amanecín co dedo gordo do pé inflamado. Non me preguntes que non sei.
hoxe viña no plan facer 135 minutos en zona 2. Fixen 95 minutos en zona 2 e pico
debo dicir que as zapatillas parecen axeitadas: cero problemas, nin apreturas, nin sensación de roce. Incluso para o dedo pequeno do pé dereito. Ben.
Comecei cómodo, fácilmente dentro de zona2. Era xa algo tarde (9:30AM) e temperatura aguantaba, pero xa non facía fresco. Ata o quilómetro cinco ou seis fun con sensacións normais pero a partir de ahí empecei a notar como a tripa revolta, non o estómago, se non o intestino. Comecei a sentirme incómodo. As pulsacións aumentaron pero creo que foi porque a temperatura tamén o facía, sobre todo notábase nas zonas onde non había sombra. Creo que estariamos arredor dos 24ºC, que non é demasiado, pero quenta.
Así, decidín ir indo e facer menos tempo do acordado, non ven ao caso intentar facer un adestramento se o estás facendo mal (a estas alturas xa empezaba a comprometer a técnica para ir lento >6'/km.)
Ducheime e non quedei coa sensación que debería, noto (agora que escribo) que acumulei máis fatiga da que correspondería. Tampouco me pasei co esforzo (ver no garmin), pero creo que fixen o correcto.
Pode que a intensidade que fixen os outros días da semana, xunto coa temperatura á que non estou afeito (estou no interior), influísen nas sensacións de hoxe. Agora a descansar se e recuperar, que tamén é complicado cos 34ºC que se esperan. Tampouco estou mal eh! ;)
hoxe estreei os tenis Altra Torin 5, nun adestramento de Intervalos no limiar. Pilleinas agardando sexan acertadas para correr un maratón.
As sensacións foron positivas, sobre todo o upper é moi suave e flexible. Co ancho na zona anterior xa contaba, pero creo que o espazo é bo (en termos relativos aos tenis normais). Pillei un 9 (medio tamaño de máis) e creo que acertei.
Foi positivo non notar que interferisen co arco do pé, pero os cordóns son algo curtos así que teño que ter coidado con non apretalos demasiado (hoxe foi ben). A amortiguación nótase, e o ruído da goma tamén.
onte creei no garmin connect un plan de adestramento de 16 semanas para un maratón, baseado en ritmo cardíaco. Comezo na semana 5, como se houbese un maratón a correr o día 2 de outubro
Estou medio deprimido e sen gañas. Non me pasa nada, pero hai cinco días que non vexo o sol (literalmente) e en parte bótolle a culpa a iso. Que no inverno sexa así pois lévoo mellor, pero esto sácame de quicio. Debería estar afeito, supoño, pero non o levo ben. Van ser as 8AM e aquí estou escribindo, cando debería estar a 20ºC e unha mañán luminosa o que temos é nordés, ceo completamente nubrado e creo que debeu chover/orballar de noite. Lévoo mal.
O do plan, no estado mental que teño, sóname ridículo. A idea é ir facendo e se o levo ben e atopo motivación igual me apunto ao maratón de Coruña, que tampouco me motiva especialmente, pero estaría ben correr un maratón normal por unha vez.
A ver se xunto ánimo e vou correr o que toca hoxe.
Por certo, nas últimas semanas fixen cousas variadas según me apetecían, non estiven parado.
metras escribía deime conta de que desde febreiro do 2020 non corrín ningunha carreira, competencia, indo descalzo. Parecíame raro, pero reviseino e así é. Estou pensando en ir a algunha destas de 10km ou así, por romper a xeira, porque polo demáis maldita a gaña que teño, pero pásala mañán, das a nota un pouco, etc.
cheguei aos 4000 quilómetros correndo descalzo e reseñeino aquí => gemini://gem.xmgz.eu/gemlog/2022-06-01-4000km-descalzo.gmi 4000 quilómetros descalzo.
publiquei a crónica de Portosín en => gemini://gem.xmgz.eu/gemlog/2022-05-25-trail-xtosin.gmi Trail Portosín.
Escribirei a crónica do día (cando me pete).
O que me leva a pensar que non teño NPI de nada e non sei nada tampouco, porque corrín e fixen todo coma sempre e esta vez nin estou coxo nin teño que recurrir ao antinflamatorio de turno.
mércores, e se non o escribín antes foi por non traer o gafe. Despois de correr o domingo en Portosín... non me doe nada! pero nada! Temíalle sobre todo aos xeonllos, que con 1800m. de desnivel o normal é que renxan o martes. Mais pasou o martes e nin pisca de problema. O luns algo de maniotas nos cuádriceps (polas baixadas); a unlla do dedo gordo esquerdo ten unha cor rara e molesta en determinadas posturas. PERO NADA!! 😄
De moral ben, iso si. Ademáis mañán e pasado ven unha onda de calor. O domingo refresca un pouco, pero vaia, tampouco axuda.
