💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2021-12-10-codeberg-pages.gmi captured on 2023-01-29 at 02:48:52. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2022-01-08)
-=-=-=-=-=-=-
Se posúes un dominio personal, podes utilizar o servizo gratuíto de Codeberg.org para hospedar os ficheiros dunha web.
Tras conectarte co teu usuaria/contrasinal en codeberg.org, arriba á dereita preme no signo "+" xunto á icona da túa usuaria e após en "new repository"
Na ventá que se abre o primeiro campo a cubrir é "Repository Name", onde debes escribir "pages".
Deixa os demáis campos cos valores por defecto e preme no botón "Create Repository".
Nota: como se indica nas instruccións, podes utilizar unha póla (branch) dun repositorio existente. Recoméndo que inicialmente utilices unha configuración básica para posteriormente realizar os axustes que mellor se adapten ao teu caso.
Para servir unha web no teu novo repositorio deberás subir (ou crear) como pouco estos dous ficheiros no directorio raíz do repositorio:
Son dous ficheiros de texto. Para probar que todo funciona podes abrir o teu editor de texto, ou directamente na interface web de codeberg, e crear un ficheiro con nome "index.html" e co seguinte contido
<html> <head><title>website title!</title></head> <body> Ben Vida / Welcome here! </body> </html>
Nese intre se no navegador web vas á dirección "usuaria.codeberg.page" deberías ver a páxina que acabas de crear. Dalle un par de minutos para que o bot de codeberg configure o sistema.
O segungo ficheiro ".domains" (atención ao "punto" no nome, e sen extensión), debe conter o enderezo URL do teu dominio.
Exemplo:
https://omeudominio.com
unha soa liña de texto co URL completo
revisa a configuración da túa conta, pois en
Axustes da conta -> Perfil Público
sección
Privacidade -> Visibilidade da usuaria -> Establecer como "público"
Eu tíñao como privado e facía que non se vira a web. Contactei con Codeberg e van mirar o tema
Ver a incidencia no servizo Pages.
debes configurar o teu dominio (omeudominio.com) para que redirixa hacia a nova web hospedada en Codeberg
esta configuración realízase na web da empresa onde rexistraches o teu dominio. Aquí, no meu caso, abondou con engadir unha configuración "CNAME" (como indica codeberg), pero podería ser precisa unha configuración tipo "A".
Tras realizar cambios nas zonas DNS da empresa rexistradora dalle uns minutos para que se realicen os cambios así como para que Codeberg solicite a Let'sEncrypt un certificado (https) para a túa web e o instale.
unha vez comprobes que indo á dirección "https://omeudominio.com" podes ver a web básica de exemplo `index.html` que escribimos arriba, entón xa poderás subir os ficheiros `.html` do teu sitio web.
Sexan ficheiros html que ti escribas, imaxes ou ficheiros que queiras servir, ou un Sitio Web Estático creado con outras ferramentas, unha vez subas os ficheiros ao teu repositorio estarán dispoñibles públicamente no URL indicado
Non elimines o ficheiro `.domains`, pois é o que indica a codeberg onde servir as páxinas.