💾 Archived View for gem.xmgz.eu › gemlog › 2021-10-26-runer-high-karnazes.gmi captured on 2021-12-04 at 18:04:22. Gemini links have been rewritten to link to archived content

View Raw

More Information

⬅️ Previous capture (2021-11-30)

➡️ Next capture (2023-01-29)

-=-=-=-=-=-=-

🚀/home

gemlog

A runner's high, por Dean Karnazes.

fonte/source

blog.xmgz.eu (web)

un señor maior que leva toda a vida correndo enfróntase ao paso do tempo no plano emocional e físico.

Xa non ten 20 anos e o natural declive físico faino consciente de outros aspectos da súa vida que tamén cambiaron, as prioridades xa non son as que eran. Ou si?

A través da súa participación en varios eventos de carreiras de longa distancia o autor comparte as súas inquedanzas sobre o sentido da (súa) vida e reflexiona acerca de cómo afrontou (afronta) as dificultades, de cómo a súa educación e relación cos seus pais condicionou a súa forma de ser, de cómo o tipo de vida que elexiu condicionou así mesmo a relación cos seus fillos e parella, etc.

imaxe dun toot meu citando un párrafo do libro.

Do mesmo xeito, a través do relato distendido e en primeira persoa dos eventos deportivos, imos coñecendo de xeito íntimo a Dean, a persoa, lonxe do estereotipo ultramarathonman polo que é coñecido.

O libro apunta hacia a última participación (2018) no evento de carreria de ultralonga distancia Western States 100

Desde a súa primeira participación, hai máis de 20 anos, moito mudou o mundo do ultrarunning e moito mudou el. Nesta ocasión, foi consciente das limitacións físicas propias da idade así como dunha preparación para o evento alonxada do ideal. Porén, foi parte do grupo de persoas elexidas para … sofrir.

O relato é común: sentimento de abandono, de deseperanza intentando asir esa pequena luz ao fondo que fai que sigas correndo (andando) para chegar á meta.

A dor física é relevante, e mínate, pero o sentimento ese de impotencia cando o cansanzo é extremo (por correr, por alimentarte mal, por hidratarte mal, pola temperatura, polos accidentes, por todo o que é normal nunha carreira destas) é o que realmente hai que superar. Cando non te ves capaz de seguir adiante e sen embargo xuntas forza de vontade para continuar. O que te fai continuar é a cabeza. Queres continuar se tes unha razón para facelo. Sexa esta a que sexa, pero necesítala.

O libro resulta entretido porque viviches algunha das situacións que Dean describe, tanto no plano deportivo como persoa que corre como no aspecto personal.

Entretén asimesmo porque o relato é distendido, ponche un sorriso nos beizos ao verte descrita nel, pero non cae na épica nin lle da máis trascendencia da que ten a esto de correr (que non ten moita, ou ningunha, ou a que lle queiras dar), pero faite partícipe do que para el significa o feito de correr, diferenciandoo do de competir. Eu, que sinto algo parecido, sentinme identificado.

A veces idealízase e trivialízase a dificultade de simplemente participar nun evento de resistencia como son as carreiras tipo ultra. Hai xente que non alcanza a entender o que se sofre ata que o vive en carne propia, só queda coas imaxes das “revistas”, mais as descricións da dor, alucinacións, e dos camiños que toma a mente son reais. O xeito en que se mantén a cordura nese estado é o truco para conseguir rematar un ultramaratón.

…porén, non nos poñamos trascendentais, que só é pór un pé diante doutro 😉

sitio web de Dean Karnazes

Western States Endurance Run

🚀/home

gemlog