O xeonllo esquerdo segue ahí ahí. Non lle tomei nada máis, non coxeo, pero ben tampouco está.
A boas novas son que aínda quedan tres días ata o domingo!! Tempo de sobra para recuperar as boas sensacións. Se non vou a peor, claro.
xoves, a tres días da carreira, teño pingo e flemas varias. Non me sinto mal de ánimo ou forza, pero a cabeza téñoa como atufada (polos mocos e respirar mal). Non me doe a gorxa, pero... tampouco está normal. Esto non é bo. Muscularmente regular, pero non escarallado.
o domingo teño a carreira longa (meh!) e levo dous días con molestia/dor no xeonllo esquerdo. Unha dor desas inespecíficas, que non é incapacitante pero jode. Tomeille antinflamatorio (só un cada día), pero xa me jode, coa boa primavera que levaba, con só molestia por sobreuso cando me pasaba "tres pueblos" algún día. O adestramento está feito, eso non me preocupa nada, pero esta semana era para poder pasear, trote suave tomando o sol, comer, descansar e engordar un pouco incluso 😄 para chegar con gañas de correr ao domingo (esa cabeza!) e o corpo realmente descansado. Pero non, por agora levo tres días coa moral baixa 😐️ (xa antes da dor) e ademáis esta molestia. Meh!
Sentinme bastante ben.
foron uns 10km. nunha hora.
Hoxe pola mañán facía un nordés bastante molesto e estaba nubrado, pero non facía frío, así que funlle facer o que propoñía o reloxo:
onte descansei, realmente non fixen nada. Non tiña problemas físicos, nin me doía nada, nin estaba mal de ánimo, pero non fun nin pasear. Escribo esto porque creo que facía moitas semanas que non tiña un día de descanso real.
ben, recuperei ben. O xeonllo dereito queixouse o martes, pero cun só ibuprofeno chegou. Estou andando sen problema.
agora a estar activo, comer ben e descansar.
quedoume unha semana xeitosa, porque tamén é a última antes da carreira con volume grande. Cheguei ao domingo ben, sen sentir fatiga, e puiden facer un bo adestramento longo (como digo arriba).
Na última baixada, ou na última hora, notaba o xeonllo dereito algo incómodo, así que non pinta ben para as próximas horas, pero correndo non tiven problemas nin nos xeonllos nin muscularmente (o lombo que dicía máis arriba) nin tampouco nos dedos dos pés (creo que os protexín ben co esparadrapo). Os próximos tenis teño que mercalos medio número máis grande, iso si.
Facía sol e algo de calor húmido (sudei moito ao inicio), pero non me agobiou e na zona alta (coa brisa) era un sol agradable. Bebín un litro de auga e dúas galletas/barritas e tampouco sentín necesidade de máis mentras corrín, pero despois pola tarde bebín bastante (por gusto, así que supoño que me facía falta).
onte, domingo, fixen preto de 5 horas (36km con +1400m). Chejoume, tiña gañas de rematar, pero non estaba nin moito menos morto.
Veño de andar. É curioso como cos anos, a experiencia, aprende un a sentir os sinais que che manda o corpo. Deixando a parte que aínda me molesta o talón un pouco, levaba un par de días sentíndome baixo de enerxía. Hoxe síntome con máis enerxía. É unha sensación máis sicolóxica que física, non me sentía canso, se non mentalmente disminuído.
O sábado, hai tres días fun facer un par de horas aquí ao monte: sen problema, aínda que pola tarde estaba algo cansado. O domingo fun paseando pero cunhas zapatillas moi gastadas do Decartón e hoxe (martes) aínda noto o pé esquerdo, no talón, que me doe. Dios queira non me joda o pe ou o aquiles porque se non mecajoendios nas zapatillas (a culpa é miña claro, por poñelas).
Datos de Abril comparados cos de marzo.
Meh. Polo demáis ben, sen problemas aparte dos descritos.
Non lle tomei nada, pero pregúntome de que xeito fixen esta "contractura" ou o que sexa. Tamén teño "gases", ou eructo de xeito pouco habitual. Esto ten que ver coa alimentación, supoño, pero tampouco sabería dicir que comín que me cause esta incomodidade. Igual está todo relacionado: a contractura fai que respire peor ou o que sexa e causa os problemas de gases. Ou non. Que sei.
