💾 Archived View for eixos.xyz › guix.gmi captured on 2021-12-04 at 18:04:22. Gemini links have been rewritten to link to archived content
⬅️ Previous capture (2021-11-30)
-=-=-=-=-=-=-
Xa vai un tempo que estou pendente de Guix e de do systema GNU-Guix e deume hoxe (24/10/21) por instalalo nun qcow2 con kvm-qemu.
A verdade é que ten boa pinta... Xa parece bastante estable e ven sendo un sistema sen blobs, completamente libre.
O xestor de paquetes é moi interesante e de entrada descoloca un pouco. A primeira impresión é que resulta moi versátil.
Permite instalar as aplicacións dende o usuario, sen necesidade de sudo, o cal pode resultar desconcertante. De feito, existe algunha forma que teño que explorar
para instalar paquetes globalmente no sistema e un montón de cousas máis.
Tamén permite retroceder nas versións instaladas, definir mediante ficheiros .scm distintas canles ou bloques de paquetes... Unha maravilla.
O sitema que descargamos por defecto para instalar ven moi limpo. Tanto que é necesario mesmo instalar un editor de texto plano (mousepad, gedit, geany) porque a contorna non o trae por defecto. Nin navegador web!
Bueno, temos nano e vivivi. Con todo, isto permite que poidamos ir instalando o que verdadeiramente necesitamos.
Hai tamén para descarga na web de Guix un sistema Hurd+Guix para VM. Hurd esta tardando... ;) Pero GNU+Guix está resultando moi interesante.