Levo tres días cunha molestia, en principio muscular, ou así o sinto, na zona que vai do esternón á clavícula, parte do pescozo, algo nas costas, todo no lado esquerdo ⚠️ É muscular 😅 , pois depende sobre todo da posición do pescozo: pasa desapercibido ou jódeme ben. Podo durmir e descansar con normalidade, así que non é maior problema. Fun correr/pasear/bici sen problema, a respiración e o pulso totalmente normais (menos mal tamén, se non menuda paranoia me entraría).
non puxen os datos da semana pasada. Mal. Meh.
Hoxe luns síntome ben físicamente, con algo de fatiga mental, pero non me doe nada.
Corrín coas sandalias, porque case todo era pistas de monte e algo de asfalto, e as unllas agradecéronmo. Notei algo machucados os pés ao final: normal.
Ao final xa tiña gañas de chegar, pero paréceme que inflúe tanto a fatiga real como a psicolóxica (o "saber" que xa estás acabando). Non comín nin bebín nada así que neste aspecto tamén foi un bo adestramento. A mañán era fresquiña, pero saiu o sol e estaba temperado ao mediodía: perfecto para correr.
Confirmei o do outro día, que se vou con cabeza, sabendo onde TEÑO QUE andar e onde podo correr, facendo esa transición a tempo antes de subir demasiado o esforzo, entón, todo irá ben durante moitos quilómetros. Só foron 900 e pico metros de desnivel, pero xa é algo.
Cando cheguei ao alto sentía que non tivera que esforzarme, que fora ao xeito do corpo, así que tirei para facer quilómetros. Con dúas horas non sentía fatiga en absoluto, e podo dicir que ata as 3h fun con esas sensacións.
Onte (domingo) fixen un bo adestramento. A idea era facer preto de tres horas, ao ritmo de carreira sostible. Supoñía que me tocaría sufrir un pouco, pero fixen 3h 36' puidendo manter boas sensacións ata case ao final.
Con sorte o ibuprofeno farame pronto efecto, pero nun par de días (se me pasa a dor) só darei paseos e bicicleta. Son complicacións agudas, aínda que algo recurrentes, pero non crónicas.
Dóeme o xeonllo esquerdo. Aínda non lle tomei nada, pero voullo tomar despois no xantar. Fun andar cedo, a ver se así quencía e me pasaba, pero non. Ademáis, molleime e pasei algo de frío (case non sentía as mans para abrir a porta). Ducheime, pero entre a dor, o frío e durmir pouco xa estou de mal humor.
Pois nada, que agora recupere ben (non sei se machucaría outra vez a unlla grande esquerda) e procurar seguir igual. A ver se pillo un domingo e fago cinco horas ou así, tranquiliño.
O que aprendín é que con cabeza e correndo con xeito podo chegar lonxe. Sufrir xa me vai tocar pronto, pero canto máis poida retrasalo pois mellor. Fixen ben os cambios de correr a andar. Terceiro, tamén bebín con tino, repartindo ben a auga e iso que apretaba algo o calor (para ser abril). Comín tranquilo unha galleta e un plátano nos dous avituallamentos, tampocuo sentín fame (pero esto é habitual).
A carreira foi ben, mellor do agardado e aprendín algunhas cousas. Libre de levar un golpe tampouco pensaba que non fose chegar a meta ou que me dera unha volta, pero esperaba "sufrir" máis, ou sufrir algo! E non foi así. Saín atrás de todo tranquilo e deixándome levar, falando coa xente (xa está aquí o pesao!!), mirando a paixase, notando o cheiro de árbores e flores, vendo unicornios e arcos da vella, etc. etc. O caso é que me deixei ir "sen forzar", non fun de paseo, pero sí cómodo. Nos tramos de correr puiden correr (suave) e nas subidas notaba que podía andar con certa forza. Cheguei ao punto máis alto da ruta, onde quedaban 4 ou 5 quilómetros e entón decidín subir un punto a intensidade e intentar adiantar a uns fulanos que vía aló ao lonxe. Aquí ao final si que me apretou un pouco máis, pero como xa era o final non tiña problema con asfixiarme un puntiño. Cheguei bastante enteiro a meta.
A ver, resumindo: o mércores un paseo e un pouco de barefutismo; xoves nada; venres unha voltiña en bicicleta cun bo apretón (un só, duns 10 minutos, pero apretón serio); sábado andaina moi agradable pola mañán en Carnota; sábado pola tarde, xogar con persoas de curta idade pero que non paran un puto minuto :-\* ; domingo, a carreira na Pobra.
Esta finde vou correr á Pobra, campionato de Galicia de Trail, así que non hai que pasarse.
o da bicicleta foi porque fixen o circuito de 80km. o domingo. O resto foi o normal, sen problemas físicos, estivo ben subir un pouquiño a media de pasos diarios.
Na hora do xantar víñame ben ir correr un pouco, amodiño. Pero non tiña gañas. Xantei e durmín a siesta 😋
fun andar pola mañán cedo, facía moito vento pero andiven a bo ritmo escoitando un pouco de chunda-chunda.
Con esto quero dicir que foi unha finde bastante completiña a pesar de non ter saído a correr. Sentínme ben e animado e dame azos para seguir facendo as cousas deste xeito, porque o xoves (ou venres?) subín un par de veces ao monte e tamén con boas sensacións, e recuperando axiña.
o domingo pillei a bici e fixen a ruta circular pola costa, 80km con 1500m. de desnivel positivo. Foron aproximadamente tres horas e media. Non o sei exacto porque o Garmin fallou aos 30km., pero o caso é que fun con boas sensacións, facendo andar a bicicleta en todo momento, incluso co aire en contra molesto que había na zona alta (ou na recta hacia a costa).
o sábado pola tarde fixen unha andaina longa subindo ao monte, case tres horas a ritmo xeitoso.
Esta finde:
Apunteime á andaina de Carnota o sábado e o domingo ao Campionato Galego de Trail. Motivación Cero (para o Trail) pero son 25km con 1400m de desnivel que me poden vir ben... se teño paciencia e corro ao xeito, como se fose un adestramento, e non a lo loco. Non mirei o perfil nin nada, pero coñezo o lugar, así que máis ou menos xa imaxino como é a cousa. Oxalá faga algo de sol e calor, porque eso si que me viría ben practicalo. Fixo un inverno suave, pero os primeiros días de calor real sempre se notan ao correr (refírome a preto de 25ºC e sol).
hoxe fixen case unha hora de bicicleta no rodillo pola mañán e despois de xantar fun andar outra hora e pico. Ben. Non durmo tanto como quixera. Mal.
A idea nesta semana é facer un adestramento longo no domingo, sexa correndo ou en bici (a ver cómo está o tempo, pois dan algo de chuvia).
Tanto a semana anterior como esta fixen bastantes minutos de intensidade baixa, repartindo entre tódalas actividades. Onte subín ao monte un par de veces, con ritmo pero con marxe, e fun bastante cómodo.
o tempo vaise compoñendo, son os días máis longos e pola mañán xa non fai tanto frío (incluso con vento).
Se asimilo ben o esforzo e descanso creo que pode ser un adestramento produtivo. Veñen uns días de frío e chuvia (según din), así que farei rodillo e paseos.
hoxe funlle quitar a "carbonilla" á inyección :D Non fixen nada especial, simplemente aproveitei as costas para subilas prácticamente a tope, recuperando entre elas con trote suave. Non foron "esprintes", se non esforzos intensos e prolongados (entre 2 e 7 minutos). Non me sentín especialmente mal, ou pensaba que sería peor, pero puiden manter a intensidade bastante ben.
Onte saín correr un anaco, así que quedaronme dous días xeitosos.
hoxe fun en bici, algo máis tempo do que tiña pensado. Mentalmente fíxoseme algo longo, pero físicamente non achiquei especialmente, ou polo menos foi a sensación que tiven cando xa estaba chegando a Belén (con gañas de rematar pero non sen forza).
Teño que mirar de axustala ben, porque no pé esquerdo a cousa vai perfecta, sen unha marca.
Fun con sandalias, como onte, pero hoxe sen calcetíns e fixen unha rozadura no pé dereito. Eu creo que é porque están as correas máis frouxas e por tanto o pé esvara máis e roza. Pero tamén pode ser polo xeito diferente en que flexa respecto do esquerdo (esto é algo obxectivo, vese claramente en repouso).
si, onte fun correr. Fixen o mesmo recorrido de hoxe (10km. con lixeiro desnivel) pero hoxe fun moito máis cómodo e relaxado, puiden manter moi facilmente o pulso baixo o limiar MAF (incluso subindo, amodiño).
Son as 7AM. Non chove nin fai frío, así que aproveitarei a facer unha hora suave.
Estiven mirando e non sei se irei a algunha carreira de aquí á de Portosín, non vin nada xeitoso ou que me apeteza, así que igoal só adestro. Está ben, tampouco teño moitas gañas de ir a carreiras.
onte fixen rodillo e fun andar un anaco. Xa na finde me sentín recuperado (pero estiven ocupado), pero onte notei esa sensación de estar completamente recuperado da carreira do domingo. É esa sensación de relaxación, da forma de respirar incluso, máis alá da sensación de cansanzo (ou non) muscular.
uf! os pasos quedaron moi curtos, xusto por enriba do limiar obxetivo. O do peso tampouco hai que facerlle moito caso.
non acabo de botar fóra o catarro. Estou "ben" e todo eso, pero noto pesadez no nariz, cabeza, ollos, como se non botase fóra todo o "moco" ou flema. Onte fun pasear e fixen 50' rodillo, sentinme ben, pero en xeral non estou "ben". Non sei como dicilo. Bah!
durmín máis, probablemente por estar enfermo.
Puiden correr sen problema, ou sen sensacións diferentes ás que corresponderían se non tivese o arrefriado, así que supoño que non pasou a maiores. Hoxe luns estou escarallado, iso tamén.
o paracetamol do outro día fixo efecto (ou foi suficiente), o caso é que non foi o último da semana, porque o xoves xa estaba regular e o venres jodido, cun bo "catarro". Non fixen test de antíxenos porque quen me pegou a peste fíxoo e deu negativo, así que deducín que así sería comigo. Ben, o caso é que febre non pillei, ou foi pouca, e só estiven relativamente jodido (grazas ao paracetamol). Respiraba moi mal polo nariz, iso si, pero o sábado xa non lle tomei nada e o domingo amencín con sensacións bastante normais, así que tirei para Ribeira a correr.
luns, onte domingo.
Hoxe amencín jodidillo do xeonllo dereito, tomeille un paracetamol a ver se vou tirando, pero vese que o corpo nota os esforzos (normal). Polo demáis síntome recuperado (stamina).
esquecín poñer que durante a carreira, na última subida, comezou a cargárseme a parte baixa do lombo. Non era dor, non me limitaba en absoluto, simplemente notei que lle estaba pedindo un esforzo superior ao habitual. Escribo esto só para que conste e dedique un pouco máis de tempo a fortalecela, non vaia ser que quede teso coa dor nunha desas carreiras máis longas (nunca me pasou).
Vou facer unha semana moi suave, sen un esforzo de máis, a ver se o domingo en Ribeira podo ir con boa intensidade toda a carreira (é curta).
Polo demáis hoxe xa me noto con máis enerxía. Aínda me erguín un poco "molido" pero ben, sen molestias nin dor. Creo que estivo ben atallarlle onte co antinflamatorio cando a dor/molestia só chegaba ao tres pero "tiña mala pinta".
TL;DR: non levei un golpe e acabei contento.
publiquei a lembranza da xornada do domingo no blog
Mañán vou correr con mallas longas, que dan mal tempo con frío :(
Merquei un pantalón curto no decatlón, de tecido bastante bo (aparentemente), estreeino hoxe e queda algo xusto, pero non se retorce nin se mete no cu, así que ben. Ten un bo bolsillo nas costas tamén.
mañán vou correr a Ortigueira (Couzadoiro). Xa estaba previsto que esta seman fose máis tranquila, pero o martes tiven dor nos xeonllos, incluso tiven que botarlle un antinflamatorio. Fixen bicileta (no rodillo) e fun andar dúas ou tres veces. Hoxe pola mañán fun correr 40' (descalzo) e as sensacións foron as habituais.
meh, volvín a durmir o de sempre :(
pois nada, algún día tiña que ser (como estaba previsto). Hoxe erguinme jodido dos DOUS(!) xeonllos. Non me preguntes por que porque non o sei, ou polo menos non vexo causa evidente. Entendo que é o de sempre: acumulación de esforzos/desnivel etc. sen ter a suficiente forza, pero vaia, é raro que me ataque ás dúas á vez. Aguantei máis ou menos ata a hora do xantar pero mediquei cun ibuprofeno a ver se é suficiente (entendo que si). Desde primeiros de decembro non me fixo falta, así que tampouco me vou queixar.
Como me sinto ben (en xeral) vou procurar comer e descansar, facer adestramentos suaves durante toda a semana para chegar ven á carreira do domingo que ven.
A razón pola que me sentín así probablemente sexa unha combinación de dous factores. O principal foi o adestramento de onte, máis intenso e rápido do habitual. A segunda, estar todo o día metido na casa (por vontade propia) vendo a televisión. Sobre todo bótolle a culpa ao primeiro factor, que non lle dei tempo ao corpo a asimilalo.
Enseguida decidín que non era o día de forzar, que non tiña sentido, así que fun indo e afrontei a saída como "aprender a manexar esta situación". Non mirei os datos nin o pulso nin nada, pero debín facer arredor de hora e media (correndo e andando nas costas), sen mellorar as sensacións de forza pero tampouco sen maior problema.
fotos durante a saída desta mañán.
fotos durante a saída desta mañán
Sentíame ben, e síntome ben, pero xa desde o inicio, por terreo chan e indo moi tranquilo, non tiña sensación de fluídez e comodidade. Foi comezar a subir e notar as malas sensacións, como se me faltasen un par de marchas.
unha mañán de domingo fermosa para correr. Tiña pensado facer arredor de dúas horas e media pero pronto cambiei de idea.
Mañán dan bo tempo, así que igual pola mañán salgo a dar unha volta ao monte, un par de horas pero suaves.
Fun con zapatillas (NB azúis) relativamente cómodo pero os dedos rózanme. Espero non terme mancando.
Hoxe facía fresco pero fixen o adestramento que me propuxo o trebello: 24 minutos a 165 ppm, que debe vir sendo o "limiar". Fíxeno sen problema, aínda que a sensación era de esforzo, como o "ritmo de 10k" poderíase dicir. Non era fácil.
a semana foi ben, sen moito que contar, facendo algo de bici, andando e un día subín dúas veces ao alto do monte.
pola mañán fun andar e facía un frío de carallo, así que fun a paso vivo XD
si, durmín máis. Xa me dei conta.
só veño traer
Claro, hai que sumarlle a hora que me levou chegar alí (fun tranquilo), e os 40' da volta (a fume de carozo). Quero dicir que non foi só un "paseo", que tamén me valeu. Vou facer algo de rodillo agora despois de publicar a entrada no blog e escribir isto.
"Visibilizando o uso da bicicleta na cidade"
onte foi unha bonita xornada paseando por Compostela
Foi un esforzo que me deixou boas sensacións, e refírome ás sensacións porque realmente non sei o tempo que me levou (nin me importa).
Outro problema foron as sandalias, que en mollado non podo ir por pendentes fortes, así que alonguei un pouco máis a baixada para facer tempo e volvín directo á ducha.
Estaba mollado coma un pito, pero ao non darme o vento podía conservar o calor xerado ao correr. Menos mal.
O problema estivo cando chegando xa ao mirador notei que o vento aumentara bastante e notei algunhas pingas de auga. Sorte que para entón xa entrara en calor polo esforzo e leveino relativamente ben, pero pasei frío ata o alto e ata que comecei a baixar a lado de sotavento.
Realmente estábase ben, nin pisca de frío. Subín ata arriba con bastantes boas sensacións dentro do esforzo, non me sentín forzado, se non respirando con tranquilidade. O tramo de escaleiras foi andando, e algún tramiño moi pequeno e empinado, pero fixen case toda a subida trotando.
Ventinme como se fose no mes de maio: camiseta de plástico de manga curta; sandalias sen calcetíns e pantalón curto.
Erguínme cedo (como se fose unha novidade) e nin facía vento, nin chovía, nin facía frío. Animeime a saír facer o adestramento forte (intenso, esixente, you name it) subindo un par de veces ata o alto.
Menuda molladura pillei hoxe. Coma un pito.
Ben. Menos que a outra semana, ou a anterior, pero ben. Non me doe nada e fun ao xeito.
durmín bastante, máis ou menos como a anterior. O que fixen foi moitos menos pasos, principalmente por non ir pasear.
Estou mellor de ánimo. Non é que estivese mal, pero síntome algo máis positivo en xeral. Apunteime a ir correr a Couzadoiro. Non o dixera? (non me leo nin eu). Pois iso, que volvo por alí a facer a distancia de 25km, que me ha chegar.
Ao final non foi nada. O sábado pola mañán xa fun correr ao monte, o domingo descansei (chovía ben, que carallo) e hoxe fixen unha hora de rodillo a bo ritmo.
hoxe case durmín 8 horas, o cal non estaría mal se non fose porque me erguín cunha boa dor de cabeza (de ollos máis ben). Cas horas foi a menos, pero agora a medio día aínda me doe. Non lle tomei nada, é tolerable, pero durmír tanto + dor de cabeza + feces demasiado livianas (non cagarría) fánme sospeitar de que algo pasa. De ánimo non hai queixa, así que iremos indo. Polo de pronto hoxe nada de exercicios ou deporte, hai que aforrar forzas por si acaso.
Tamén como referencia: cun 6 normalmente tómolle un antinflamatorio para poder ir traballar. Se non teño que ir traballar igual aguanto ata un 7 ou un 8 (son moi sufrido e tonto), intento ser consciente da causa da dor.
Hoxe fun andar cedo e na parte superior da rótula esquerda notaba algo. Na escala un 1. Non é dor e case nin molesta, pero notaba algo.
Hai unhas semanas escribía que non notaba nada nos xeonllos, que o poñía como referencia para cando sentise algo.
Desculpa ti, se les isto, e sofres coa dor, por semellante escala.
debo definir a Escala de Dor. De 0 a 10, sendo:
Hoxe subín a media ladeira, facendo tempo.
non estaba enfermo nin nada, pero cadrou así a finde. Non o reflexa o dato do estrés, pero non me sentín relaxado en toda a semana, tiven a cabeza dándolle voltas ás cousas seguido.
Na finde non fixen nada. Literalmente.
Polo demáis ben, orballou espeso e había tempo que non notaba o sabor doce de chuvia na boca.
saín correr demasiado cedo e case me escarallo. No camiño paralelo á Nacional, de noite, cos faros dos coches queimándoche a retina, o ruído, ... vas correndo cego e xordo. Hoxe fixen un mal apoio, ou metín o pé nunha fochanca, sabe diós, pero o caso é que non deixei o nocello alí de casualidade (ou non, igoal é que por correr desamortiguado reaccionei e recuperei ben antes de facer dano. WhishfulThinking). Parei un par de minutos e seguín andando, e despois correndo, así que a falta de enfriar creo que non me manquei.
Quizás, por dicir algo, que fose quen de facelo significa que no proceso non tiven problemas.
mirando así non hai moito máis que constatar o obvio: aumentei o volume tal como estaba previsto.
imaxe coa comparación con decembro
Así foi xaneiro
Dixéronme agora que o tío Manolo morreu. Descanse en paz, nunca mellor dito, porque os últimos anos non se pode dicir que tivese moita saúde o pobre :(
Fun andar cedo. O domingo mentalmente corrín relaxado, pero físicamente metinme un bo calentón, intenso. Non me doe nin molesta nada, nin lle tomei NADA de drogas, así que o que sinto é real, pero noto algo de fatiga (aínda que fun andar con bo ánimo como digo).
como tiña que chegar fresco ao domingo tomeino cun pouco de calma. Foi raro non facer nada de bicicleta no rodillo. Durmín algo máis que a semana anterior (de media).
Aquí a crónica da xornada de onte en Outes.
Na carreira ben, hei escribir a crónica e traela aquí, pero o resultado dentro da normalidade (ben): 92/197 en meta. Resultado estándar 😄
onte fun correr a Outes (subida Tremuzo) e hoxe durmín ben. Non me doe nada, só estou con algo de sensación de cansancio, pero o "adestramento" de pola tarde cos pitufiños tamén inflúe 😄
Non sei se ir andar ao medio día. A ximnasia tenme un pouco machucado, pero ben, de aqui a domingo non facer "nada" e coller moral, que hoxe estou baixo. Seica vai facer sol e hai moita xente anotada ☀️🎇
Hoxe durmín pouco (6h.). Repítome e son pesado, pero creo que é o mais significativo que podo contar 😔
non hai maniotas! 😁 Ainda que si un pouco machucado. Tamén síntome algo decaído, como con ansiedade máis ben, pero creo que é por cousas extradeportivas.
a medio día fun correr descalzo: psé. Teño tido mellores sensacións
Despois de moitas semanas hoxe á mañan fixen os 12' con Heather. Mañán maniotas fijo XD
Como fai sol, a mediodía despois do xantar vou ir andar os 10 quilómetros habituais. Esta semana ten que ser relaxada para chegar con gañas, e forza, ao domingo.
durmín case 8 horas, e bastante ben. Erguínme con sensación de ter feito un esforzo, pero non escarallado. Non me doe nada. Ben de ánimo.
Escribo esto pola tarde e síntome relaxado, non teño esa sensación que che queda tras un esforzo intenso. Así e todo teño que coidar ben a recuperación e intentar chegar fresco, así como vixiar a parte baixa do lombo, porque subindo notaba unha sensación rara nos cadrises.
Respecto do calzado, non sei eu se é boa idea levar as FiveFingers. Están moi gastadas (deformadas) e non coñezo o tipo de superficies por onde vai a carreira. Hoxe non tiven problema, pero recoñezo que na baixada non é o máis eficaz/seguro.
Non comín nin bebín nada nos 140', pero tampouco sentín necesidade.
A falta de forza, tirei de endurance. Nesto creo que vou ben, pois fixen bastantes máis minutos dos que tiña previstos e non tiven problema, incluso na baixada final fun cómodo.
Non estou forte, se son sincero as sensacións non foron demasiado boas, pero é normal, tras dous meses correndo suave e case sen desnivel, notaba as pernas pesadas e lentas. A primeira media hora non encontraba o ritmo, pero era unha sensación rara, probablemente nada que ver co estado de forma. Non estaba cómodo ao comezar a subir así que baixei o ritmo, púxenme a andar antes de sentir que non daba máis e así fun facendo camiño. Con respecto á respiración non vexo viable facelo só polo nariz o día da carreira. Creo que ou teño un día súper e a cabeza fresca (para pensar) ou realmente acabarei facendo o que poida, como sempre. Hoxe fixen ben a transición correr-andar-correr, nas carreiras é máis difícil, polo ego.
Un día frío pero calmou o vento, así que ás 10 e con sol saín correr. Fun ao longo do mar uns 3km. e despois tirei para arriba por unha ruta bastante directa pero con moitas zonas onde se pode correr, para ver que tal ando de forzas, se podo respirar só polo nariz, se me cunde o power-hiking, a recuperación tras o esforzo, etc. É dicir, comprobar as sensacións para ser realista o próximo domingo.
Estou ben, normal, o que cabe agardar, sen botar fogetes. Esto son boas novas.
a unha semana da primeira carreira do ano subín ao monte a probar que tal estou.
Se despois do xantar fai boa hora igoal vou pasear un anaco, pero se vexo que non mo pide o corpo mellor descanso.
hoxe erguínme un pouco canso, con sensación de non ter ganas de facer cousas. Consideroo normal, tras tres días seguidos correndo e o último con alta intensidade.
Unha vez cheguei ao alto creo que recuperei bastante rápido, sentía as pernas ben na baixada (só deixándome ir).
subín ao alto do monte (420m.) por primeira vez en semanas. Fun correndo (trotando) todo o tempo e respirando polo nariz, a xeito de proba. Non estivo mal, algo forzado, iso si.
Nesta orde. Veremos.
tiña pensado correr en Outes co monitor do pulso ao peito e non pasarme do ritmo establecido (non chegar á zona vermella), pero creo que me vou centrar en:
Tamén púxenlle a plantilla de cortiza as fivefingers: cómodas. Non é que tivese problema sen elas, que me rozasen ou algo, pero un pouquiño máis de amparo nos pés non virá mal polos camiños de monte.
subín aquí ata 300 m., facía moitas semanas disto. Respirando polo nariz e intentando non pasarme de voltas, cambiei ben de correr a andar. Mirei os datos despois e fun moi controlado 👍 así que o de correr por sensacións téñoo bastante automatizado PERO (sempre hai un pero) esto despois haino que levar ao día a día e non deixarse levar polo ego.
pensei que fixera máis, pero vendo sendo o mesmo que a outra semana.
pola mañán fixen 50' en bici vendo CX; e após o xantar fun andar 80'. Non é de crer, porque maldita a gaña que tiña.
Creo que desde novembro non lle tomei nin un ibuprofeno
debo apuntar que non noto nada nos xeonllos. NADA é NADA. Máis que nada porque vai chegar o día en que si o notarei, ao aumentar o tempo que pasarei correndo.
Hoxe fixen o adestramento "5x2km" na bici pola mañan e fun andar na hora do xantar. Facía moi boa hora.
non se pode pretender ter ánimo para facer dúas "sesións" durmindo só seis horas. Onte após o xantar prestábame máis durmir que andar.
Hoxe sopla aínda máis nordés. Intentarei correr pola mañán e andar despois do xantar.
onte ao final fun correr ao amencer. Algo de nordés, pero non frío, así que saín en sandalias a facer 10km. respirando polo nariz, HR inferior a MAF sen maior problema.
pois xa me apuntei ao trailseries.run deste 2022. Tres carreiras, xaneiro, marzo e rematar co maratón (en Portosín) en Maio.
erguinme pensando en ir correr arredor de 80 minutos, pero fai nordés forte :/ e quitoume as gañas (ata creo que chove algo).
non durmín moito, o normal.
Son as dúas, xa xantei, vou andar un anaco.
Hai que tomar decisións xa. Téño que correr dúas ou tres carreiras de aquí a final de febreiro. Non estou motivado para eso :( , hai que recoñecelo. Non estou enfermo nin me doe nada, pero "ir a carreiras" non me chama nada a pesar de que sei que é bo para min, tanto física como sicolóxicamente.
Aínda non me inscribín porque non sei se apuntarme ao "circuito", que este ano son só tres carreiras.
Non deixei de correr ou manterme activo, pero fáltame ese pulo que che da ter un obxectivo. E xa o teño: o 22 de Maio en Portosín celébrase o Maratón (de montaña?) do Barbanza. Son 42km cuns 2200m. de desnivel, parecido ao que corrín en Ribeira hai (xa!) tres anos.
comeza aquí o diario, pero hoxe non é día 1 de xaneiro, se non 11. A cousa estivo cocendo desde hai unhas semanas, a xeito de adquirir un hábito que me motive a adestrar con fundamento, con dirección.
Orixinalmente este texto foi publicado de xeito cronolóxico ascendente, pero en xullo, mira ti, cambiei de idea, e usei un pequeno script con sed para darlle a volta. Así que agora, as novidades están arriba de todo, pero o resto igual ten algunha inconsistencia que "por suposto" paso de revisar.
documento gemini creado con gemgen en archlinux desde markdown.
Subscríbete ás actualizacións utilizando a opción "Novos Titulares"